Archive for Noviembre 2009
Desinterese do Goberno eumés pola área de servizos sociais
No pleno deste mes o Goberno presidido polo Sr. Torrente confirmou a súa deixadez nos asuntos que atinxen aos máis necesitados nin sequera tendo a ben defender o novo regulamento do Servizo de Axuda a Domicilio (S.A.D.).
Logo da sorpresa inicial ao ver que daba a palabra ao noso grupo municipal saltando o habitual intervención da Concelleira responsable da area Sra. Eva Carballeira, tivemos que ser nos os que expuxéramos as liñas xerais do regulamento que vai determinar o funcionamento da axuda aos máis necesitados. Chamando a atención da súa boa feitura técnica e denunciando que os medios, o impulso, a xestión política que é imprescindible para que o S.A.D. funcione eficazmente non existe.
A nosa Concelleira denunciou que:
- Vai para medio ano que o equipo de Traballadoras Sociais está ao 50%.
- A praza de coordinadora de S. Sociais non se cubre.
- Non se recicla ás traballadoras familiares, non se lles oferta o curso para a Lei de Dependencia .
- En caso de baixas e vacacións de traballadoras familiares a súa substitución queda condicionada á disponibilidade do servizo e á dotación presupostaría do mesmo, cousa que este goberno non a ten a ben facer o que levou a reducir os servizos ao máis necesitados todo un verán.
- A financiación depende en gran parte da xestión política das axudas con outros organismos, e en Pontedeume as axudas pasan sen que as aproveiten ou non opten a elas directamente.
- A Axuda a Domicilio a Dependentes leva todo o ano atendida de xeito antiregulamentario ao non ser sacada a concurso, sendo esta situación, que pode levar aos doentes a cambiar de mans cada vez que remate un contrato, derivada da opción privatizadora do goberno do P.P.
- O regulamento de réxime interior e funcionamento de S.A.D. ten unha boa letra pero os políticos teñen a obriga de poñerlle a música e dende o goberno do Partido Popular non están pola labor.
Pechamos a nosa intervención en temas sociais esixídolle ao Sr. Torrente no apartado de Rogos e Preguntas equidade e responsabilidade en todas as áreas do goberno municipal.
Xa que froito da forte crise do goberno da primavera pasada, houbo un cambio no equipo que afectou a unha área vital para os eumeses, a de Servizos Sociais, que, unha vez máis, quedou baixo a dirección do membro do goberno que menos tempo pode dedicarlle.
Continuamos presenciando a pouca premura na cobertura das baixas das traballadoras familiares, e xa vai para medio ano que a plantilla de traballadoras sociais está ó 50%. A coordinación técnica minusvalorase, xa que de feito non hai reponsable. Derivado da súa opción privatizadora, xa terían que ter sacada a concurso á atención ós pedendentes, pola que estamos esperando dende comezos de ano.
Dende o noso grupo municipal, esperamos do Sr. Alcalde un replantexamento que leve a reforzar esta área con máis tempo de dedicación política así como máis dotación persoal, co fin de conquerir unha xestión rápida e eficaz na atención ós cidadáns.
Add comment Noviembre 27, 2009
Rogos que presentamos no Pleno Ordinario de Novembro
1. – Pregamos que a fin de evitar danos se proceda á retirada das duchas que todavía permanezcan nas praias do noso Concello.
2.- Ante as obras de remate que se están a levar a cabo no edificio do Concello, e o inminente traslado das oficinas municipais, pregamos se proceda ó arranxo e posta en funcionamento do reloxo da súa fachada.
3.- Pregamos se prohíba o estacionamento de vehículos dentro da Alameda, cando menos os días de diario.
4.- Pregamos a reposición dunha bombilla no acceso de entrada á Urbanización Villanueva.
5.- Dada a gran velocidade con que circulan os vehículos na zona, pregamos que polo Concello se xestione a colocación de bandas rugosas na recta de Andrade, nas inmediacións do Bar Júpiter.
6.- Pregamos a retirada dun cable de alumeado público tirado no camiño de Riolongo a Bouzalonga, así como o tubo con cableado tirado xunto a fonte de Santiago.
7.- Premos a limpeza do camiño que discorre paralelo á autopista no Vidreiro.
8.- Reiteramos a petición de arranxo dos baches na Avenida Saavedra Meneses.
