Sobre o servizo de alumeado público

22 abr

Hai xa máis de dous anos que o servizo de mantemento do alumeado público na nosa vila está a ser contratado de forma irregular, tal e como consta nos sucesivos informes emitidos pola intervención municipal, á mesma empresa, sen que dende o Grupo de Goberno,  e máis concretamente a Concellería de Obras e Servizos se tomen as medidas necesarias para sacar esta concesión a concurso, tal e como establece a lei.

Durante todo este tempo esta situación foi denunciada en numerosas ocasións polo noso Grupo no Pleno da Corporación, instando ao Concelleiro responsable deste área a rematar con esta práctica, ao que obtemos sempre a  mesma resposta: “a concesión sairá a concurso en breve”, a día de hoxe seguimos á espera.

Por se isto fora pouco, ademais de encontrarse nunha “situación irregular”, este servizo está a ser deficitario no que á súa prestación se refire,  xerando numerosas críticas entre os cidadáns das que temos abundantes exemplos.

Dende hai máis dunha semana a caída dunha árbore causou a ruptura dunha liña de corrente nas inmediacións da estación do ferrocarril, sen que ata o momento fose retirada a árbore nin arranxada a instalación, polo que o cable encóntrase tirado no chan representando un perigo para os viandantes.

Esta situación, á que hai que engadir o gran número de puntos de luz fundos dende hai meses tanto en  parroquias coma no casco ou as farolas rotas e en mal estado, retrata sen ningún tipo de dúbida cal é a realidade deste servizo e define perfectamente ao Goberno do Partido Popular, que con a súa pésima xestión sumiu, literal e figuradamente, á nosa vila na máis escura das noites.

Por todo o exposto anteriormente reclamamos ao Goberno Municipal que, por unha banda, cumpra con a legalidade sacando a concurso a concesión do mantemento do alumeado público, e pola outra, con a súa obriga de garantir un servizo de calidade a todos os veciños e veciñas de Pontedeume.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.