Ademais das Preguntas, e algunha moción, presentaremos os seguintes rogos:
1.- Pregamos que se xestione eficazmente, no que atinxe á administración local, a chegada e acollida dos nenos e nenas saharauis dos campamentos de Tinduf que viaxan nas denominadas “Vacaciones en Paz”.
2.- Pregamos se aceleren as xestións para unha correcta sinalización dos lugares e parroquias do noso Concello, así como iglesias, escolas e outros puntos de interese, e se faga coa toponimia axeitada.
3.- Pregamos a reparación dos baches existentes no Camiño do Peteiro, sinalizado polos veciños.
4.- Pregamos que polo goberno municipal se fagan as xestións necesarias para a limpeza, arranxo e substitución de marquesinas no noso termo municipal.
5.- Pregamos o rozado e limpeza do camiño da Xudea, entre o Souto da Vila e a traída.
6.- Pregamos a limpeza das rúas, escaleiras e xardíns da Urbanización Boa Vista.
7.- Pregamos a colocación dunha reixa protectora nos proxectores instalados no chan arredor da ermida de San Miguel de Breamo, a fin de evitar posibles danos e queimaduras.
8.- Pregamos a retirada do escombro depositado ao carón dos contadores situados no lugar do Monte, na parroquia de Andrade.
9.- Pregamos o arranxo de varias lousas desprendidas nos marxes da parte inferior da Rúa San Agustín.
10.- Diante das queixas dos veciños polo uso como estacionamento de camións e maquinaria de gran tonelaxe dunha finca rústica nos Covelos, na pista entre Barral e Cabría Vella, polas molestias que ocasionan e o deterioro que están a producir nos viais da zona, pregamos que polo Concello se investiguen os feitos e se adopten as medidas necesarias para solucionar o problema.
11.- Empresarios do sector hoteleiro fannos chegar as queixas de moitos visitantes polo feito de que na saída da AP-9 en Cabanas non exista ningún sinal que indique a dirección a Pontedeume, co conseguinte despiste de moitos viaxeiros que toman dirección a Ferrol. Pregamos que, pola administración que corresponda, se subsane esta carencia.
12.- Como xa pedimos noutras ocasións, e ante a inminencia das obras da rotonda na ponte, pregamos a retirada do oso e o xabaril e o seu traslado e ubicación no Torreón, con independencia de que se poidan encargar unhas réplicas se se pretende repoñer estas figuras heráldicas na entrada da nosa Vila.
13.- Nun Pleno do pasado Outono pediamos a retirada da ducha da praia de Sopazos, petición que non foi atendida, sendo roubada a pasada Semana Santa. Pregamos que se vaia encargando unha nova para que esta praia dispoña deste servizo o comezo da tempada estival, e non á metade de verano como ocorreu o pasado ano.
14.- Diante da celebración o sábado día 8 de maio da Romaría de San Miguel de Breamo, que se prevé masiva, pregamos se extreme a limpeza dos accesos e do entorno da Capela, se incremente o número de contedores, e se colabore coa organización na delimitación de zonas de parada, xiro e estacionamento, presenza de Protección Civil, ambulancia, etc.



