Escrito que, a iniciativa do PSdeG-PSOE, presentamos tódolos Grupos Municipais no Concello

13 nov

Ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Pontedeume:

Os abaixo asinantes, representantes dos grupos políticos da oposición na Corporación Municipal de Pontedeume, desexan manifestar o seguinte:

Primeiro. O pasado ano 2008. o Goberno do Estado creou o Fondo Estatal de Inversión Local, coñecido coma PLAN E (8.000 M€), co obxecto de aumentar a inversión pública no ámbito local, correspondéndolle á nosa Vila algo máis de 1.500.000 €. Con cargo a esta partida, o goberno municipal veu de executar unha serie de obras no noso municipio, para cuia elección non se buscou o acordo cos grupos que integramos a oposición municipal, quedando fora destas actuacións as parroquias de Vilar, Centroña e Boebre, e pese ó cual, e nun exercicio de responsabilidade, facilitamos a súa aprobación plenaria dada a perentoriedade dos prazos contidos na convocatoria e a ameaza da perda da importante axuda inversora concedida ó noso Concello.

Segundo. Por Real Decreto-Ley 13/2009, de 26 de Octubre, (BOE 27/10/09), créase de novo polo Goberno do Estado o “Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local” (5.000 M€), con idéntica finalidade inversora no ámbito local, correspondéndolle a Pontedeume no reparto do montante máis de 900.000 € que deberán ser destiñados a inversións, proxectos e actuacións no noso Concello que contribúan á sostenibilidade económica, social e ambiental.

Terceiro. Tendo transcurridos máis de quince días dende a publicación da norma reguladora sen que os grupos municipais da oposición foramos convocados polo goberno municipal para tentar acordar as actuacións a levar a cabo con cargo a este novo fondo, tendo coñecemento de que xa se está a redactar algún proxecto ó seu abeiro, e dado que o prazo establecido para a aprobación dos proxectos e o inicio de licitación das obras así o permite, por medio do presente escrito os abaixo asinantes solicitamos de Vde. que proceda á maior brevidade a convocar ós representantes dos distintos grupos que integran a Corporación Municipal de Pontedeume, co fin de acadar un acordo en relación cos proxectos a executar no noso municipio con cargo ó Fondo Estatal  para o Emprego e a Sostenibilidade Local.

De non levarse a cabo esta convocatoria, será responsabilidade exclusiva de Vde. e do seu grupo de goberno que a importante inversión prevista para o noso Concello se faga efectiva ou poida verse frustrada.

Agustín Vilariño Gómez (PSdeG-PSOE)
Manuel Rei Romeu (BNG)
Ascensión de Vicente Olarte (COE)
Manuel Agras Fernández (IEP)
Fernando García Sande (Non adscrito)

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.