Preguntas que levamos ao Pleno Ordinario de Agosto.

25 ago

1ª.- Que xestións se están a realizar polo goberno municipal ante o cese por parte de SOGAMA da recepción de residuos voluminosos a partires do 1 de Setembro?.

2ª.- Cal é a situación da Casa do Concello, que permanece pechada tras a finalización das obras? Que outras actuacións están previstas no edificio?.

3ª.- Teñen proxectado o curso de formación homologado para axuda a domicilio? Cando se vai realizar? Vaise facer algún outro curso de formación no noso Concello?.

4ª.- Vaise contratar unha segunda educadora familiar?

5ª.- Como pensan cubrir as vacacións da única traballadora social que na actualidade hai en Asuntos Sociais? Cando estña previsto que se cubra a outra praza de traballadora social? Dada a escaseza de persoal e o moito traballo deste área, pensan reestructurar ou ampliar o seu organigrama?

6ª.- Planificouse algún cambio na Unidade de Mantenimento de Colexios Públicos? Vai ser realidade o segundo Conserxe? Estarán os colexios a punto o 1 de Setembro para o comezo do curso? Axilizarase este ano a cobertura en caso de baixas, faltas, vacacións, etc., do persoal de limpeza, e a dotación de material que dependa do Concello?

7ª.- Serán quen de garantir este ano a seguridade durante as festas para que, actos tan esperados como a saída dos Mómaros na Praza Real o día 7, se desenvolvan con normalidade e non volvan a verse alterados?

8ª.- Que razóns existen para non ceder un local ó Pontumio no baixo do Xulgado?

9ª.- Fíxose algunha xestión ante as denuncias presentadas no Concello por veciños de Vista Alegre, a causa dun vertedoiro ilegal nesa zona?

10ª.- Tomou o goberno local algunha medida ante a instalación dun tellado de pizarra nunha vivenda de recente restauración na zona do río de Cermuzo?

11ª.- Fíxose algunha xestión diante da Xunta para a adquisición e posterior derrubo do edificio da “agraria”, tal e como está contemplado no proxecto do novo Mercado Municipal?

12ª.- Que medidas tomou o goberno local ante as numerosas queixas dos veciños da parroquia de Ombre a causa das obras de instalación de alcantarillado que se están a acometer con cargo ó Fondo Estatal de Investimento Local, que deixa fora de cobertura deste servizo a varias vivendas e instalacións da zona?

13ª.- Cal é a razón de que algúns veciños desta mesma parroquia non recibiran aínda a licencia de obra para o arranxo dos tellados das vivendas situadas nas cercanías do parque natural e con cargo ás axudas da Consellería de Medio Ambiente? Considerase esta actuación en todos os casos obra maior?

14ª.- Fomos informados hai uns días por veciños da zona, da presenza dunha mancha de considerables dimensións nos arredores da Macuca, procedente da depuradora municipal, así como dun forte cheiro. Está a depuradora a funcionar correctamente? Son normais este tipo de verquidos?

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.