Outra vez máis tivemos un Pleno onde o goberno non achegaba ningún tipo de proposta e encheu de contido o órgano de máxima representación da nosa Vila as propostas, denuncias, mocións…da oposición.
Aprobáronse por unanimidade as dúas mocións que presentou o noso grupo.
A primeira para conquerir o apoio do noso concello á candidatura da Fundación Vicente Ferrer ao Premio Nobel da Paz.O Partido dos Socialistas de Galicia, que ten amosado en moitas ocasións o seu compromiso coa Cooperación Internacional e cos movementos a prol dos máis desfavorecidos, queríamos amosar o noso respaldo a unha candidatura que quere facer un recoñecemento ao traballo, á dedicación e ao compromiso dunha pequena Fundación e do seu fundador, que un día decidiu traballar nunha das rexións máis pobres do mundo, Anantapur, India.
A segunda moción polo día da Muller Traballadora . Partindo do recoñecemento dos importantes avances dos últimos anos, sabemos que para acadar unha igualdade efectiva para todas as mulleres e homes é necesario seguir avanzando. E nos apoios, acordos,proxectos, plans, servizos , etc., ten que implicarse a administración municipal, a máis próxima aos cidadáns. Polo que levamos ao Pleno as seguintes propostas que esperamos non queden no papel e o goberno municipal realmente se implique e xestione a súa realización:
O Concello de Pontedeume :
- Comprométese a traballar para asegurar unha participación equilibrada de mulleres e homes en todos os espazos de responsabilidade desta entidade local.
- Porá en marcha as accións de sensibilización necesarias para promover a corresponsabilidade de mulleres e homes no eido doméstico.
- Se incorporará a dimensión de xénero en todos os Plans, Programas e demais actuacións que se poñan en marcha desde o ente local, como resposta á crise económica, financeira e de emprego, tendo en conta o distinto impacto que esta ten en mulleres e homes.
- Adhírese á “Declaración de Cádiz, cara a unha sociedade máis eficaz e sostible”, subscrita por ministras e líderes políticas dos Estados membros da UE.
- Darase traslado deste acordo ao Parlamento de Galicia, ao Ministerio de Igualdade e ao Parlamento Europeo.
Ademais presentou o BNG outra moción pola conmemoración tamén do 8 de marzo, esta púidose aprobar grazas aos botos do Bloque, do representante de I. P., do Concelleiro non adscrito e os votos do noso grupo. COE e PP non a aprobaron pois consideraron que atacaba ao goberno da Xunta do PP.
E xa pasamos aos rogos e preguntas.
Abrimos a nosa quenda coas preguntas do eido social, nas que voltamos a denunciar o atraso no pago das axudas, a escaseza de oferta cultural municipal e o deixamento de funcións coas escolas da Concellería de Servizos .
Na 1º pregunta a Concelleira de S. Sociais,Eva Carballeira, non entendeu ao que os socialistas nos referimos cando falamos de solidariedade e plans específicos, referíndose ela unicamente á emerxencia social. O noso grupo levou a proposta de que ás familias con menos recursos da vila se lles ofertaran os servizos básicos e municipais de xeito gratuíto ou coofinanciado, especialmente en estes tempos que corren. Referímonos en concreto ao acordado xa polo goberno anterior: O custo da a auga, recollida de lixo e rede de sumidoiros era asumido polo Concello nos casos informados polas técnicas de Servizos Sociais. Este goberno non o está a levar a cabo máis o Sr. Otero ao final dixo que “estaban abertos”…
Por fin o Sr. Crespo informou ao Plenario das axudas para libros e material escolar. Houbo 270 solicitudes é concedéronse 120 delas. Xa nos parece gravísimo nun ano en que o sistema “solidario” da Xunta de Galicia deixou ao 63’31% do alumnado eumés perdendendo a gratuidade total dos libros. Pero o realmente indignante é a xestión que se fai destas axudas, como de outras moitas, pois o Sr. Concelleiro non foi quen aínda de facelas chegar ás familias “próximamente”. Unhas axudas, que foron a Pleno no mes de maio.
