Archivo | mayo, 2010

Comentarios ao Pleno Ordinario de Maio

29 may

Outro mes máis, e como ven sendo habitual, os concelleiros e concelleiras do PP debeulles dar un ataque de astenia primaveral, unha “pájara”, se lles acabaron as ideas, ou… collerían vacacións adiantadas?

A Sra. Carballeira nin abriu a boca para expoñer, defender, comentar… a ordenanza reguladora do prezo público polas prestacións do Servizo Público de Axuda a Domicilio. As técnicas de S. Sociais levaban  meses esperando que se dignara a tramitar a súa aprobación o que levará a dar seguridade xurídica ao contribuínte e beneficiará á xestión  económica municipal. Ademais agora, como levamos esixindo dende o PSOE mes tras mes, poderán sacar a concurso, trala realización do correspondente prego, o S.A.D. de Dependencia, que leva, vai para dous anos, unha empresa privada de xeito antirregulamentario.

No tema do  Consello Municipal da Muller a Concelleira, nin chiou, cando aludimos á súa falta de sensibilidade cós órganos consultivos, pois aínda non o constituíron en tres anos de lexislatura.

E os Campamentos Municipais, que sempre dependeron de Servizos Sociais, pasaron a depender do Sr. Crespo… Antes pasou o mesmo coa Escola Infantil. Realmente, cales son as responsabilidades da Sra. Concelleira?

O do Concelleiro de Educación, Obras,  Servizos Municipais e “outros” é incrible, quere facer todo e nada fai:

  • As axudas para libros e material escolar para o curso que ven, virán a Pleno no verán, dixo, mellorando as bases para que non haxa empates na puntuación (aínda non sabe como); presentarase a documentación, suponse que tamén no verán para tentar pagalas en setembro… E todo isto coa metade da xente de vacacións. O ano pasado cun baremo máis sinxelo tardou 12 meses en facelas efectivas xa que aínda chegaron este mes  ás familias. A ver si desta volta non chegan en Setembro, pero do  2011!!!
  • Cara o verán non sabe nada, nin  do que farán para mellorar o uso  das pistas, nin que actividades fará o Concello nos colexios, nin sequera saben como farán os campamentos, cando, onde… E tradicionalmente estaríamos a piques de comezar coa matrícula para irse xa os máis pequenos na 1ª semana de Xullo… Será outra vez o fracaso do ano pasado?
  • Pero o tema estrela do Sr. Crespo é a atención ao CEIP de Andrade, puxo un perfil “multiprofesional” que solo durou un mes (sen comentarios) e agora “espera” que concedan ao Concello persoal de reforzo da Consellería de Traballo, e se non ven, mentres mandará a alguén do Concello, dixo sen moita seguridade. Así e como cobre o Sr. Concelleiro dun xeito ilegal as prazas que ten na Relación de Postos de Traballo. En vez de sacala a concurso ou sacar un interinaxe, como si fixo no outro colexio da vila. Ten á Comunidade Educativa, sometida a cambios, incertidume, e esperemos que non abandono pois están as portas de festexar o seu 25 Aniversario, e o que desexan e poder celebralo con un colexio seguro e  coidado, no interior, nos patios, nas zonas verdes…
  • Dixo o Sr Crespo que está retrasado o alumeado do Castelo e da Capela de Breamo pois depende do informe de Patrimonio.
  • As casas  na Rúa Cabanas levan 1 ano sen bo abastecemento de auga, ou ningún, segundo  que piso. Por fin, caeu o Sr.  Concelleiro da burra e disque o van solucionar… Sen tempo non era! Tivémolo que traer a  Pleno pois aos veciños non lle daban máis que largas. Ah, se teñen presuposto… Nin que tiveran que facer un Acueducto!

O Sr. Alcalde por fin decidiu mover ficha no que a Sanidade se refire, pois sendo a súa responsabilidade, xa a comezos do seu mandato dixo ante propostas concretas de melloras por parte do noso grupo que non sendo en casos de emerxencia non pensaba xestionar esa area. Respostounos que xa tiña mandado un escrito á Consellería solicitando melloras na cobertura das baixas  e tamén equipamento técnico como un retinógrafo. Esperamos que lle fagan caso!

No tema dos albergues turísticos, a cuestión do definitivo no antigo “Hospitalillo” está parada, e no provisional nas  “Lonxas de Raxoi” está pendente do informe de Patrimonio. A ver si chega antes de que acabe o Xacobeo, porque se non…

A que si é ambigua é a resposta do Sr, Otero sobre o mercado, vaise facer o provisional, non dixo onde, non se sabe se haberá subvención para o definitivo,… Pouco dixo e nada claro. A Cultura, nin lla nomeamos despois dos fastos das Letras Galegas. Que ande con ollo que alguén pode deixalo sen Areas e xa cada vez é menos Portavoz…

Novedades sobre o Campo do Eume

28 may

El Pleno de la Diputación de A Coruña celebrado en la mañana de hoy, aprobó la concesión de una subvención de 340.000 € para dotar con césped artificial el Campo de Fútbol de A Gándara, en el que desarrolla sus actividades y tiene su sede social el Eume Deportivo.

Desde estas líneas el PSdeG-PSOE de Pontedeume quiere felicitar al club eumés y manifestar su agradecimiento al organismo provincial por permitir hacer realidad una vieja reivindicación de los jugadores, aficionados y directivos del Eume Deportivo, y por dar cumplimiento al compromiso adquirido por el Presidente de la Diputación Provincial, Salvador Fernández Moreda, con el portavoz municipal socialista, Agustín Vilariño, en la reunión mantenida por ambos el día 18 de Febrero.

Es por ello por lo que solicitamos del Concello de Pontedeume que agilice los trámites pendientes con el fin de acortar al máximo los plazos y pasos previos al inicio de las obras, y que afronte y lleve a cabo de forma simultánea las obras complementarias –iluminación, pavimentación, etc.- acordadas con el Eume Deportivo, tras la cesión por esta entidad de sus terrenos e instalaciones a la administración municipal.

Señalar finalmente que en la misma reunión  por la Diputación se acordó conceder al Concello de Pontedeume una subvención de más de 35.000 € para la adquisición de una máquina desbrozadora.

Rogos que presentamos no Pleno Ordinario de Maio

27 may

1.- Pregamos a colocación dun sinal de STOP no camiño de Nogueirosa á Graña.

2.- Pregamos a colocación dun espello na saída co camiño da Agra, dada a escasa visibilidade.

3.- Reiteramos a limpeza e arranxo de fontes e lavadoiro no noso termo municipal.

4.- Pregamos a limpeza do camiño que discorre paralelo á Autopista no Vidreiro.

5.- Reiteramos a limpeza, arranxo e mantemento dos contedores soterrados, ante o lamentable estado que presentan moitos deles.

6.- Ante a inminencia do verano, pregamos a colocación da ducha na Praia de Sopazos.

7.- Pregamos a limpeza regular e semanal da marquesina da ponte, e que se sancione a quen incumpra a prohibición de pegar carteis.

8.- Pregamos a retirada de coches da Alameda, prohibindo o estacionamento e pechando debidamente o recinto.

9.- Parece ser que a acción da máquina varredora é a causante da falla de varias tapas metálicas redondas principalmente na Rúa Real. Pregamos se tomen medidas para a súa reposición e para evitar que volvan a desaparecer no futuro, ante o perigo que os buratos abertos supoñen para os viandantes.

10.- Unha vez rematadas as obras da rotonda da gasolineira, pregamos se proceda ó arranxo e acondicionamento do Parque Sarmiento e o seu entorno, e se coloquen uns bancos de madeira que substitúan ós que foron retirados.

11.- Dado o estado latente que presenta a páxina web do Concello, pregamos a súa dinamización e actualización, e interesamos que se incorporen as actas do Plenos para información e coñecemento dos veciños en xeral, e para facilitar o traballo dos concelleiros en particular.

12.- Pregamos a ampliación do horario de carga e descarga a primeira hora da mañá, abrindo antes os fitos das rúas peonís, para mellor servizo dos comerciantes da Vila, e dos que se instalan no Feirón, que deben montar ás 7,30 da mañá segundo a Ordenanza cando aínda están as rúas pechadas.

13.- Diante das controvertidas obras levadas a cabo na Casa do Concello, queremos chamar a atención sobre a discutible redistribución levada a cabo e o mal aproveitamento dos espazos, cunha Alcaldía enorme e deslavazada, cunha Intervención na que malamente caben os funcionarios,  e cun Salón de Plenos escasamente dotado tanto para os concelleiros como para o público, sendo suprimidas as oficinas dos partidos políticos e faltando por reincorporar servizos como o de Normalización Lingüística. Pregamos se tomen medidas para optimizar as novas instalacións e mellorar e completar os equipamentos deficientes.

