Denunciamos as declaracións do Alcalde sobre a capacidade da Vila de acoller turistas

27 abr

Nunha entrevista en “Radio Voz”, hoxe o Alcalde afirmou que “en Pontedeume non caben mais turistas dos habituais”. “Non podemos acoller a mais persoas das que viven aquí ou veñen habitualmente”

Confirmou que non teñen nada previsto para a época estival, e para a xestión turística do Concello en pleno Ano Xacobeo

O Grupo Socialista no Concello de Pontedeume non pode mais que censurar as declaracións do alcalde de Pontedeume en relación a capacidade da nosa Vila de acoller turistas.

Con perlas como “non pode acoller a novos turistas” ou “ non cabe mais xente da habitual de Pontedeume” o Señor Alcalde demostra unha nula sensibilidade por unha Vila que vive do sector servizos e que ten na campaña de verán, o seu maior índice de ingresos polo gasto dos turistas.

As dificultades que están a vivir o pequeno comercio e a hostalería en Pontedeume, parecen non ser moi importantes para o Alcalde que anima publicamente aos turistas a non vir a Pontedeume, xa que non podemos acollelos. Estas declaracións demostran a capacidade de gobernar deste Alcalde que non entende nin o mais fundamental de proxección publica dun Concello ao que él representa e ten a obriga de defender e promocionar.

Dende o PSOE reclamamos ao Alcalde que rectifique as súas verbas e anime, no maior numero de foros que poida, aos turistas a visitar a nosa Vila, coñecer o noso comercio, desfrutar da nosa hostalería (Restaurantes, Bares, Pubs ou Cantinas) e hotelería (Hoteis, Hostais e Pensións, Turismo rural,…) e desfrutar dunha Vila histórica, cun enclave físico espectacular e con opcións de turismo de natureza, cultural, ou simplemente de ocio.

Ademais en pleno ano Xacobeo, sendo Pontedeume un paso estratéxico do Camiño Inglés, sentencian dende o Goberno Municipal que “aínda” están pendentes da realización do albergue de peregrinos e que se estima que estará para finais de ano. Dende o PSOE consideramos nefasta tanto a xestión da Xunta coma do Concello neste eido, xa que non son capaces de xestionar con tempo este departamento para peregrinos cando é neste ano a maior afluencia de visitantes. Xa pasamos a Semana Santa sen albergue e continuaremos así ata finais de ano, perdendo opcións de acoller na nosa Vila aos peregrinos que pasen en verano (cando mas cantidade pasan) e que pernoctarían aquí, co gasto que iso supón por parte dos turistas no noso Concello.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.