O tema da custodia dos Centros de Educación Infantil e Primaria deu para moito debate.O goberno sigue coa teima de que non ten porque custodiar o CEIP de Andrade, pero é que tamén o Sr. Crespo reafirmouse en que non deben sequera facer o mantemento.
Dende o noso grupo convidámolo a que lle esixa á Xunta que desenvolva o Pacto Local e así será a Xunta a que se responsabilice dos Centros educativos no seu mantemento e custodia. Mais recordámoslle que mentres iso non se consiga é responsabilidade do Concello a custodia e o mantemento, e coa súa mala xestión está a por en perigo a seguridades do alumando.
No CEIP de Andrade o profesorado ten que abandonar a súa función docente para facer de porteiro, e nin sequera o Sr Crespo ten a ben por o porteiro automático que se comprometeu a instalar, e o goberno sigue sen sacar a concurso a praza de Conserxe que está na Relación de Postos de Traballo municipal.
A cuarta pregunta nos esperabamos que fose respostada polo Concelleiro de Cultura e voceiro do grupo Popular, mais deulle resposta o Sr Crespo para explicar que presenciaran a solta das pombas do día da Paz na Escola Infantil e que fixeran por 2º ano o Pleno Infantil e que as actividades do 21 de marzo estaban por programar.
Na réplica dixémoslle que non nos cinxíamos ao eido educativo, que por outra banda seguiamos pensando que ademais de non é nada novidosa a solta de pombas, parécenos antidemocrática a imaxe de Pleno que lle están a transmitir aos escolares eumeses, ao vetar a entrada da oposición ao Pleno da Paz. Denunciamos a falta de actos culturais e que os que hai municipais son un mero continuísmo con reducción da oferta anterior, pois perdéronse en Pontedeume actos tan importantes como a Semana do Libro e a Semana da Ciencia.
O Sr Concelleiro de Cultura entón, entrou no debate e convidámoslle a planificar o Ano do Libro e da Lectura tentando programar actos variados e retomar a Semana do Libro.
A falta do alumeado público en Ricardo Sánchez é polas obras e o Sr. Crespo contestou con unha das súas expresións preferidas amañarase “proximamente”
Na 6ª pregunta ante a demanda repetida varias veces do noso Concelleiro de Obreas, Bernardo Fernandez, sobre o Camiño de Ombre que xa se afundiu 4 veces por mor das obras dos sumidoiros, que é unha das obras executadas con cargo ao anterior Plan E. O Sr Concelleiro de Obras e Servizos dixo que a obra estaba certificada pola arquitecta e que el é político e non técnico polo que non sabe a razón polo que o camiño, xa tres veces amañado, volta a afundirse e non é responsable. Negouse a dar a información baseándose nesa absurda afirmación. Dende o noso grupo volvemos a lembrarlle que é o responsable político desa area. Os veciños de Ombre seguen sufrindo as obras que segundo o Sr. Crespo xa están rematadas, entregadas e certificadas…
A obra entre a librería Ancora e a Rúa Cabanas farase en outra fase que pensan executar…pronto…
Dos cables da Rúa das Virtudes que levan tempo molestando aos veciños e afeando a nosa vila, a rúa , o Cristo… e que ademais xa non é a primeira vez que levamos esta cuestión a Pleno, o Concelleiro de Urbanismo, Sr. Otero nada sabía. Nin nos oe, e polo que se ve, tampouco debe andar polas nosas rúas. Non tiña noticia e fíxose un lío de papeis , rúas, actuacións diferentes,…. Para rematar dicindo á moda do seu compañeiro que…proximamente.
Da obra no Hospitalillo de momento non hai nada, mandaron os papeis á Xunta e seguen esperando.
Da nosa proposta sobre a posible reversión do antigo local de Correos, en caso de que non se utilice, comprometéronse a mirar nos arquivos se foi venda ou cesión. Os arquivos están no edificio do Concello e , cando será a mudanza? Adiviñades non?, PROXIMAMENTE.



El jefe del Ejecutivo ofrece a los partidos un acuerdo con medidas para mejorar la competitividad de la economía y fomentar la creación de empleo; sobre política industrial; un plan de consolidación fiscal para asegurar la reducción del déficit público y la reforma del sistema financiero