9.- Reiteramos a petición de arranxo e limpeza de fontes e lavadoiros no noso termo municipal.
10º.- Pregamos se proceda á iluminación da parte traseira dos Almacéns de Raxoi (Rúa Fray Gumersindo Placer).
11º.- Estando finalizando un ano no que se veñen celebrando en todos os Concellos actos con motivo do 30º aniversario das primeiras eleccións municipais democráticas, e tendo aprobada esta Corporación de forma unánime unha moción do noso grupo no pasado mes de Marzo en tal sentido, petición reiterada no Pleno do pasado mes de Xullo, a día de hoxe polo goberno municipal non se celebrou acto algún conmemorativo en tal sentido, incumplindo así un acordo plenario.
Pregamos que, no que resta de ano, se organice algún tipo de evento en torno a esta importante conmemoración, dando así cumplimento á vontade de todos os grupos que integramos esta Corporación e como homenaxe ós que dunha forma activa protagonizaron a vida democrática do Concello de Pontedeume ó longo dos últimos 30 anos.
12º.- Pregamos á Alcaldía equidade e responsabilidade en todas as áreas do goberno municipal:
Froito da forte crise do goberno da primaveira pasada, houbo un cambio no equipo que afectou a unha área vital para os eumeses, a de Servizos Sociais, que, unha vez máis, quedou baixo a dirección do membro do goberno que menos tempo pode dedicarlle.
Continuamos presenciando a pouca premura na cobertura das baixas das traballadoras familiares, e xa vai para medio ano que a plantilla de traballadoras sociais está ó 50%.
A coordinación técnica minusvalorase, xa que de feito non hai reponsable. Derivado da súa opción privatizadora, xa terían que ter sacada a concurso á atención ós pedendentes, pola que estamos esperando dende comezos de ano.
Dende o noso grupo municipal, esperamos do Sr. Alcalde un replantexamento que leve a reforzar esta área con máis tempo de dedicación política así como máis dotación persoal, co fin de conquerir unha xestión rápida e eficaz na atención ós cidadáns.
Add comment Noviembre 26, 2009
Preguntas que levamos ao Pleno de Novembro
1ª.- Cando pensan realmente responsabilizarse do mantenimento do CEIP de Andrade, colocando papeleiras, podando árbores perigosas, limpando os cristais, e sacando a concurso a praza de conserxe?.
2ª.- Ante a non inclusión nas axudas as ANPAS para o 2009 da ANPA do CEIP de Andrade, que pensan facer para que esta asociación non se vexa discriminada das outras do noso Concello?.
3ª.- Cal é a razón pola que non se está a usar a “varredora vial” subvencionada pola Deputación Provincial e de recente adquisición?.
4ª.- Na edición do 15 de Novembro do diario “La Opinión” saía publicada a denuncia dunha veciña de Boebre polas sucesivas inundacións que viña sofrendo a súa vivenda. No mesmo exemplar aparecían unhas declaracións do Concelleiro de Obras e Servizos nas que afirmaba que a solución a esta situación dependía da entrega dun documento pendente para poder acceder a una subvención da Deputación encamiñada a resolver este tipo de problema. A que subvención se refería e en que situación se atopa a súa concesión?.
5ª.- En que fase están as xestións diante de Portos de Galicia para o cambio da titularidade a favor do Concello da actual concesión que o Eume Deportivo ten no Campo da Gándara, trámite necesario para poder acceder ás axudas necesarias para a construcción dun novo campo de fútbol, e rematar coa lamentable situación actual?.
6ª.- Dentro do programa de actividades para a apertura dos centros públicos fora do horario escolar están o proxecto Integra e proxecto Orienta. O primeiro aínda non se presentou o 18 deste mes, facendo imposible que a súa temporalización proposta de tres meses pola Concellería de Educación se cubra dentro da axuda da Xunta para este ano, xa que tería que estar rematada o 15 de Novembro.
- Vaise continuar en Xaneiro e Febreiro coas actividades do proxecto Integra?
- Poden de feito incluir as actividades do Proxecto Orienta dentro das subvencionadas pola Xunta de Galicia tendo en conta que as actividades aínda non están iniciadas?
- Poderán cobrar as actividades da modalidade D sen realizar, dentro das datas que manda a orde actividades da modalidade B?
