Pontedeume queda sen campamentos municipales

Julio 9, 2009

foto_campamentoAs ansias privatizadoras do Goberno do PP Eumés acabaron cun servizo público máis na nosa vila.

O ano pasado quedamos sen campamento urbano e este ano o Concello de Pontedeume ven de suspender as tres quendas que tiña programadas para nenos de 4 a 8 e de 8 a 16 anos.

Este ano externalizara por 2º ano consecutivo a xestión desta actividade, na empresa que tamén leva as actividades deportivas sen o contrato pertinente dende Outubro. Desentendéndose os responsábeis do P.P. de tal xeito, que nin foran ver o lugar onde os campamentos íanse celebrar.

Ante a denuncia da nosa Concelleira Mª Carme Cascallar, despois de visitar a finca, previndo ao alcalde de que a Casa de Irixoa non cumpría as mínimas condicións de seguridade para desenvolver unha actividade de varios días con nenos e nenas destas idades e a falta de matrícula forzou ao Sr. Torrente a suprimir os campamentos.

Os eumeses e eumesas gozaban duns campamentos municipais con xestión directa dos técnicos de Servizos Sociais aos que coñecían e confiaban os seus fillos e fillas que organizaban campamentos  cada ano dende  1991  de gran prestixio e demanda na contorna. Para os pequenos curtos e próximos, e para os mozos e mozas de ata 16 anos máis longos en tempo e desprazamentos, incluso fora  da nosa Comunidade Autónoma (Toledo, León, Burgos… ) o que era máis atractivo e enchía tódolos anos esta actividade.

Ante o tipo de xestión actual do Concello de mais de 100 nenos e nenas que participaban cada ano, pasamos a suspender por falta de demanda.

O suposto control do gasto levou a unha oferta que o pobo non quixo. Na calidade e seguridade para a infancia e mocidade da Vila non podemos aforrar.

Dende o grupo municipal do PSde G –PSOE instamos ao Goberno do PP que recapacite ante esta mostra máis de que a cidadanía non comparte a xestión privada cando a pública estaba a dar servizos de probada calidade.

Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Contacto:

Entra na sección "Contacto:" e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Julio 2009
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds