Rogos e Preguntas que presentamos ao Pleno Ordinario de Decembro

22 dic

Vimos de celebrar o último Pleno do ano, outra vez as inquedanzas da oposición encheron  de contido o Pleno, o Goberno non levou ningún tema.

A meirande parte dos rogos e preguntas foron presentadas polo grupo socialista pois o ex número 1 do COE nada aportou ao pleno como ven sendo costume, e desta vez o Sr. Agras tamén optou polo silencio.

Vos achegamos as nosas preguntas e as respostas que nos deron.

PREGUNTAS:

1º-Tivemos coñecemento da chegada ao Concello dun escrito da Delegación Territorial da Consellería de Sanidade con    data do 17/09/2009 no que se notificaba o incumprimento da normativa sanitaria no mercado municipal. Fíxose algunha xestión para solucionar esta situación?

- Amañaron algunha cuestión puntual e sobre o novo mercado dí o Alcalde que algo van adiantando sen especificar nada máis.

-Estando a piques de rematar o exercicio do presente ano,  poden informarnos de cal foi o balance económico das Festas das Peras do 2009?, e do 2008?

-GASTO 2008- 98.531€. Achega do Concello de 60000€ xustificada. Non hai débeda ningunha.
- GASTO 2009- Aprox. 104.000€. Achega do Concello 60.000€ xustificados

- O recente pintado de blanco das pedras de canteiría que delimitan o miradoiro de Breamo, foi realizado por orde do Concello?

- Pola Deputación de A Coruña, o Goberno nada soubo ata que o veu pintado.

- Tras máis de 2 anos de situación irregular reiteradamente denunciado dende o noso grupo, e contrastada polos continuos reparos e informes negativos de Intervención, pensa o Goberno Municipal sacar o ano que comeza a licitación pública o mantemento do alumeado público e a recollida mensual de enseres?

- Si, vanse quitar as dúas. Xustifica o Sr. Crespo a tardanza no concurso público do mantenimento do alumeado público en que mandou facer unha auditoría enerxética . Da tardanza na licitación da recollida de enseres nada dixo que a xustificara.

- Cando estará plenamente operativa e equipada a Casa da Cultura?

- Anunciou o Sr. Otero a recepción da obra o 23 de Decembro, teñen cadeiras e a preinstalación da megafonía. Nada máis puido respostar, cando se fará o 1º acto?, a programación?, posibles usos?…

-Nas obras que se están a levar a cabo no peirao instalouse unha beirarrúa cuia cota queda máis alta que o nivel do patio do Couceiro Freixomil, o que fai que este se anegue. Fíxose algunha xestión ante Portos de Galicia para subsanar este problema?

- Vaise facer unha rampla e hai dous sumidoiros instalados.

-Cando pensar convocar as reunións nas parroquias para presentar o PXOM e aclarar as dúbidas dos veciños?

- Vaise ir a todas, se non  fixan as datas as asociacións, fixaranas o Goberno. Hai dúas datas xa fixadas o 12 e o 16 de Xaneiro pero non saben a que parroquia pertencen.

-No Pleno Ordinario do pasado mes rogábamos que se iluminase a parte traseira dos Almacéns de Raxoi (Rúa Fray Gumersindo Placer) xa que por ela transitan entre outros, nenos que se dirixen ao CEIP “Couceiro Freijomil” e que se encontran a primeira hora da mañá con unha zona escura na que durmen indixentes,…
Cal é a razón de que non se ilumine esta zona?

- A avaría require unha actuación bastante completa, podreceron varios equipos, salta o cadro… ( Será que non tiveron tempo en 2 anos e medio a licitar o mantemento?) Comprometeuse o Sr. Crespo a amañalo nuns días, antes de que comece de novo a escola…

- Teñen planificada dende a Concellería de Cultura algunha modificación na Ordenanza municipal de Normalización Lingüística?

- O Sr. Otero dixo que era competencia da Alcaldía pero que non tiñan pensado. Dende o G.M. Socialista recordámoslle que él, como Concelleiro de Cultura, debería ter especial sensibilidade pola lingua, principal ben cultural do pobo, e por tanto cumprir a ordenanza como facela cumprir.