- Vendo que a orde da Xunta exclúe os gastos de transporte, por que non se desenvolveu ningunha actividade nas escolas unitarias ou ben se opta por financiarlles o transporte directamente dende o Concello?
Add comment Noviembre 26, 2009
Día Internacional contra a Violencia de Xénero
A punto de cumprirse cinco anos da promulgación da Lei Integral de Medidas Urxentes contra a Violencia de Xénero, é a hora de recoñecer o que este marco legal supuxo para a sociedade e a súa transcendencia a nivel mundial: esta medida legal foi imprescindible para que a mentalización social en contra destes crimes calara fondo na sociedade e en especial transcendencia para acadar a protección das vítimas de malos tratos e a figura de respecto e dignidade que foron obtendo as mulleres ao longo estes anos
A Lei Integral demostrou ser un eficaz instrumento. Moitos teñen sido os malos tratos evitados e os asasinatos non cometidos que, grazas á valentía das vítimas e á colaboración cidadá se impediron. Moitas son tamén as mulleres que son, foron e serán protexidas e salvadas dunha situación de grave risco físico e psíquico. E moitos son os e as menores e maiores que puideron saír da espiral de terror e crueldade que os malos tratos significan, grazas a esta Lei e ao seu desenvolvemento.
Pero tamén, e grazas ás referencias marcadas pola Lei Integral, son moitas as persoas que identifican e rexeitan a violencia que existía en costumes e hábitos disfrazados de normalidade.
Neste tempo, as campañas de mentalización social produciron os seus froitos e os enormes medios cos que a Lei foi dotada foron decisivos para minorar os efectos deste terrible atavismo.
Pese a todo isto, esta Lei debe ter percorrido e debe ser complementada e perfeccionada á vista dos datos que amosan os resultados da súa aplicación.
Exactamente igual pasa ca Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero, texto lexislativo aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia e que necesita un pulo importante da administración galega para ser desenvolvida na súa totalidade.
Non podemos pasar por alto que sobreviven mensaxes tanto nas familias e na educación como nos medios de comunicación, na publicidade, na televisión e nos videoxogos que seguen retransmitindo unha imaxe da muller que denigra profundamente o seu papel e a súa situación na sociedade, que a despreza e a anula.
Esta imaxe, terxiversada e malévola, pode calar na mocidade, nos homes e mulleres mozos que aínda están formando a súa personalidade e lles fai reproducir esta violencia. Así, vemos que a idade dos maltratadores e das vítimas é cada vez menor e que os casos de maltrato aumentaron nas franxas de idade inferior a 30 anos.
Isto indica con claridade que o traballo débese intensificar para que a percepción social das mulleres non siga sendo unha imaxe dependente nin de dominación. A educación en valores implica colocar o papel da muller como persoa en igualdade de dereitos e para elo, a educación, tanto na familia como nas aulas, debe ser o eixo das vindeiras actuacións. O desenvolvemento de programas específicos contra a Violencia de Xénero nas Escolas, Institutos e Universidades debe abordarse como o puntal definitivo para rematar ca violencia de xénero.
Pero tamén un compromiso más explícito nos pais e nais para que cuestionen todo aquilo que contribúa á perpetuación dos roles da desigualdade, e para que manden mensaxes directas aos seus fillo se fillas neste senso.
O traballo que queda por facer é moito, e non so no noso país. Aínda existen países en Europa que nin sequera cuantifican os asasinatos por violencia de xénero e nos que estes non son considerados como específicos de violencia contra as mulleres. Entendemos que se debe corrixir este problema durante a Presidencia Española da Unión Europea a partir de Xaneiro de 2010 e para o que xa se anunciou un primeiro paso definitivo, a creación do Observatorio Europeo de Violencia de Xénero e a posta en marcha da Orden de Protección Europea que implicará un nivel de protección uniforme para as vítimas de violencia de xénero en todos os Estados da Unión.
Estamos nun momento no que a sociedade debe asir, aínda con máis decisión, as rendas do cambio de valores na mocidade e faga un chamamento ao respecto, á dignidade, ao valor social imprescindible das mulleres como suxeitos posuidores os dereitos fundamentais á liberdade, á igualdade e á integridade.
