Segundo informa o BOE de onte, a “Resolución do 23 de decembro de 2009, da Secretaría de Estado de Cambio Climático, pola que se adopta a decisión de non someter a avaliación de impacto ambiental o proxecto Adecuación ao Real Decreto 635/2006 das infraestruturas e instalacións dos túneles da Autoestrada do Atlántico AP-9, nos termos municipais de Cabanas, Paderne e Pontedeume (A Coruña) e Vigo (Pontevedra).”, da luz verde á construcción por parte de Audasa unha galería peonil de intercomunicación de 19 metros de longo. Estas obras son obrigatorias tras o decreto sobre requisitos mínimos de seguridade nos túneles de estradas do Estado.
No BOE, podese observar como con data 18 de maio 2009 ten entrada nese Organismo a documentación ambiental. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data 8 de setembro de 2009 estableceu un período de consultas a institucións e administracións cuxa relación se detalla no cadro seguinte:
Na taboa podemos ver como o Concello de Pontedeume non remitiu a este organismo do Estado ningunha consulta nin obsevación sobre esta obra.
Sí o fixo, en cambio, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia que informa que non parece previsible que se poidan xerar impactos sobre o patrimonio cultural, non obstante se terá en conta o establecido no artigo 32 da Lei 8/1995 do patrimonio cultural de Galicia e haberá que remitir o proxecto para o seu informe, ou a A Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia que informa que non se afecta directamente a espazos nin valores protexidos, considera que as actuacións previstas non ocasionan ningunha repercusión ambiental significativa sempre e cando se desenvolvan e apliquen o conxunto de medidas consignadas na documentación avaliada, ás que deberán engadirse medidas de seguridade para evitar derramos accidentais, xestión de residuos, etc. O proxecto construtivo deberá definir, desenvolver e cuantificar un programa de medidas de integración ambiental.
Para descargar a resolución no BOE, clicka sobre sobre a palabra BOE da primeira liña.



Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country.


El grupo de gobierno (PP) del Concello de Pontedeume, acaba de publicitar a la prensa que el debate, y posible aprobación de los Presupuestos para el año 2010 se incluirán dentro del orden del día del pleno ordinario del mes de enero.



