1.- Pregamos a colocación dun sinal de STOP no camiño de Nogueirosa á Graña.
2.- Pregamos a colocación dun espello na saída co camiño da Agra, dada a escasa visibilidade.
3.- Reiteramos a limpeza e arranxo de fontes e lavadoiro no noso termo municipal.
4.- Pregamos a limpeza do camiño que discorre paralelo á Autopista no Vidreiro.
5.- Reiteramos a limpeza, arranxo e mantemento dos contedores soterrados, ante o lamentable estado que presentan moitos deles.
6.- Ante a inminencia do verano, pregamos a colocación da ducha na Praia de Sopazos.
7.- Pregamos a limpeza regular e semanal da marquesina da ponte, e que se sancione a quen incumpra a prohibición de pegar carteis.
8.- Pregamos a retirada de coches da Alameda, prohibindo o estacionamento e pechando debidamente o recinto.
9.- Parece ser que a acción da máquina varredora é a causante da falla de varias tapas metálicas redondas principalmente na Rúa Real. Pregamos se tomen medidas para a súa reposición e para evitar que volvan a desaparecer no futuro, ante o perigo que os buratos abertos supoñen para os viandantes.
10.- Unha vez rematadas as obras da rotonda da gasolineira, pregamos se proceda ó arranxo e acondicionamento do Parque Sarmiento e o seu entorno, e se coloquen uns bancos de madeira que substitúan ós que foron retirados.
11.- Dado o estado latente que presenta a páxina web do Concello, pregamos a súa dinamización e actualización, e interesamos que se incorporen as actas do Plenos para información e coñecemento dos veciños en xeral, e para facilitar o traballo dos concelleiros en particular.
12.- Pregamos a ampliación do horario de carga e descarga a primeira hora da mañá, abrindo antes os fitos das rúas peonís, para mellor servizo dos comerciantes da Vila, e dos que se instalan no Feirón, que deben montar ás 7,30 da mañá segundo a Ordenanza cando aínda están as rúas pechadas.
13.- Diante das controvertidas obras levadas a cabo na Casa do Concello, queremos chamar a atención sobre a discutible redistribución levada a cabo e o mal aproveitamento dos espazos, cunha Alcaldía enorme e deslavazada, cunha Intervención na que malamente caben os funcionarios, e cun Salón de Plenos escasamente dotado tanto para os concelleiros como para o público, sendo suprimidas as oficinas dos partidos políticos e faltando por reincorporar servizos como o de Normalización Lingüística. Pregamos se tomen medidas para optimizar as novas instalacións e mellorar e completar os equipamentos deficientes.
14.- Finalmente queremos reiterar por enésima vez a nosa petición de que sexan obxecto de licitación pública a recollida de enseres e o mantemento do alumeado público na nosa Vila. Este pasado mes de Maio foron aprobadas por Decreto da Alcaldía 15 facturas da empresa eléctrica amiga, por un importe total de 39.208,89 €, máis de seis millóns e medio de pesetas. Tal e como xa informou o Sr. Interventor o pasado ano, queremos lembrarlle ó goberno municipal a ilegalidade e o carácter delictivo da práctica do fraccionamento de pagos para tratar de eludir a licitación de servizos que deben ser prestados polas administracións públicas.