O futuro non é só a chegada do tempo esperado. O futuro debe ser construído e esa construción debe ser levantada sobre os piares dos dereitos humanos, de todos eles, si falta algún, como agora sucede ca Igualdade, o futuro nunca chegará. Será como dar voltas atrapados nun burato negro no que o pasado sempre aparecerá ameazante. É certo que todos e todas debemos construír o futuro, pero tamén é verdade que a aportación dos mozos e das mozas é decisiva para que o espazo conquistado sexa un lugar de convivencia onde se atopen a igualdade ca liberdade, e a xustiza ca dignidade. E entón, simplemente, convivir.
Add comment Noviembre 25, 2009
Outro paso máis para conquerir un PXOM
Na sesión plenaria extraordinaria de onte, foi aprobado inicialmente o documento de ordenación urbanística do Concello de Pontedeume.
Este era un trámite máis para a aprobación definitiva deste documento, que coa súa aprobación inicial ábrese a tódolos veciños para que nun prazo de tres meses (aumentado un mes a proposta do PSdeG-PSOE) presenten as alegacións que consideren oportunas para modificar este documento.
Dende o PSdeG-PSOE eumés levamos tempo solicitando a presentación do PXOM ( Xa en novembro do ano pasado, en maio deste ano ou en Setembro) .
Entendemos que o presentado onte é un Plan mellorable, con eivas que xa denunciamos no Pleno como a situación da Praza de España, ou en zonas como Ver ou en Arbosa, ou en Andrade, Nogueirosa ou Ombre, e que como anunciou o noso Voceiro, presentaremos as alegacións que consideramos para melloralo.
Agora é o momento dos veciños e veciñas que, gracias a esta aprobación incial xa teñen acceso a este documento.
Dende o PSdeG-PSOE eumés poñemos a disposición de tódolos veciños a visión deste documento na sede do partido. (Para solicitalo, enche os datos na sección “Contacto” dsta web)
Add comment Noviembre 20, 2009
Sobre o Couceiro Freijomil
Xa van máis de dous meses dende que a Xunta de Galicia recibiu a obra do CEIP “Couceiro Freijomil” (9- 09-09) .
Nese momento e escudándose en problemas económicos a Consellería de Educación non ampliou o presuposto para facer posible que o alumnado poda usar a totalidade das instalacións con seguridade.
Dende o grupo municipal do PSdeG- PSOE denunciamos as deficiencias que se están a atopar ao remate desta obra:
• A parte alta do colexio non se pode acceder por cuestións de seguridade. A ampliación do muro de 1 m. que salva un desnivel de 8 m. comprometida polo Delegado Territorial Sr. Diego Calvo no momento da recepción da obra está sen levar a cabo. Esto implica que os nenos e nenas non poden acceder ao patio cuberto nin ás pistas polideportivas nin ás zonas verdes.
• O patio de infantil ao estar sen completar non cumpre as medidas mínimas que esixe a lexislación actual.
• A delegación do Centro de Formación e Recursos que existía en Pontedeume perdeuse. As novas instalacións, que si existen, seguen esperando por dotación persoal e material mentres ven como chove por elas e a Administración non fai nada, a lo menos, para tapar as pingueiras.
Tivo que inundarse o colexio varias veces con augas fecais e saír o pobo á rúa para que se solucionara o problema dos sumidoiros. Que ten que ocorrer agora para que a Consellería teña a ben solucionar o resto de eivas que ten o Centro? Esperan a que ocorra outro desastre ou ao día antes da inauguración?. E, por último, que tipo de sensibilidade move ao Goberno do Sr. Feijoo coa Escola Pública?.
Add comment Noviembre 14, 2009
Escrito que, a iniciativa do PSdeG-PSOE, presentamos tódolos Grupos Municipais no Concello
Ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Pontedeume:
Os abaixo asinantes, representantes dos grupos políticos da oposición na Corporación Municipal de Pontedeume, desexan manifestar o seguinte:
Primeiro. O pasado ano 2008. o Goberno do Estado creou o Fondo Estatal de Inversión Local, coñecido coma PLAN E (8.000 M€), co obxecto de aumentar a inversión pública no ámbito local, correspondéndolle á nosa Vila algo máis de 1.500.000 €. Con cargo a esta partida, o goberno municipal veu de executar unha serie de obras no noso municipio, para cuia elección non se buscou o acordo cos grupos que integramos a oposición municipal, quedando fora destas actuacións as parroquias de Vilar, Centroña e Boebre, e pese ó cual, e nun exercicio de responsabilidade, facilitamos a súa aprobación plenaria dada a perentoriedade dos prazos contidos na convocatoria e a ameaza da perda da importante axuda inversora concedida ó noso Concello.
