Archivo | 7:49 am

Segue o abandono das zonas verdes da nosa Vila.

26 sep

P1430815

Dende o Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume queremos denunciar o estado de total abandono no que se atopan as zonas verdes sitas nas parroquias da nosa vila, situación que vimos denunciando dende hai xa tempo, sen que o Goberno do Sr. Torrente tome as medidas necesarias para corrixir esta situación.

Os parques atópanse invadidos pola maleza, con o seu “escaso” mobiliario deteriorado e nalgunhas ocasións, ateigados de lixo, o que fai que sexan case inutilizables. Exemplos claros son os do de Vizús (Centroña), o da Regueira (Altos de Ombre) ou o mirador de Cabría entre outros.
Desgraciadamente esta situación non se da só nesas zonas de lecer, tamén afecta aos lavadoiros, ás fontes e a os camiños públicos de todo o termo municipal.

Novamente estamos ante a constatación da nefasta e case inexistente xestión na área de Servizos dirixa polo Sr. Crespo, máis preocupado por favorecer a intereses privados que de cumplir con as súas obrigas como máximo responsable desta concellería.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.