Archivo | 7:54 pm

Comentarios ao Pleno Ordinario de Maio

29 may

Outro mes máis, e como ven sendo habitual, os concelleiros e concelleiras do PP debeulles dar un ataque de astenia primaveral, unha “pájara”, se lles acabaron as ideas, ou… collerían vacacións adiantadas?

A Sra. Carballeira nin abriu a boca para expoñer, defender, comentar… a ordenanza reguladora do prezo público polas prestacións do Servizo Público de Axuda a Domicilio. As técnicas de S. Sociais levaban  meses esperando que se dignara a tramitar a súa aprobación o que levará a dar seguridade xurídica ao contribuínte e beneficiará á xestión  económica municipal. Ademais agora, como levamos esixindo dende o PSOE mes tras mes, poderán sacar a concurso, trala realización do correspondente prego, o S.A.D. de Dependencia, que leva, vai para dous anos, unha empresa privada de xeito antirregulamentario.

No tema do  Consello Municipal da Muller a Concelleira, nin chiou, cando aludimos á súa falta de sensibilidade cós órganos consultivos, pois aínda non o constituíron en tres anos de lexislatura.

E os Campamentos Municipais, que sempre dependeron de Servizos Sociais, pasaron a depender do Sr. Crespo… Antes pasou o mesmo coa Escola Infantil. Realmente, cales son as responsabilidades da Sra. Concelleira?

O do Concelleiro de Educación, Obras,  Servizos Municipais e “outros” é incrible, quere facer todo e nada fai:

  • As axudas para libros e material escolar para o curso que ven, virán a Pleno no verán, dixo, mellorando as bases para que non haxa empates na puntuación (aínda non sabe como); presentarase a documentación, suponse que tamén no verán para tentar pagalas en setembro… E todo isto coa metade da xente de vacacións. O ano pasado cun baremo máis sinxelo tardou 12 meses en facelas efectivas xa que aínda chegaron este mes  ás familias. A ver si desta volta non chegan en Setembro, pero do  2011!!!
  • Cara o verán non sabe nada, nin  do que farán para mellorar o uso  das pistas, nin que actividades fará o Concello nos colexios, nin sequera saben como farán os campamentos, cando, onde… E tradicionalmente estaríamos a piques de comezar coa matrícula para irse xa os máis pequenos na 1ª semana de Xullo… Será outra vez o fracaso do ano pasado?
  • Pero o tema estrela do Sr. Crespo é a atención ao CEIP de Andrade, puxo un perfil “multiprofesional” que solo durou un mes (sen comentarios) e agora “espera” que concedan ao Concello persoal de reforzo da Consellería de Traballo, e se non ven, mentres mandará a alguén do Concello, dixo sen moita seguridade. Así e como cobre o Sr. Concelleiro dun xeito ilegal as prazas que ten na Relación de Postos de Traballo. En vez de sacala a concurso ou sacar un interinaxe, como si fixo no outro colexio da vila. Ten á Comunidade Educativa, sometida a cambios, incertidume, e esperemos que non abandono pois están as portas de festexar o seu 25 Aniversario, e o que desexan e poder celebralo con un colexio seguro e  coidado, no interior, nos patios, nas zonas verdes…
  • Dixo o Sr Crespo que está retrasado o alumeado do Castelo e da Capela de Breamo pois depende do informe de Patrimonio.
  • As casas  na Rúa Cabanas levan 1 ano sen bo abastecemento de auga, ou ningún, segundo  que piso. Por fin, caeu o Sr.  Concelleiro da burra e disque o van solucionar… Sen tempo non era! Tivémolo que traer a  Pleno pois aos veciños non lle daban máis que largas. Ah, se teñen presuposto… Nin que tiveran que facer un Acueducto!

O Sr. Alcalde por fin decidiu mover ficha no que a Sanidade se refire, pois sendo a súa responsabilidade, xa a comezos do seu mandato dixo ante propostas concretas de melloras por parte do noso grupo que non sendo en casos de emerxencia non pensaba xestionar esa area. Respostounos que xa tiña mandado un escrito á Consellería solicitando melloras na cobertura das baixas  e tamén equipamento técnico como un retinógrafo. Esperamos que lle fagan caso!

No tema dos albergues turísticos, a cuestión do definitivo no antigo “Hospitalillo” está parada, e no provisional nas  “Lonxas de Raxoi” está pendente do informe de Patrimonio. A ver si chega antes de que acabe o Xacobeo, porque se non…

A que si é ambigua é a resposta do Sr, Otero sobre o mercado, vaise facer o provisional, non dixo onde, non se sabe se haberá subvención para o definitivo,… Pouco dixo e nada claro. A Cultura, nin lla nomeamos despois dos fastos das Letras Galegas. Que ande con ollo que alguén pode deixalo sen Areas e xa cada vez é menos Portavoz…

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.