14.- Finalmente queremos reiterar por enésima vez a nosa petición de que sexan obxecto de licitación pública a recollida de enseres e o mantemento do alumeado público na nosa Vila. Este pasado mes de Maio foron aprobadas por Decreto da Alcaldía 15 facturas da empresa eléctrica amiga, por un importe total de 39.208,89 €, máis de seis millóns e medio de pesetas. Tal e como xa informou o Sr. Interventor o pasado ano, queremos lembrarlle ó goberno municipal a ilegalidade e o carácter delictivo da práctica do fraccionamento de pagos para tratar de eludir a licitación de servizos que deben ser prestados polas administracións públicas.

Preguntas que levamos ao Pleno Ordinario de Maio

24 may

1ª.- O Consello da Muller segue sen constituírse a pesar das boas palabras da Concelleira responsable. Vendo que optan polo mínimo legal no que atinxe ós órganos consultivos, realizarán cando menos a reunión do Consello Escolar Municipal de fin de curso? En que data?.

2ª.- Recibimos estes días as queixas dos usuarios en relación co a redución de profesionais no Centro de Saúde ó non cubrir baixas a Consellería de Sanidade, o que levou a cambios provisionais de médicos, ampliación de listas de espera, etc. Fixeron algunha xestión coa Xunta para solucionar este atranco ou para conseguir outro tipo de melloras no que atinxe ós servizos sanitarios da nosa Vila?.

3ª.- Cando xa está a rematar o mes de Maio de 2010, chegaron por fin ás familias as axudas escolares que aprobamos en Maio de 2009:

  1. Cando van a traer a Pleno as axudas do curso que ven?
  2. Teñen algunha mellora na xestión para que cheguen antes ás familias, se non pode ser en Setembro, como é desexable, a lo menos no 1º trimestre?
  3. Pensar facer algún cambio para poder chegar as axudas a máis familias?

4ª.- Estamos a piques de que remate o “contrato estrela” que nos anunciou o pasado Pleno o Concelleiro de Educación para atender a conserxería do CEIP de Andrade, xa que ese perfil “multiprofesional” só duraba un mes. Como e cando lle vai a dar continuidade?.

5ª.- Hai dous anos preguntabámonos neste mesmo foro por que o goberno municipal non asistira á reunión de Concellos polos que transcorre o Camiño Inglés, respostándosenos que as tres que houbo eran para amañar fontes e aquí non había fontes que amañar, pero esperabamos que algún outro servizo sí deran xestionado. Poden informar en que momento se atopan as xestións e cando será realidade o Albergue para Peregrinos na nosa Vila?.

6ª.- Cara a próxima chegada da temporada estival.

  1. Que programación teñen deseñada para as actividades nos centros escolares fora do horario lectivo?
  2. Realizarán algunha mellora na utilización das pistas deportivas para conquerir que os usuarios poidan planificar seus tempos de uso e que estean en boa dispoñibilidade?
  3. Cando van a ser os campamentos municipais, e por que tipo de organización, agrupamentos e localización van optar? Vai haber este ano campamento municipal.

7ª.- Cal é a razón pola que non se está a acender o “alumeado artístico” instalado no Castelo de Andrade?.

8ª.- Fíxose algunha xestión para garantir o abastecemento de auga ós veciños do edificio número 1 da Rúa Cabanas?.

9ª.- Puidemos ver na prensa unhas declaracións do Concelleiro de Urbanismo nas que aseguraba que as obras do “Mercado provisional” comezarán para o vindeiro ano 2011. Pensan levar a cabo esta actuación antes de conseguir o financiamento necesario para a rehabilitación do edificio do Mercado Municipal?.

10ª.- Está previsto o inicio das obras de construción das dúas rotondas na estrada N-651? Cal é o prazo de execución previsto? Remitiu Fomento o proxecto definitivo ó Concello?.

“Incumprimento masivo” da zona azul.

14 may


Dende o Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume queremos denunciar unha vez máis a pasividade do Goberno do Sr. Torrente fronte ó “incumprimento masivo” da zona azul.

Hai case dous anos que dende a Concellería de Tráfico dirixida por “Javier Crespo” procedeuse á implantación da coñecida como “zona azul” nos arredores do Mercado Municipal. O obxetivo era lograr unha maior mobilidade dos vehículos, facilitando así o aparcamento nunha das zonas máis concorridas da nosa vila, feito ó que se lle dou unha gran publicidade dende o Grupo de Goberno, con numerosas notas de prensa así coma unha campaña de reparto dos “discos da hora”.

