Preguntas que levamos ao Pleno Ordinario de Maio

24 may

1ª.- O Consello da Muller segue sen constituírse a pesar das boas palabras da Concelleira responsable. Vendo que optan polo mínimo legal no que atinxe ós órganos consultivos, realizarán cando menos a reunión do Consello Escolar Municipal de fin de curso? En que data?.

2ª.- Recibimos estes días as queixas dos usuarios en relación co a redución de profesionais no Centro de Saúde ó non cubrir baixas a Consellería de Sanidade, o que levou a cambios provisionais de médicos, ampliación de listas de espera, etc. Fixeron algunha xestión coa Xunta para solucionar este atranco ou para conseguir outro tipo de melloras no que atinxe ós servizos sanitarios da nosa Vila?.

3ª.- Cando xa está a rematar o mes de Maio de 2010, chegaron por fin ás familias as axudas escolares que aprobamos en Maio de 2009:

  1. Cando van a traer a Pleno as axudas do curso que ven?
  2. Teñen algunha mellora na xestión para que cheguen antes ás familias, se non pode ser en Setembro, como é desexable, a lo menos no 1º trimestre?
  3. Pensar facer algún cambio para poder chegar as axudas a máis familias?

4ª.- Estamos a piques de que remate o “contrato estrela” que nos anunciou o pasado Pleno o Concelleiro de Educación para atender a conserxería do CEIP de Andrade, xa que ese perfil “multiprofesional” só duraba un mes. Como e cando lle vai a dar continuidade?.

5ª.- Hai dous anos preguntabámonos neste mesmo foro por que o goberno municipal non asistira á reunión de Concellos polos que transcorre o Camiño Inglés, respostándosenos que as tres que houbo eran para amañar fontes e aquí non había fontes que amañar, pero esperabamos que algún outro servizo sí deran xestionado. Poden informar en que momento se atopan as xestións e cando será realidade o Albergue para Peregrinos na nosa Vila?.

6ª.- Cara a próxima chegada da temporada estival.

  1. Que programación teñen deseñada para as actividades nos centros escolares fora do horario lectivo?
  2. Realizarán algunha mellora na utilización das pistas deportivas para conquerir que os usuarios poidan planificar seus tempos de uso e que estean en boa dispoñibilidade?
  3. Cando van a ser os campamentos municipais, e por que tipo de organización, agrupamentos e localización van optar? Vai haber este ano campamento municipal.

7ª.- Cal é a razón pola que non se está a acender o “alumeado artístico” instalado no Castelo de Andrade?.

8ª.- Fíxose algunha xestión para garantir o abastecemento de auga ós veciños do edificio número 1 da Rúa Cabanas?.

9ª.- Puidemos ver na prensa unhas declaracións do Concelleiro de Urbanismo nas que aseguraba que as obras do “Mercado provisional” comezarán para o vindeiro ano 2011. Pensan levar a cabo esta actuación antes de conseguir o financiamento necesario para a rehabilitación do edificio do Mercado Municipal?.

10ª.- Está previsto o inicio das obras de construción das dúas rotondas na estrada N-651? Cal é o prazo de execución previsto? Remitiu Fomento o proxecto definitivo ó Concello?.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.