1.- Moitas das actividades desenvolvidas dende o Concello así como a creación dalgunhas prazas, dependen da recepción de subvencións doutras administracións. Preocúpanos a perda de axudas xa concedidas e tamén a non adxudicación doutras, como ocorreu recentemente coas dirixidas ó fomento da igualdades ou ó tratamento integral da violencia de xénero. Dando por sentada a sensibilidade deste goberno nestes temas, rogamos optimicen a súa xestión para que Pontedeume non se vexa máis prexudicado pola perda de axudas ás que sí acceden concellos veciños.
2.- Pregamos a colocación dun contenedor do lixo na zona da Veiga (Ombre), á altura do número 58-A.
3.- Pregamos o rozado e limpeza do camiño que vai da canteira de A Orela ó Chao de Ombre.
4.- Pregamos a colocación dun punto de luz na Mediña, en Ombre, e no camiño de Pilleiro, en Boebre.
5.- Durante as obras de asfaltado do camiño de Pilleiro rompeuse a tubería do alcantarillado á altura do número 53-A, o que fai que os días de fortes precipitacións al augas rebasen na vivenda. Dada a gravidade dos feitos, pregamos o seu arranxo inmediato.
6.- Pregamos a limpeza e arranxo de:
- Mirador de Cabría.
- Urbanización “Boa Vista”, e substitución de bombillas de alumeado público que se atopan fundidas.
- Lavadoiros de Centroña e Esteiro.
- Reixas dos sumidoiros en Ventosa.
- Fonte da Praza Rosalía de Castro e da Rúa Santiago.
- Sumidoiros do centro da Vila, en especial da parte alta das Rúas Real e Ferreiros.
7.- Pregamos a substitución das bombillas fundidas dos focos do Parque Sarmiento e da Alameda.
8.- Pregamos que, tal e como se anunciou hai xa varios meses por parte do grupo de goberno, se saquen a concurso as tan necesaria prazas vacantes da RPT, coma a de capataz de vías e obras, as de Policía Local, peóns do servizo de limpeza, conserxe, etc.
9.- Ante as noticias da contratación dunha empresa para levar a cabo labores de desinfección e limpeza nos colexios da nosa Vila de cara a evitar a aparición e propagación da Gripe A, situación que esperamos non supoña unha privatización encuberta dos servizos de limpeza dos edificios municipais dada a debilidade que sinte o Concelleiro responsable deste área por favorecer ó sector privado, pregamos que o goberno municipal reforce ditos planteis tendo en conta o aumento dos metros cadrados do novo CEIP “Couceiro Freijomil”, así como o deficiente servizo que se está a dar en outros inmóbeis cuia titularidade está en mans do Concello.
10.- Ante as queixas recibidas por parte dos veciños da zona, e de moitos eumeses máis, pregamos a retirada da carpa instalada hai máis dun mes na Praza da Calzada.
11.- Un último rogo, que pretende ser ademais unha reflexión sobre o modo en que ha de entenderse o exercicio da actividade política. O pasado mes de Agosto, militantes socialistas repartiron o noso boletín pola Vila e polas parroquias do Concello, no que, principalmente, se facía balance da actuación do goberno local nos dous primeiros anos. A nosa sorpresa xurdiu ó comprobar como, na parroquia de Ombre, días despois era distribuído con nocturnidade por parte dun grupo de persoas vinculadas política e empresarialmente ó goberno municipal e ó grupo político que o sustenta, uns panfletos nos que se descalificaba grave e persoalmente ós compañeiros que á luz do día repartiran na parroquia o noso boletín, chegando a empapelar a entrada do negocio da familia dun deles, que, curiosamente e dende hai tempo, ven sufrindo como empregado municipal unha situación que linda, cando non invade, o acoso laboral, imaxinamos que por desafecto.
Lamentamos que a estas alturas de vida democrática do noso país, aínda queden personaxes que non saiban deslindar o exercicio da lexítima crítica política do ámbito estrictamente persoal, algo que críamos felizmente superado xa hai moito tempo, polo que pregamos un esforzo en favor da dignificación da actividade política, da tolerancia e do escrupuloso respecto ós que pensan distinto que nos, que, ademais dun principio democrático básico, é unha parte importante do compromiso que adquirimos diante dos veciños de Pontedeume todos os que integramos esta Corporación.


