1ª.- Cando pensan realmente responsabilizarse do mantenimento do CEIP de Andrade, colocando papeleiras, podando árbores perigosas, limpando os cristais, e sacando a concurso a praza de conserxe?.
2ª.- Ante a non inclusión nas axudas as ANPAS para o 2009 da ANPA do CEIP de Andrade, que pensan facer para que esta asociación non se vexa discriminada das outras do noso Concello?.
3ª.- Cal é a razón pola que non se está a usar a “varredora vial” subvencionada pola Deputación Provincial e de recente adquisición?.
4ª.- Na edición do 15 de Novembro do diario “La Opinión” saía publicada a denuncia dunha veciña de Boebre polas sucesivas inundacións que viña sofrendo a súa vivenda. No mesmo exemplar aparecían unhas declaracións do Concelleiro de Obras e Servizos nas que afirmaba que a solución a esta situación dependía da entrega dun documento pendente para poder acceder a una subvención da Deputación encamiñada a resolver este tipo de problema. A que subvención se refería e en que situación se atopa a súa concesión?.
5ª.- En que fase están as xestións diante de Portos de Galicia para o cambio da titularidade a favor do Concello da actual concesión que o Eume Deportivo ten no Campo da Gándara, trámite necesario para poder acceder ás axudas necesarias para a construcción dun novo campo de fútbol, e rematar coa lamentable situación actual?.
6ª.- Dentro do programa de actividades para a apertura dos centros públicos fora do horario escolar están o proxecto Integra e proxecto Orienta. O primeiro aínda non se presentou o 18 deste mes, facendo imposible que a súa temporalización proposta de tres meses pola Concellería de Educación se cubra dentro da axuda da Xunta para este ano, xa que tería que estar rematada o 15 de Novembro.
- Vaise continuar en Xaneiro e Febreiro coas actividades do proxecto Integra?
- Poden de feito incluir as actividades do Proxecto Orienta dentro das subvencionadas pola Xunta de Galicia tendo en conta que as actividades aínda non están iniciadas?
- Poderán cobrar as actividades da modalidade D sen realizar, dentro das datas que manda a orde actividades da modalidade B?
- Vendo que a orde da Xunta exclúe os gastos de transporte, por que non se desenvolveu ningunha actividade nas escolas unitarias ou ben se opta por financiarlles o transporte directamente dende o Concello?


