Preguntas que levamos ao Pleno Ordinario de Setembro

22 sep

1ª.- En educación infantil 0-3 anos (E. M. “Chalé Rosa”), que porcentaxe do total de solicitudes de cada nivel acadou praza? Que medidas se tomaron para mellorar a situación?.

2ª.- Cal foi o número de solicitudes para axudas municipais de libros e material escolar presentadas este ano? Vaise tomar algunha medida de reforzo en vista das peculiaridades deste comezo de curso?.

3ª.- Que medidas se tomaron para que o Centro de Formación do Profesorado continúe na nosa Vila? Por que non está xa funcionando nas súas instalacións do CEIP “Couceiro Freijomil”?.

4ª.- Que funcións terán as diferentes salas da Casa da Cultura? Previron a instalación da rede WIFI nalgún dos locais públicos que están a ser reformados?.

5ª.- Que porcentaxe de expedientes dos presentados a través do Concello están de feito acollidos ás prestacións da denominada Lei de Dependencia? Cantos faltan por valorar, por ter o PIA correspondente e por recibir as axudas? Cal foi a xestión política do noso goberno para acelerar o proceso?.

6ª.- Cal é o estado das xestións que se están a levar a cabo dende o Concello para a construcción das novas instalacións do C.N. Firrete no Porto de Pontedeume?.

7ª.- Cal é a situación do solar colindante coa Praza de España?.

8ª.- Foi entregada xa ó Concello a obra do alcantarillado de Ombre?.

9ª.- Que medidas se tomaron ou se pensan tomar ante o roubo, novamente, do busto de Ulpiano Villanueva?.

10ª.- Ten pensado o goberno municipal convocar en breve unha comisión informativa para permitir que os grupos da oposición fagamos propostas de cara ás obras do POS do vindeiro ano, como fixo cos representantes das AA.VV.?.

11ª.- Xa hai días que por parte duns traballadores se está a levar a cabo a substitución das pedras da Rúa Real que se encontran en mal estado por outras novas. Que tipo de contrato teñen? Facturan por obra ou por horas?

12ª.- No derradeiro Pleno se nos emprazaba ós grupos municipais a unha inminente xuntanza co equipo redactor do PXOM, que, como en ocasións anteriores, non se chegou a celebrar.

Sobre o estado de tramitación do documento urbanístico se preguntan e nos preguntan moitos eumeses,  e máis recentemente o propio Valedor do Pobo,  sen que poidamos dar resposta porque o argumento da emisión dos preceptivos informes polos técnicos municipais dado polo goberno, xa o veñen reiterando dende hai tres meses, o que lle resta credibilidade e da pábulo a comentarios, rumores e acusacións de escurantismo que en nada benefician á pacífica e consensuada tramitación que todos desexamos a un documento da importancia que para o futuro de Pontedeume ten o PXOM.

Por todas estas razóns, gustaríanos saber cal é a actual situación da tramitación do documento, que pasos se están a dar, e que previsións manexa o grupo de goberno para a súa presentación ós grupos municipais e posterior aprobación inicial do Plan polo Pleno da Corporación?.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.