Segundo. Por Real Decreto-Ley 13/2009, de 26 de Octubre, (BOE 27/10/09), créase de novo polo Goberno do Estado o “Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local” (5.000 M€), con idéntica finalidade inversora no ámbito local, correspondéndolle a Pontedeume no reparto do montante máis de 900.000 € que deberán ser destiñados a inversións, proxectos e actuacións no noso Concello que contribúan á sostenibilidade económica, social e ambiental.
Terceiro. Tendo transcurridos máis de quince días dende a publicación da norma reguladora sen que os grupos municipais da oposición foramos convocados polo goberno municipal para tentar acordar as actuacións a levar a cabo con cargo a este novo fondo, tendo coñecemento de que xa se está a redactar algún proxecto ó seu abeiro, e dado que o prazo establecido para a aprobación dos proxectos e o inicio de licitación das obras así o permite, por medio do presente escrito os abaixo asinantes solicitamos de Vde. que proceda á maior brevidade a convocar ós representantes dos distintos grupos que integran a Corporación Municipal de Pontedeume, co fin de acadar un acordo en relación cos proxectos a executar no noso municipio con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.
De non levarse a cabo esta convocatoria, será responsabilidade exclusiva de Vde. e do seu grupo de goberno que a importante inversión prevista para o noso Concello se faga efectiva ou poida verse frustrada.
Agustín Vilariño Gómez (PSdeG-PSOE)
Manuel Rei Romeu (BNG)
Ascensión de Vicente Olarte (COE)
Manuel Agras Fernández (IEP)
Fernando García Sande (Non adscrito)
Add comment Noviembre 13, 2009
Comentarios ao Pleno de Outubro
O colapso administrativo é tal no noso Concello que outro mes máis non puidemos nin aprobar actas de plenos anteriores.
O que si se trouxo a Pleno foi a probación provisional das ordenanzas fiscais nº 9,15 e 28 polas taxas da rede de saneamento, subministro de auga e pola prestación do servizo público de piscina e ximnasio respectivamente. Ao longo do exercicio anterior levamos varias veces as nosas queixas pola suba excesiva destas taxas ante unha previsión superior ao IPC que realmente houbo o ano pasado. Este ano as taxas baixaranse un punto, esperando dende o equipo técnico que así se compense o sobrecusto de tres puntos ou máis da revisión anterior, e como dixo o Concelleiro de Facenda, Sr. Otero“La baja se basa en la solicitud del Partido Socialista”.
Antes aprobamos o convenio de colaboración entre Portos e o Concello para a ordenación da Fachada Marítima, o único novidoso e que levou ao debate, foi a condición de poñer, libre de cargas e gravámenes, a execución por parte de Portos a ampliación da rúa Galera coidando, dende o noso grupo, que xa que Portos se encarga de facer unha rúa municipal e xusto que dende o Concello se cumpra esa cláusula.
O punto 6 da orde do día, a aprobación inicial do expediente de modificación de crédito por suplemento de crédito, foi a que iniciou a suba de temperatura neste Pleno. Agás o COE, que voltou a demostrar que cada vez que o Goberno Municipal está en aprietos, esquecen que están na oposición (ou non o están?), e apoiou a ampliación de crédito. Todos os demais compoñentes da bancada da oposición criticamos o descontrol económico do Goberno do PP que está a levar á bancarrota as arcas municipais, que atopou saneadas, incluso con remanente de tesourería de 653.239€ e agora tras esta última modificación só conta con 53.000€ e iso co orzamento que eles quixeron, aprobado en Pleno e que xa foi criticado dende o noso grupo por ser excesivamente optimista en canto a ingresos e polo que están a demostrar nada realista e cando menos irregular en canto a gastos, como demostran os continuos reparos que fai o interventor á xestión económica deste minigoberno do Partido Popular.
Logo de acordar a delegación de competencias na deputación provincial da Coruña en materia de instrucción de expedientes sancionadores por infracción en materia de tráfico pasamos aos rogos e preguntas que por parte do noso grupo os tedes nesta mesma páxina
En canto as preguntas que fixemos:
1ª.- Que xestións realizaron dende o goberno municipal para que nos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2010 comprometan as partidas necesarias para facer realidade o Centro de Día e a Escola Infantil para a nosa Vila? Con que resultados?.