A día de hoxe se nos achegamos ás inmediacións da Praza do Conde no horario de máis afluencia poderemos comprobar que a inmensa maioría dos vehículos alí estacionados carecen de disco ou de outro tipo de documento que acredite a súa hora de chegada e saída.

Esta situación xa foi denunciada en varias ocasións polo noso Grupo sen que dende o Goberno Municipal se fixese nada para garantir o cumprimento desta normativa.

Unha vez máis o Alcalde Gabriel Torrente e os seus concelleiros están a demostrar a súa nula xestión, facendo unicamente o que mellor saben facer, anunciar a “bombo e platillo” medidas e actuacións que, lonxe de concretarse, quedan só en mera publicidade.

Por todo o exposto esiximos ao Grupo de Goberno que cumpra con a súa obriga, tomando medidas e poñendo os medios necesarios para que se respecte esta zona de estacionamento limitado ou  de non facelo, proceda á retirada da mesma.

Comentarios ao Pleno de Abril

1 may

Durante  a recente sesión de control ao Goberno volvemos á Casa do Concello. As lousas da entrada recibíronnos xa escachadas, disto non nos poderán culpar os “responsables” do goberno municipal.

Ao entrar ao Salón de Plenos os dous concelleiros do COE, xa estaban alí ocupando 2 das 3 únicas prazas con mesa que ten a oposición, lembráronme aos nenos e nenas pequenos cando fan trampas para chegar os primeiros á fila. Eles tiñan ata agora os seus sitios có goberno, pois comezaron a lexislatura gobernando, e agora debeulles vir unha febre preelectoral e pensarán que sentándose á esquerda poderán xustificar os seus apoios ao goberno máis ou menos descarados.

A previsión do goberno foi tal que o público, nun salón máis grande, non ten cadeiras dabondo  para sentar, e os políticos da oposición non teñen mesas para traballar… E isto logo de non ser quen de levar a cabo o seu propio e inflado presuposto do 2009, deixando unha alta porcentaxe da partida de inversións sen executar. Disto deron conta no terceiro punto da orde do día, na liquidación do Orzamento do pasado ano os números viñeron a confirmar todas aquelas eivas que o noso  voceiro, Agustín Vilariño, denunciou en Pleno cando o presentaron para a súa aprobación.

Levamos a Pleno a Moción de Solidariedade Municipal que xa coñecedes, aprobouse e deu para moito debate.Un debate onde quedamos todos bastante ben  retratados:

- O grupo de goberno apoiouna e dixo que xa o tiñan eles pensado facer pero que non lles deramos tempo, que adiantarámonos… Sen comentarios.
- O BNG apoiouna remitíndose a algúns pasos que xa se tiñan dado anteriormente e que nós coidamos que son importantes, pero que a situación agora extrémase tendo que dar unha resposta máis clara e estruturada para todos os servizos municipais, recollida nun documento común, a ordenanza fiscal co baremo correspondente de pago de taxas ou exención segundo o perfil económico da unidade familiar.
- O COE apoiouna, facendo fincapé na formación e emprego. Nos tamén o faciamos na Moción e en Plenos esixindo unha Política de Formación e Emprego inexistente neste goberno e unha planificación para o edificio de FOREMDES. Máis coidamos que está resposta é a curto prazo, a formación, sen dúbida máis eficaz e coa política do Sr, Otero a máis looongo prazo, por desgracia.
- O Sr Agras, representante de I.P. logo de apoiar a Moción desenvolveu un discurso moi ben fundamentado pero cunha proposta para o inmediato irreal, pero si para acertada para o mediato: Un replantexamento do gasto enerxético da administración local, a opción das enerxías alternativas en Pontedeume e o aforro considerable que se conseguiría reinvestilo en melloras sociais. Retomaba unha opción xa defendida e iniciada polo goberno anterior e deixada de lado totalmente polo Sr Torrente. Un programa deseñado polo noso anterior Concelleiro de Facenda e que o representante de Independentes por Pontedeume facía seu.
- A resposta ofendida e agresiva do Sr Sande, ex COE, non deixou de sorprendernos: Non apoiou a Moción na que non nos plantexabamos a política económica global, nin estatal, galega, nin sequera a municipal, simplemente buscabamos unha ferramenta coa que conseguir que ningún veciño quedara sen auga na billa da súa casa por non poder facer fronte ao pago nestes tempos de crise económica. Respectando o seu voto, non compartimos os seus argumentos “macroeconómicos” para unha solidariedade local.

