Dende o PSdeG-PSOE eumés desexamos ós membros da Corporación, funcionarios, traballadores e veciños do noso Concello, unhas Boas Festas de Nadal, e que o vindeiro ano 2010 poidamos todos celebrar o cumprimento das mocións plenarias, o incremento da plantilla de personal do Concello e con esta, a limpeza da nosa Vila ou a Policía Municipal polas noites; a ordenación das terrazas, a desaparición dos reparos de Intervención, o xusto reparto da productividade, a volta á licitación pública na área de Servizos, a boa marcha do PXOM, o retorno ó xardín de Ulpìano Villanueva, os Plenos con megafonía e, xa que non se poido 0 30º, o 31º aniversario das primeiras corporacións democráticas.

Vos deixamos os enlaces á información aos diferentes Plenos do ano:
- Xaneiro: Sobre o Fondo Estatal de Investimento Local, Pleno Ordinario, Sobre Educación
- Febrero: Rogos, Preguntas e Moción esixindo a baixada das taxasa municipais.
- Marzo: Moción sobre 30 anos de Concellos democrático, Preguntas que levamos ao Pleno , sobre a privatización do servizo de limpeza, Repostas ás nosas preguntas no Pleno, Máis respostas
- Abril: Rogos e preguntas que levamos ao Pleno, Algunha resposta que nos deron, Moción que presentamos.Moción solicitando melloras na Nacional N-VI
- Maio: Rogos e preguntas no Pleno Ordinario , algún apunte sobre este Pleno
- Xuño: Pleno Extraordinario, Preguntas no Pleno Ordinario, Rogos no Pleno Ordinario,
- Xullo: Rogos e preguntas
- Agosto: Preguntas, rogos e algún comentario sobre este Pleno
- Outubro: Rogos e Preguntas . Comentarios sobre o Pleno
- Novembro: Escrito sobre o PLAN E, Preguntas no Pleno, Rogos
- Decembro: Rogos e Preguntas que levamos ao Pleno,
Ante unha pregunta presentada polo G.M. Socialista no último Pleno do ano sobre o que está a suceder en Pontedeume coas axudas para libros e material escolar para as familias máis necesitadas, o Concelleiro de Educación, Sr. Crespo, a 21 de decembro aínda non sabe cando se van facer efectivas, nin cantas se van dar nin sequera quixo informar ao veciños e veciñas de Pontedeume do número exacto de solicitudes presentadas. Iso si, sabemos que son máis de 250 familias con escasos recursos as que están a esperar pola decisión da Concellería de Educación.

