1ª.- Diante da Moción do noso grupo sobre solidariedade municipal aprobada no Pleno do pasado mes de abril, fíxose algunha xestión para que dita moción fose efectiva? Poderá aplicarse xa este verán?
2ª.-Teñen xa habilitada a ubicación definitiva do Servizo de Normalización Lingüística? Cal será? Por que razóns?
3ª.- Por que dende o Concello non se facilitou o uso da pista de baloncesto do “Couceiro Freijomil” ao Trofeo de Minibasquet feminino Vila de Pontedeume que organizou en datas recentes o Pontumio?
4ª.- Con que persoal se fai na actualidade a custodia e mantemento do CEIP de Andrade? Que continuidade vai ter?
5ª.- Ante a redución da canle do Covés polos depósitos xurdidos por mor das últimas choivas, chegando a ter en zonas illotes de area, que medidas se tomaron para evitar futuras inundacións ante as crecidas do río? Teñen algún proxecto concreto para rehabilitar o lavadoiro que de atopa, no Fondal de Esteiro, na marxe dereita deste río?
6ª.- Poden informar sobre os Campamentos Municipais de Verán? E sobre a oferta cultural para este verán?
7ª.- Xa hai dous meses que dende o noso Grupo denunciabamos os problemas do abastecemento de auga que veñen sufrindo dende hai máis de un ano os veciños do número 1 da Rúa Cabanas; polo que sabemos a día de hoxe continúan na mesma situación. Que xestións fixeron neste último mes para atopar unha solución definitiva?
8ª.- Aprobabamos no mes de Marzo unha moción na que se instaba ao Concello a iniciar os trámites para a elaboración do Inventario de bens e dereitos de titularidade municipal. En que punto se atopa dita elaboración?
9ª.-Tendo en conta o considerable retraso que acumula a area de urbanismo no que á concesión de licencias se refire, o que está a xerar o malestar dun importante número de veciños, cando pensan cubrir a baixa da arquitecta municipal?
10ª.- Estanse a realizar obras sufragadas con cargo ás “baixas” do Plan Provincial de Obras e Servizos (POS)?, De ser así, de que actuacións se trata?
11ª.- Hai máis de dous anos que se anunciaba dende o Grupo de Goberno a “inminente elaboración” da ordenanza municipal de ocupación de vía pública, cal é o motivo polo que a día de hoxe aínda non contemos con este regulamento?
12ª.- En que tramo do camiño se atopa a anunciada construción do albergue provisional de peregrinos nos Almacéns de Raxoi?.