Non fixeron nada baseándose en que como non son quén de ofertar terreos nin para unha cousa, nin para a outra, para que ían solicitar á Xunta que contara con nós nos seus orzamentos. Botámoslles en cara as declaracións do Alcalde en prensa apoiando o borrador dos orzamentos da Xunta onde de arredor de 300 mil€ adicados co último goberno de Fraga a Pontedeume ou arredor do millón de € cada ano do Goberno do Sr. Touriño, pasamos a non aparecer nos orzamentos da Xunta anunciando as alegacións ao borrador dos orzamentos que o noso grupo si vai presentar para que poda ser realidade o Centro de DIA, Escola Infantil, Club Firrete, …
2ª.- Xa que a Concellería de Educación non ten programadas actividades fora do horario escolar para o 1º trimestre do curso 2009-2010, e tendo en conta a escasa actividade do Planet este ano, que proxectos teñen para o tempo de lecer da mocidade?.
As políticas sociais están no ADN do socialismo, e isto é algo máis que unha frase. Sentimos especialmente a perda de servizos , a deixadez e a lixeireza con que se toma o Sr. Crespo os problemas educativos da Vila, e quen di o Concelleiro dí o Alcalde, que non sabe por onde anda e non se decata que está a chocar coa sensibilidade da xente. En contraposición, á nova concelleira polo menos se lle ve respectuosa e aínda que a realidade é igualmente decepciónante a lo menos coas súas palabras intenta transmitir esperanza. O Concelleiro de Educación respostou desdicíndose das súas declaración no pleno de xullo e dicindo que algo fará este trimestre. Amosou o que a Concelleira descoñecía, que o Planet só funcionara de marzo a maio e dixo que procuraría que comezase en decembro- xaneiro
3ª.- En que momento se atopa o proceso de concesión das bolsas de libros e material escolar? Cal foi o número de solicitudes? Vaise tomar algunha medida de reforzo en vista das peculiaridades deste comezo de curso?.
Recepcionáronse moitas pero non aclarou cando ían chegar ás familias. Medida a tomar ningunha, posto que este ano, según o PP, os nenos e nenas de Pontedeume recibiron máis axudas que nunca…
4ª.- Por que aínda está por convocar o regulamentario Consello Escolar Municipal de comezo de curso? Por que nin sequera constituíron o Consello Municipal da Muller?.
Dixo o Concelleiro de Educación que para facilitarlle o traballo aos Centros e darse conta dos problemas que teñen. Dixémoslle directamente que non nos tomara o pelo e que está pisoteándo os dereitos democráticos da poboación eumesa e que a ordenanza redactada polo propio concello, é a que fala da obriga de reunilo a comezos de curso. Para sondear os problemas dos centros e apoiar dende o Concello na resolución dos mesmos non pode haber mellor foro, ao sr Crespo polo que se ve non llo parece, e así vamos… A Concelleira apoiou a nosa demanda e dixo que nos reuniríamos no futuro, dicindo ademais que non entendía porque en máis de 2 anos nin sequera constituíran o CMM
5ª.- Ante a constante demanda das agrupacións dun local, e tendo espazos nos baixos do edificio do Xulgado, por que non se ceden algúns destes locais públicos como se fixo con outras asociacións que xa dispoñen dos mesmos?
Disto de momento non van facer nada. Xa estudiarán, non se comprometeron en cando, a solución á demanda de locais por parte das asociacións eumesas
6ª.- Xa está máis que superado o concurso menor de Gran Dependencia e levamos todo o ano esperando polo prego do concurso público de Gran Dependencia. Unha vez adaptado o regulamento e a ordenanza á nova Lei de xaneiro de 2009, por que aínda no se trouxo a Pleno?.
Aquí remitiunos tamén a unha futura reunión…
7ª.- Tras reiterados e infructuosos rogos efectuados polo noso grupo en esta sede, fíxose por parte do goberno municipal algunha xestión diante da agrupación local do PP para que procedan á retirada dun cartel electoral dese partido que pendura dunha farola de alumeado público do noso casco histórico dende hai cinco meses?.
Agora, despois de meses, din que si que o quitarán, supoñemos que o Partido…
8ª.- Cal foi o balance económico das Festas da Peras deste ano 2009?.