Léndolle a nosa concelleira dous dos artigos que se están a incumprir reiteradamente por él mesmo e polo seu goberno:
Artigo 14.
Os cargos do Concello expresaranse normalmente en galego nos actos públicos celebrados no ámbito lingüístico galego sempre que a intervención sexa por razón do propio cargo.
Artigo 15.
15.1.- Os libros, as revistas e, en xeral, todos os carteis e publicacións que edite o Concello de Pontedeume, como tamén as mensaxes que se emitan a través dos medios de comunicación, faranse sempre en galego, agás aqueles destinados especificamente á proxección exterior, que tamén se poderán facer na lingua dos destinatarios.

10º- Que van facer para optimizar o uso das diferentes pistas deportivas que existen en Pontedeume?

- O Sr. Crespo nada dixo sobre o que ían facer. Recordámoslle as deficiencias das de titularidade municipal, así como as de uso público: O abandono da pista de Centroña, os buratos da malla da do Parque Sarmiento e a desorganización horaria sobre todo no verán, o retraso na colocación das canastras e porterías na nova pista do Couceiro, o incumprimento da 2ª parte do convenio co IES “Fraga do Eume” por parte do Concello, non habilitando un acceso peonil para o seu uso público fora de horario escolar, …

11º- Cándo se van pagar as axudas as asociacións de 2008? E as de 2009?

- Esperan poder facelo antes de fin de ano as do 2008. Do 2009 aínda non poden fixar data.

12º- Que sucedeu coas axudas para libros e material escolar?

- O Concelleiro de Educación, Sr. Crespo, a 21 de decembro aínda non sabe cando se van facer efectivas, nin cantas se van dar, nin sequera quixo informar ao veciños e veciñas de Pontedeume do número exacto de solicitudes presentadas. Iso si, sabemos que son máis de  250 familias con escasos recursos as que están a esperar pola decisión da Concellería de Educación .

13º- Que sucedeu co material da antiga escola de Vizús?

- O Concelleiro de Educación eludíu unha vez máis as súas responsabilidades, ben é certo que esta vez non lle botou as culpas ao Goberno anterior…  Chegou a dicir que non se trasladaba o material máis voluminoso, para o que fai falla a furgoneta municipal, foi por deixadez da dirección do centro. Comentando nun tono nada axeitado que “igual a directora prefire ter a escola de Centroña de almacén”.

O noso Grupo Municipal informouse directamente, e así o espuxo no Pleno:  A comezos de curso a dirección do Couceiro seleccionou aquelo que podía levar por cuestión de tamaño, comprometéndose a Concellería de Educación a achegar o resto. Dende entón seguen esperando, mentres o Concello informou  ao centro que unha inundación estragara parte do material escolar, teméndose dende o colexio que se perda material tan valioso como a pizarra electrónica que continúa na escola pechada  de Vizús- Centroña mentres ningún neno pode usala.

ROGOS:

1º.- Ante as molestias e incertidumes causadas ós veciños, pregamos se informe previamente sobre as obras de colocación de fitos en determinadas rúas da Vila, e as limitacións para o tráfico que destas obras se derivan.

2º.- Diante da reiterada cadea de fallos por parte do goberno en relación con actos protocolarios e institucionais, que están a limitar a presencia dos representantes dos grupos da oposición, pregamos se tomen as medidas necesarias para que no sucesivo non se repitan.

3º.- Pregamos a colocación de puntos de luz na explanada situada na punta do Paseo Marítimo á altura da Piscina  pola escuridade reinante.

4º.- Pregamos a limpeza e retirada de basura e escombros no Camiño Estreito, xunto os contenedores.

5º.- Pregamos o rebacheo no cruce da Avenida de Ferrol con Lombardero e Doctor Villanueva, polo mal estado do firme.

6º.- Diante dos paros intermitentes que están a levar a cabo os traballadores da empresa concesionaria da Piscina Municipal, e os perxuizos que están a causar ós abonados, pregamos ó goberno municipal que inste o establecemento duns servizos mínimos que garanticen os dereitos que asisten a traballadores e usuarios, evitando o peche das instalacións

7º.- Tra-la retirada dos contenedores da Praza do Pan, a día de hoxe varios veciños continúan depositando bolsas de lixo no mesmo lugar, que non se recollen polos encargados do servizo, polo que pregamos a súa retirada e a vixilancia, identificación e sanción dos autores deses depósitos.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.