Archivo | 6:06 pm

Desinterese do Goberno eumés pola área de servizos sociais

27 nov

No pleno deste mes o Goberno presidido polo Sr. Torrente confirmou a súa deixadez nos asuntos que atinxen aos máis necesitados nin sequera tendo a ben defender o novo regulamento do Servizo de  Axuda a Domicilio (S.A.D.).

Logo da sorpresa inicial ao ver que daba a palabra ao noso grupo municipal saltando o habitual intervención da Concelleira responsable da area Sra. Eva Carballeira, tivemos que ser nos os que expuxéramos as liñas xerais do regulamento que vai determinar o funcionamento da axuda aos máis necesitados. Chamando a atención da súa boa feitura técnica e denunciando que os medios, o impulso, a xestión política que é imprescindible para  que o S.A.D. funcione eficazmente  non existe.

A nosa Concelleira denunciou que:

  • Vai para medio ano que o equipo de Traballadoras Sociais está ao 50%.
  • A praza de coordinadora de S. Sociais non se cubre.
  • Non se recicla ás traballadoras familiares, non se lles oferta o curso para a Lei de Dependencia .
  • En caso de baixas e vacacións de traballadoras familiares a súa substitución queda condicionada á disponibilidade do servizo e á dotación presupostaría do mesmo, cousa que este goberno non a ten a ben facer o que levou a reducir os servizos ao máis necesitados todo un verán.
  • A financiación depende en gran parte da xestión política das axudas con outros organismos, e en Pontedeume as axudas pasan sen que as aproveiten  ou non opten a elas directamente.
  • A Axuda a Domicilio a Dependentes leva todo o ano atendida de xeito antiregulamentario ao non ser sacada a concurso, sendo esta situación, que pode levar aos doentes a cambiar de mans cada vez que remate un contrato, derivada da opción privatizadora do goberno do P.P.
  • O regulamento de réxime interior e funcionamento de S.A.D. ten unha boa letra pero os políticos teñen a obriga de poñerlle a música e dende o goberno do Partido Popular non están pola labor.

Pechamos a nosa intervención en temas sociais esixídolle ao Sr. Torrente no apartado de Rogos e Preguntas equidade e responsabilidade en todas as áreas do goberno municipal.

Xa que froito da forte crise do goberno da primavera pasada, houbo un cambio no equipo que afectou a unha área vital para os eumeses, a de Servizos Sociais, que, unha vez máis, quedou baixo a dirección do membro do goberno que menos tempo pode dedicarlle.

Continuamos presenciando a pouca premura na cobertura das baixas das traballadoras familiares, e xa vai para medio ano que a plantilla de traballadoras sociais está ó 50%. A coordinación técnica minusvalorase, xa que de feito non hai reponsable. Derivado da súa opción privatizadora, xa terían que ter sacada a concurso á atención ós pedendentes, pola que estamos esperando dende comezos de ano.

Dende o noso grupo municipal, esperamos do Sr. Alcalde un replantexamento que leve a reforzar esta área con máis tempo de dedicación política así como máis dotación persoal, co fin de conquerir unha xestión rápida e eficaz na atención ós cidadáns.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.