1ª.- Cal é a data na que se farán efectivas as axudas para libros e material escolar? Por que?.
2ª.- En que regulamento se basean para non cubrir a praza do conserxe no CEIP de Andrade e ofertarlle á comunidade educativa un perfil laboral novo e non contemplado na RPT (“contrato multiservicios”)?
3ª.- En que punto se encontran os trámites para a reforma do Mercado Municipal? Fíxose algunha xestión ante a Xunta de Galicia cara a conquerir axudas para a instalación do mercado provisional?.
4ª.- No mes de Novembro aprobouse o Real Decreto 1786/2009 polo que se regula a iniciativa de apoio financieiro á modernización e mellora do comercio interior. Fíxose algunha xestión ó efecto?.
5ª.- Hai case un ano que os veciños do número 1 da Rúa Cabanas veñen sufrindo graves problemas no abastecemento público de auga, ata tal punto de que os residentes nos pisos superiores carecen case totalmente deste servizo, tendo que desprazarse ás vivendas inferiores en busca de auga. En conversas dos afectados coa empresa adxudicataria, foron informados de que o problema viña da tubería exterior, por non soportar a presión necesaria. Que se fixo dende o grupo de goberno para solucionar este problema? Cal é a razón pola que a día de hoxe, e despois de 10 meses, estes veciños continúen sen a prestación deste servizo básico?.
6ª.- Que sucedeu co panel informativo da Praza de España?.
7ª.- No Pleno do pasado mes de Marzo denunciabamos os continuos apagóns do alumeado público na zona comprendida entre o Centro de Saúde e Esteiro, respostándosenos que foran motivados polas obras de instalación do alcantarillado e que se arrancaría de contado. A día de hoxe, e unha vez rematadas as obras, este problema persiste. Pensan facer algo ó respecto?.
8ª.- Téndose remitido ó noso Concello para consultas o borrador do Plan de Ordenación do Litoral (POL), fíxose ou pénsase facer dende o goberno municipal algunha recomendación ou observación, ante a importante afectación que as previsións do POL supoñen para o noso territorio e a súa incidencia no PXOM que temos aprobado inicialmente?.
9ª.- O pasado mes de Febreiro, o Pleno da Corporación rexeitaba o proxecto de Orzamento para o exercicio 2010 presentado polo goberno municipal. Ten pensado o grupo de goberno redactar e consensuar un novo documento económico que atenda as argumentacións esgrimidas polos grupos da oposición no seu momento para xustificar o seu voto en contra, ou contemplan continuar o presente exercicio co orzamento prorrogado do ano 2009?.


