Archivo | septiembre, 2009

Segue o abandono das zonas verdes da nosa Vila.

26 sep

P1430815

Dende o Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume queremos denunciar o estado de total abandono no que se atopan as zonas verdes sitas nas parroquias da nosa vila, situación que vimos denunciando dende hai xa tempo, sen que o Goberno do Sr. Torrente tome as medidas necesarias para corrixir esta situación.

Os parques atópanse invadidos pola maleza, con o seu “escaso” mobiliario deteriorado e nalgunhas ocasións, ateigados de lixo, o que fai que sexan case inutilizables. Exemplos claros son os do de Vizús (Centroña), o da Regueira (Altos de Ombre) ou o mirador de Cabría entre outros.
Desgraciadamente esta situación non se da só nesas zonas de lecer, tamén afecta aos lavadoiros, ás fontes e a os camiños públicos de todo o termo municipal.

Novamente estamos ante a constatación da nefasta e case inexistente xestión na área de Servizos dirixa polo Sr. Crespo, máis preocupado por favorecer a intereses privados que de cumplir con as súas obrigas como máximo responsable desta concellería.

Rogos que levamos ao Pleno Ordinario de Setembro

24 sep

1.- Moitas das actividades desenvolvidas dende o Concello así como a creación dalgunhas prazas, dependen da recepción de subvencións doutras administracións. Preocúpanos a perda de axudas xa concedidas e tamén a non adxudicación doutras, como ocorreu recentemente coas dirixidas ó fomento da igualdades ou ó tratamento integral da violencia de xénero. Dando por sentada a sensibilidade deste goberno nestes temas, rogamos optimicen a súa xestión para que Pontedeume non se vexa máis prexudicado pola perda de axudas ás que sí acceden concellos veciños.

2.- Pregamos a colocación dun contenedor do lixo na zona da Veiga (Ombre), á altura do número 58-A.

3.- Pregamos o rozado e limpeza do camiño que vai da canteira de A Orela ó Chao de Ombre.

4.- Pregamos a colocación dun punto de luz na Mediña, en Ombre, e no camiño de Pilleiro, en Boebre.

5.- Durante as obras de asfaltado do camiño de Pilleiro rompeuse a tubería do alcantarillado á altura do número 53-A, o que fai que os días de fortes precipitacións al augas rebasen na vivenda. Dada a gravidade dos feitos, pregamos o seu arranxo inmediato.

6.- Pregamos a limpeza e arranxo de:

- Mirador de Cabría.
- Urbanización “Boa Vista”, e substitución de bombillas de alumeado público que se atopan fundidas.
- Lavadoiros de Centroña e Esteiro.
- Reixas dos sumidoiros en Ventosa.
- Fonte da Praza Rosalía de Castro e da Rúa Santiago.
- Sumidoiros do centro da Vila, en especial da parte alta das Rúas Real e Ferreiros.

7.- Pregamos a substitución das bombillas fundidas dos focos do Parque Sarmiento e da Alameda.

8.- Pregamos que, tal e como se anunciou hai xa varios meses por parte do grupo de goberno, se saquen a concurso as tan necesaria prazas vacantes da RPT, coma a de capataz de vías e obras, as de Policía Local, peóns do servizo de limpeza, conserxe, etc.

9.- Ante as noticias da contratación dunha empresa para levar a cabo labores de desinfección e limpeza nos colexios da nosa Vila de cara a evitar a aparición e propagación da Gripe A, situación que esperamos non supoña unha privatización encuberta dos servizos de limpeza dos edificios municipais dada a debilidade que sinte o Concelleiro responsable deste área por favorecer ó sector privado, pregamos que o goberno municipal reforce ditos planteis tendo en conta o aumento dos metros cadrados do novo CEIP “Couceiro Freijomil”, así como o deficiente servizo que se está a dar en outros inmóbeis cuia titularidade está en mans do Concello.

10.- Ante as queixas recibidas por parte dos veciños da zona, e de moitos eumeses máis, pregamos a retirada da carpa instalada hai máis dun mes na Praza da Calzada.

11.- Un último rogo, que pretende ser ademais unha reflexión sobre o modo en que ha de entenderse o exercicio da actividade política. O pasado mes de Agosto, militantes socialistas repartiron o noso boletín pola Vila e polas parroquias do Concello, no que, principalmente, se facía balance da actuación do goberno local nos dous primeiros anos. A nosa sorpresa xurdiu ó comprobar como, na parroquia de Ombre, días despois era distribuído con nocturnidade por parte dun grupo de persoas vinculadas política e empresarialmente ó goberno municipal e ó grupo político que o sustenta, uns panfletos nos que se descalificaba grave e persoalmente ós compañeiros que á luz do día repartiran na parroquia o noso boletín, chegando a empapelar a entrada do negocio da familia dun deles, que, curiosamente e dende hai tempo, ven sufrindo como empregado municipal unha situación que linda, cando non invade, o acoso laboral, imaxinamos que por desafecto.

Lamentamos que a estas alturas de vida democrática do noso país, aínda queden personaxes que non saiban deslindar o exercicio da lexítima crítica política do ámbito estrictamente persoal, algo que críamos felizmente superado xa hai moito tempo, polo que pregamos un esforzo en favor da dignificación da actividade política, da tolerancia e do escrupuloso respecto ós que pensan distinto que nos, que, ademais dun principio democrático básico,  é unha parte importante do compromiso que adquirimos diante dos veciños de Pontedeume todos os que integramos esta Corporación.