Non o teñen aínda feito. Aproveitamos para denunciar que aínda non fixeran público o do ano pasado, tamén solicitado por nós en Pleno
9ª.-No mes de xullo preséntabasenos aos Grupos da Oposición o proxecto do novo Mercado Municipal, houbo algúnha novidade ao respecto?. Fíxose xa algunha xestión ante a Xunta para a adquisición e posterior derrubo do edificio da “agraria”?. De levarse a cabo o proxecto, ten decidido o Goberno Municipal algunha ubicación para o mercado provisional?.
Tiveron xestións, algunha conversa, pero aínda nada en firme.
10ª.-Tivemos coñecemento estos días da admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG) contra a resolución da alcaldía relativa á aprobación da Oferta Pública de Emprego; tendo en conta o descrito anteriormente, qué medidas ten pensado tomar o Goberno Municipal?, Contempla en algún caso a retirada da mesma?
Non contempla a retirada da mesma
11ª.-Qué xestións se fixeron dende o Grupo de Goberno ante as inundacións do novo CEIP “Couceiro Freijomil”?, contémplase algunha modificación da obra de remodelación da fachada marítima?.
As xestións deron seu froito e está solucionado o problema. Replicámoslles que o puideron ter feito hai máis dun ano. Din que non lles fixeron caso na Xunta a comezos de Setembro e que tiveron que esperar a que o colexio se inundara tres veces, e cando viron a reacción da Comunidade Educativa, entón e so entón, respostaron.
Claro que hai moitos máis problemas en Educación, no Couceiro e nos outros Centros, pero o Sr. Crespo, aínda non escoitou ao Consello Escolar Municipal e vendo as súas actuacións parece que a ninguén máis que teña que ver coa realidade educativa eumesa. Aínda que di que fixo unha sondaxe e pais, nais, nenos e nenas felicitárono polo incremento de actividades…. e iso que perdeu a subvencións para as subvencións de fora de horario escolar por non poder xustificalas…!!! Con quen falaría???
12ª.-Cando ten pensado o Goberno Municipal trasladarse á Casa do Concello?
Polo Nadal
Add comment Noviembre 1, 2009
Rogos que levamos ao Pleno Ordinario de Outubro
1.- Pregamos a reparación dos baches existentes no Camiño do Peteiro, sinalizado polos veciños, e na Avda. Saavedra Meneses, diante de Caixanova.
2.- Pregamos o arranxo das goteiras e do suministro de auga do Pavillón Municipal “A Casqueira”.
3.- Pregamos o arranxo dos desperfectos e afondimentos na propiedade de D. Manuel Criado en Ombre, causados polas recentes obras de alcantarillado na zona.
4.- Na Praza Rosalía de Castro existe unha praza de aparcamento reservada permanentemente por un establecemento hosteleiro da zona, no acceso da antiga discoteca. Pregamos se poña fin a esta situación se non existe vado autorizado.
5.- Na Praza de España hai unha lousa tranversal de formigón afondida, co conseguinte risco para os viandantes. Pregamos o seu arranxo ou sustitución.
6.- Ante as noticias de que por parte do establecemento “GADIS” se está a depositar directamente nos contenedores restos de peixe, osos de gran tamaño e cabezas de animais, e outro material orgánico, sen nengún tipo de bolsa ou envase, pregamos que polo Concello se lle advirta da ilegalidades deste tipo de verquidos, e se controle no sucesivo.
7.- Pregamos a limpeza, arranxo e mantenemento dos contenedores soterrados, ante o lamentable estado que presentan moitos deles.
8.- Pregamos que polo goberno se fagan as xestións necesarias para a limpeza, arranxo e reposición das marquesinas do noso termo municipal.
9.- Pregamos se tomen as medidas necesarias para que, por quen resulte ser o autor, se proceda ó arranxo dun socavón causado por un camión nas Vivendas “Salgado Torres”, recentemente cementada.
10.- Pregamos se axilice o pago das axudas concedidas o pasado mes de marzo ás ANPAS dos centros educativos da Vila.
11.- No DOG do día de hoxe, e dentro do apartado de “Nomeamentos”, aparece a composición da Comisión de Participación Cidadá do Área Sanitaria de Ferrolterra, figurando como representante do noso Concello neste órgano Ruth García Campos. Por razóns evidentes, pregamos a sustitución da devandita representante.
Add comment Noviembre 1, 2009