Acto sobre educación.

19 sep

actoedu

O PSdeG-PSOE eumés desenvolveu no día de onte o acto da campaña “a gratuidade dos libros de texto é un dereito, deféndeo”. Este acto contou con representantes das Asociacións de nais e pais (Anpas), asociacións de veciños, corpos docentes, militantes e veciños e veciñas.

O obxectivo foi denunciar a insolidariedade do goberno de Feijóo, que  suporá que tres cuartas partes dos escolares galegos perderán os libros de texto gratuítos, co que dos 221.000 alumnos que iniciarán este novo curso escolar en Galicia, só 55.000 recibirán unha axuda equivalente ao custo dos libros.

Os socialistas lembran que “co modelo do PP 130.000 familias pagarán os libros de texto este curso, o que significa que o 78% perderán ese dereito”. Ademais, con este sistema unha parella con un fillo e un salario de 559 euros brutos ao mes cada un xa non ten dereito ás axudas, do mesmo xeito que, no caso de ter dous fillos, perden as axudas en canto perciben 771 euros ao mes cada un”.

O PSdeG destaca que o modelo implantado polos socialistas e baseado no sistema de préstamo conseguiu que Galicia pasase a ser a comunidade coa “volta ao cole máis barata” mentres que o modelo do PP “é un paso atrás, que implica ademais a supresión de dereitos consolidados pola cidadanía” xerando para moitas familias un novo tributo “a prol da privatización”.

Por elo os socialistas esixen á volta ao modelo anterior, que  “está consolidado tamén noutras comunidades autónomas e avalado por docentes e asociacións de nais e pais de alumnos”, e que supón a gratuidade dos libros para o 100% da cidadanía garantindo así o dereito a un sistema educativo público, universal e gratuíto, que é un dos piares do Estado de Benestar.

actoedu2

Advertisement

Una respuesta hacia “Acto sobre educación.”

  1. felix octubre 3, 2009 a 9:00 am #

    Un par de cousiñas. Sabedes que foron nacionalistas e socialistas quen comezaron xa no curso anterior co recorte (profesorado, cartos) o ataque contra o ensino público) que foron estes os que introduciron a Relixión Católica! nos dous cursos de Bacharelato, a costa de ensinanzas básicas e formativas.
    Por certo, existen corpos e forzas de seguridade, por fortuna non “corpos docentes”

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.