Preguntas que levamos ao Pleno Ordinario de Setembro

22 sep

1ª.- En educación infantil 0-3 anos (E. M. “Chalé Rosa”), que porcentaxe do total de solicitudes de cada nivel acadou praza? Que medidas se tomaron para mellorar a situación?.

2ª.- Cal foi o número de solicitudes para axudas municipais de libros e material escolar presentadas este ano? Vaise tomar algunha medida de reforzo en vista das peculiaridades deste comezo de curso?.

3ª.- Que medidas se tomaron para que o Centro de Formación do Profesorado continúe na nosa Vila? Por que non está xa funcionando nas súas instalacións do CEIP “Couceiro Freijomil”?.

4ª.- Que funcións terán as diferentes salas da Casa da Cultura? Previron a instalación da rede WIFI nalgún dos locais públicos que están a ser reformados?.

5ª.- Que porcentaxe de expedientes dos presentados a través do Concello están de feito acollidos ás prestacións da denominada Lei de Dependencia? Cantos faltan por valorar, por ter o PIA correspondente e por recibir as axudas? Cal foi a xestión política do noso goberno para acelerar o proceso?.

6ª.- Cal é o estado das xestións que se están a levar a cabo dende o Concello para a construcción das novas instalacións do C.N. Firrete no Porto de Pontedeume?.

7ª.- Cal é a situación do solar colindante coa Praza de España?.

8ª.- Foi entregada xa ó Concello a obra do alcantarillado de Ombre?.

9ª.- Que medidas se tomaron ou se pensan tomar ante o roubo, novamente, do busto de Ulpiano Villanueva?.

10ª.- Ten pensado o goberno municipal convocar en breve unha comisión informativa para permitir que os grupos da oposición fagamos propostas de cara ás obras do POS do vindeiro ano, como fixo cos representantes das AA.VV.?.

11ª.- Xa hai días que por parte duns traballadores se está a levar a cabo a substitución das pedras da Rúa Real que se encontran en mal estado por outras novas. Que tipo de contrato teñen? Facturan por obra ou por horas?

12ª.- No derradeiro Pleno se nos emprazaba ós grupos municipais a unha inminente xuntanza co equipo redactor do PXOM, que, como en ocasións anteriores, non se chegou a celebrar.

Sobre o estado de tramitación do documento urbanístico se preguntan e nos preguntan moitos eumeses,  e máis recentemente o propio Valedor do Pobo,  sen que poidamos dar resposta porque o argumento da emisión dos preceptivos informes polos técnicos municipais dado polo goberno, xa o veñen reiterando dende hai tres meses, o que lle resta credibilidade e da pábulo a comentarios, rumores e acusacións de escurantismo que en nada benefician á pacífica e consensuada tramitación que todos desexamos a un documento da importancia que para o futuro de Pontedeume ten o PXOM.

Por todas estas razóns, gustaríanos saber cal é a actual situación da tramitación do documento, que pasos se están a dar, e que previsións manexa o grupo de goberno para a súa presentación ós grupos municipais e posterior aprobación inicial do Plan polo Pleno da Corporación?.

Zapatero explica la ‘hoja de ruta’ del Gobierno

20 sep

Acto sobre educación.

19 sep

actoedu

O PSdeG-PSOE eumés desenvolveu no día de onte o acto da campaña “a gratuidade dos libros de texto é un dereito, deféndeo”. Este acto contou con representantes das Asociacións de nais e pais (Anpas), asociacións de veciños, corpos docentes, militantes e veciños e veciñas.

O obxectivo foi denunciar a insolidariedade do goberno de Feijóo, que  suporá que tres cuartas partes dos escolares galegos perderán os libros de texto gratuítos, co que dos 221.000 alumnos que iniciarán este novo curso escolar en Galicia, só 55.000 recibirán unha axuda equivalente ao custo dos libros.

Os socialistas lembran que “co modelo do PP 130.000 familias pagarán os libros de texto este curso, o que significa que o 78% perderán ese dereito”. Ademais, con este sistema unha parella con un fillo e un salario de 559 euros brutos ao mes cada un xa non ten dereito ás axudas, do mesmo xeito que, no caso de ter dous fillos, perden as axudas en canto perciben 771 euros ao mes cada un”.

O PSdeG destaca que o modelo implantado polos socialistas e baseado no sistema de préstamo conseguiu que Galicia pasase a ser a comunidade coa “volta ao cole máis barata” mentres que o modelo do PP “é un paso atrás, que implica ademais a supresión de dereitos consolidados pola cidadanía” xerando para moitas familias un novo tributo “a prol da privatización”.

Por elo os socialistas esixen á volta ao modelo anterior, que  “está consolidado tamén noutras comunidades autónomas e avalado por docentes e asociacións de nais e pais de alumnos”, e que supón a gratuidade dos libros para o 100% da cidadanía garantindo así o dereito a un sistema educativo público, universal e gratuíto, que é un dos piares do Estado de Benestar.

actoedu2

Acto público: A gratuidade dos libros de texto é un dereito, deféndeo!!

15 sep

actoeducacion

Este venres 18 de Setembro ás 20:00h, no Centro Municipal de Maiores

Felices festas a todos e todas!!!

2 sep

pera

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.