PREGUNTAS:
1ª.- Que actividades teñen proxectadas para paliar a perda dos Campamentos de Verán deste ano?
2ª.- Qué xestións realizaron coa Consellería de Educación ante a posible perda da Escola de Centroña e o CEFORE da nosa Vila? Cales foron os resultados?
3ª.- Que xestións se fixeron diante da Xunta para a revisión e ampliación da sinalización toponímica?
4ª.- Por que este ano non se celebrou a Gala do Deporte?
5ª.- Hai meses denunciabamos no Pleno un desmonte ilegal levado a cabo en Vista Alegre. Tomouse algunha medida dende o grupo de goberno? De ser así, cal foi?
6ª.- Cando se vai a sacar a concurso o mantenemento do alumeado público municipal, a plaza de administrativo vacante en Secretaría e as plazas de Policía Municipal?
7ª.- Tempo atrás denunciabamos públicamente o estado de abandono en que se atopa a parte alta do parque Alcalde Sarmiento, na que a maleza o invade todo e o mobiliario está roto ou desaparecido. Recentemente foi pechado cunha valla metálica na que pendura un curioso cartel que prohíbe o paso a toda persoa allea á obra. A qué obra se está a referir?
ROGOS:
1.- Pregamos o arranxo da unión da Praza do Pan coa Rúa Ferreiros.
2.- Pregamos o arranxo do pavimento na parte baixa da Rúa Real, podéndose observar dous baches, un dos cuales foi arranxado recentemente con pouca fortuna.
3.- Pregamos o rozado e limpeza do camiño da Xudea, entre o Souto da Vila e a Traída.
4.- Pregamos a reposición da tapa da arqueta de alcantarillado existente en Centroña, xunto os contenedores situados fronte a baixada á praia.
5.- Pregamos a arranxo dos baches existentes á altura de Caixanova, e no cruce da Rúa Río Eume e Mestre Álvaro Vázquez.
6.- Pregamos se proceda á limpeza e coidado das fontes do noso Concello, e dun modo especial a de Santiago, que se atopa invadida pola maleza e o musgo en pleno centro urbano.
7.- Ante as queixas que nos fixeron chegar veciños da zona, pregamos se controle o horario de ensaio no local do Parque Sarmiento ou que se insonorice debidamente.
8.- Pregamos que se proceda á limpeza do tellado dos Almacéns de Raxoi.
9.- Pregamos que se dé cumprimento ó informado polo Aparellador municipal, e se proceda á retirada das chantas de pedra do Camiño da Agra.
10.- Pregamos que se dirixan ó comité local do PP para que proceda á retirada dun cartel electoral pendurado dunha farola na Praza do Pan esquina Rúa Ferreiros.
11.- Pregamos se proceda ó pintado dos pasos de cebra do casco urbano, especialmente os da Avenida Lombardero.
12.- Pregamos axilicen o prego do concurso público de Gran Dependencia, e se valore no mesmo a experiencia en coidados paliativos e na atención ós dependentes da nosa Vila, a oferta de axuda a domicilio reforzada con outros servizos, e que sexan entidades sen ánimo de lucro, tal e como defendimos no seu momento, e que non se tivo en conta ofertándose só a empresas privadas.
13.- No eido deportivo, e dado que en breve deberán sacar a concurso o cuidado e organización de actividades deportivas no Pavillón Municipal, pregamos a ampliación do seu horario de apertura á tarde dos domingos para facilitar as competicións dese día, melloren a seguridade e repoñan a megafonía.
14.- Seguindo coa organización de actividades deportivas, e ante o éxito acadado por varias celebradas recentemente, pregamos ó goberno que facilite o seu desenvolvemento, axilizando os trámites burocráticos, cedendo o local tan solicitado nos baixos do Xulgado, e facendo efectivas as axudas económicas ós clubes aprobadas en febreiro e aínda non abonadas.
15.- O pasado mes de Marzo presentabamos unha Moción con motivo do 30º aniversario das primeiras eleccións municipais democráticas, na que se acordou a realización dunha serie de actos e iniciativas conmemorativas desta data, relacionadas coa vida e historia democrática do Concello. Pregamos que o primeiro acto que en tal sentido organice o noso Concello, sirva como homenaxe á memoria e ó traballo de Gloria Mantecón, que adicou os últimos 25 anos da súa vida ós Servizos Sociais da nosa Vila.
16.- Vimos de ter coñecemento que para a próxima semana polo Concello pretendese derrubar un chalé na parroquia de Nogueirosa, un mes antes do prazo dado polo Xulgado. Non entendemos esta urxencia, máxime nun momento no que a Xunta de Galicia está presentando unha reforma de máis de 40 artigos da Lei do Solo –que se pretende aprobar entre Setembro e Outubro- que amplía as posibilidades constructivas no rural creando novas tipoloxías de núcleos, como o núcleo rural disperso, e que podería permitir a legalización dos chalés afectados nun breve plazo, como xa apuntou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o pasado mes de decembro, e que xa lle foi comunicado ó Alcalde por este portavoz. Este adianto no derrubo, ademáis, cercernaría as posibilidades de defensa xurídica ó dono do chalé afectado, e limitaría as xestións administrativas e xudiciais que poida levar a cabo neste tempo para evitar o derrubo e legalizar a situación. Por todo iso, pregamos ó goberno municipal, e ó Sr. Alcalde en particular, que dilate todo o posible a demolición, e realice todas as xestións necesarias diante dos órganos urbanísticos da Xunta para coñecer o alcance da reforma anunciada, e a posibilidade de aplicación ó presente caso, con altitude de miras e pensando na situación en que se atopan os veciños afectados, e non tratando de sacrificar a algún aparentado firmeza para tentar sacar réditos políticos a costa dos grupos da oposición. Finalmente puntualizar que a licencia coa que se construiu este chalé, contaba con informe técnico e xurídico favorable, polo que tiña que otorgarse polo carácter reglado das licencias; e, en segundo lugar, que si o que teme o Alcalde é unha posible multa de 600 € do Tribunal por non executar a demolición, si a tivese que aboar personalmente, que non vai ser o caso, o grupo socialista lle entregaría as dietas de dous plenos para que a faga efectiva.
Acábanse de cumprir dous anos dende a chegada do goberno municipal do PP ó noso Concello, unha etapa caracterizada polo retroceso na xestión e un claro deterioro institucional, e que podemos resumir en tres termos que veñen presidindo a súa actuación: inestabilidade, autoritarismo e escurantismo.
El Alcalde, Sr. Torrente, no hizo lo que comprometía en su programa electoral de no permitir su marcha.
As ansias privatizadoras do Goberno do PP Eumés acabaron cun servizo público máis na nosa vila.


