Rogos que presentamos no Pleno Ordinario de Maio

27 may

1.- Pregamos a colocación dun sinal de STOP no camiño de Nogueirosa á Graña.

2.- Pregamos a colocación dun espello na saída co camiño da Agra, dada a escasa visibilidade.

3.- Reiteramos a limpeza e arranxo de fontes e lavadoiro no noso termo municipal.

4.- Pregamos a limpeza do camiño que discorre paralelo á Autopista no Vidreiro.

5.- Reiteramos a limpeza, arranxo e mantemento dos contedores soterrados, ante o lamentable estado que presentan moitos deles.

6.- Ante a inminencia do verano, pregamos a colocación da ducha na Praia de Sopazos.

7.- Pregamos a limpeza regular e semanal da marquesina da ponte, e que se sancione a quen incumpra a prohibición de pegar carteis.

8.- Pregamos a retirada de coches da Alameda, prohibindo o estacionamento e pechando debidamente o recinto.

9.- Parece ser que a acción da máquina varredora é a causante da falla de varias tapas metálicas redondas principalmente na Rúa Real. Pregamos se tomen medidas para a súa reposición e para evitar que volvan a desaparecer no futuro, ante o perigo que os buratos abertos supoñen para os viandantes.

10.- Unha vez rematadas as obras da rotonda da gasolineira, pregamos se proceda ó arranxo e acondicionamento do Parque Sarmiento e o seu entorno, e se coloquen uns bancos de madeira que substitúan ós que foron retirados.

11.- Dado o estado latente que presenta a páxina web do Concello, pregamos a súa dinamización e actualización, e interesamos que se incorporen as actas do Plenos para información e coñecemento dos veciños en xeral, e para facilitar o traballo dos concelleiros en particular.

12.- Pregamos a ampliación do horario de carga e descarga a primeira hora da mañá, abrindo antes os fitos das rúas peonís, para mellor servizo dos comerciantes da Vila, e dos que se instalan no Feirón, que deben montar ás 7,30 da mañá segundo a Ordenanza cando aínda están as rúas pechadas.

13.- Diante das controvertidas obras levadas a cabo na Casa do Concello, queremos chamar a atención sobre a discutible redistribución levada a cabo e o mal aproveitamento dos espazos, cunha Alcaldía enorme e deslavazada, cunha Intervención na que malamente caben os funcionarios,  e cun Salón de Plenos escasamente dotado tanto para os concelleiros como para o público, sendo suprimidas as oficinas dos partidos políticos e faltando por reincorporar servizos como o de Normalización Lingüística. Pregamos se tomen medidas para optimizar as novas instalacións e mellorar e completar os equipamentos deficientes.

14.- Finalmente queremos reiterar por enésima vez a nosa petición de que sexan obxecto de licitación pública a recollida de enseres e o mantemento do alumeado público na nosa Vila. Este pasado mes de Maio foron aprobadas por Decreto da Alcaldía 15 facturas da empresa eléctrica amiga, por un importe total de 39.208,89 €, máis de seis millóns e medio de pesetas. Tal e como xa informou o Sr. Interventor o pasado ano, queremos lembrarlle ó goberno municipal a ilegalidade e o carácter delictivo da práctica do fraccionamento de pagos para tratar de eludir a licitación de servizos que deben ser prestados polas administracións públicas.

Advertisement

3 comentarios hacia “Rogos que presentamos no Pleno Ordinario de Maio”

  1. quenonmecensuren junio 2, 2010 a 4:34 pm #

    ¿tapas metálicas, sinais de stop, dependencias municipais? A isto se lle pode chamar alta política. ¿E que non hai por ahí ninguén que sexa capaz de imprimirlle á política local un pouco de seriedade e altura de miras desde unha perspectiva socialista? ¿Ou é que temos que deixar a política en mans de desinformados rapaces-xa-entrados-en-anos?

  2. Pepe junio 7, 2010 a 11:40 am #

    Anda home anda, a sección de rogos é precisamente para este tipo de cousas, igual si te pasaras polos plenos verías o tipo de política que se fai. Sen ir máis lexos un pouco máis arriva tes a alta política da que falas, 340.000 euros para o campo do Eume.

  3. quenonmecensuren junio 23, 2010 a 9:31 am #

    ¿Arriva?, ¿refíreste á empresa de transporte? pois se non é así deduzco que se trata dun erro gramatical.
    Se consultaras esta mesma páxina, daríaste conta de que as críticas nas que cae o noso partido son case sempre minucias.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.