Argumentou a súa negación á nosa proposta dicindo que os socialistas eramos os culpables da crise, e que lle parecía o colmo que nós trouxeramos unha Moción para apoiar aos necesitados, e máis lindezas que non imos repetir pois preferimos pensar que foron froito do seu nerviosismo e da súa incómoda postura política dentro da Corporación Local . Contestámoslle dicindo que a suba do IVE á que facía referencia non é aos artigos de 1ª necesidade, e que se fai precisamente para garantir o Estado de Benestar e os servizos sociais básicos, pero que antes apoiouse á Banca para reflotar o sistema financeiro que froito dunha política liberal e neocon, e non socialista precisamente, fixo xurdir a crise na que está inmerso na actualidade, non solo o noso país, senón o sistema económico occidental e liberal. Non sabemos se falaba representando ao banco no que traballa, ao seu pensamento político ou a quen representa na actualidade…

A continuación o BNG trouxo unha Moción sobre a necesaria construción do enlace coa AP-9 en Vidreiro, vella reclamación socialista que por suposto apoiamos, dicindo ademais que si a regulamentación actual non permite facer a saída onde inicialmente estaba prevista (Estando o Sr. Touriño no goberno de Felipe González) se desprace, pero que se realice. Apoiouse por unanimidade engadindo que se resposte á Moción por escrito.

E xa entramos nos Rogos e Preguntas, que os tedes colgados neste mesmo blog:

Resposta ás preguntas:
- O Sr Crespo dixo que a semana que ven pagaríanse as axudas para libros e material escolar, dando exemplo unha vez máis da súa “áxil” resposta aos problemas da veciñanza. Dende maio de 2009 que foron a Pleno as axudas para afrontar o gasto do comezo de curso para a nosa veciñanza…
- Van cubrir a praza de conserxe de Andrade dun xeito nunca definitivo (recalcouno o Sr Alcalde) por un perfil laboral que vai ter máis funcións que un conserxe, dixo o Sr Crespo. O que non dixo son que funcións máis e que vai ser máis versátil e resolutivo ca un conserxe. Non sabemos que teima teñen coa figura do conserxe ao que teñen tanto dereito os de Andrade como os da vila . Na convocatoria da praza do Couceiro ( BOP 29/03/08 ) veñen claramente especificadas as amplas funcións da figura do conserxe. Insistímoslle en que convoque esa praza que está na RPT e que ese mal parche que da por resposta aos problemas do colexio de Andrade xa o puido ter feito moito antes.
Ante a pregunta de quen ía pechar a escola, posto que este novo perfil laboral remata o seu horario as 13 horas, contestounos que enviaría cada día un empregado municipal a pechar o centro.Práctico, non?
- No que se refire ao Mercado Municipal teñen solicitada subvención para o provisional, aínda non confirmada oficialmente, aínda nos saben onde poñelo, pero contan telo listo a fin de ano… Logo xa comezarán as obras do Mercado , sen achegaron máis información sobre o  proceso no que está a xestión deste último.
- Non fixeron ningunha xestión para conseguir o apoio financieiro á modernización do comercio interior pois eles consideran que  o comercio necesita axudas e non apoio financeiro, “crédito”, dixeron. Pasaríanlle polo menos a información aos comerciantes?
- Logo dunha xustificación técnica e numérica de presións, diámetros de tubo, liña municipal, xeral, particular etc. o Sr Alcalde dixo que os veciños da Rúa Cabanas terían que cambiar eles os 35 m. de tubaria que van por baixo dunha rúa municipal, xa dende hai anos.
- O novo cartel informativo que estaba na Praza de España, levou un golpe e rompeu, procederán a poñelo e agora si en galego e castelán, especificou o seu gusto bilingüista o Sr Crespo, como resposta á nosa reclamación.
- Alumeado público: A empresa que levou a rede de sumidoiros vai reclamar á eléctrica que volva amañar o problema.
- Sobre o POL, unha vez remitido o informe se estamos dentro de prazo se nos reunirá a todos. Noutros concellos xa se fixo, aquí coma sempre…
- Non estudaron, nin planearon, nin tiveron tempo a facer outra proposta de orzamento para 2010. Preferirán escudar a súa incompetencia en que a oposición non lles deixa facer, que é a “cantinela” que levan aló onde os veciños lles piden calquera tipo de mellora

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.