Archivo | 12:24 pm

Outra subvención perdida….. e van……

26 jun

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE denuncia a ausencia do Concello de Pontedeume na relación de axudas que a Deputación da Coruña ven de otorgar o pasado 10 de xuño dentro do Programa “Limpeza de praias anualidade 2009”.

Na lista de concellos destinatarios destas axudas, que foron convocadas no BOP de 1 de Abril de 2009, aparece o veciño Concello de Cabanas, cunha axuda concedida de 22.400 €, o de Ares, con 28.000 €, Cedeira, con 11.107,56 €, Ortigueira con 30.000 €, e moitos máis concellos costeiros da provincia.

O motivo da ausencia de Pontedeume, está en que o goberno municipal non solicitou esa axuda, que é compatible con calqueira outra que poida conceder a Xunta de Galicia ou outra administración para similar actividade.

Estamos ante un exemplo máis da deixadez e falla de iniciativa e interese do noso goberno municipal, que tamén foi denunciado pola ex-concelleira Ruth García no seu escrito de renuncia, e que xa tivo outra manifestación o pasado ano, cando Pontedeume perdeu unha subvención de 14.600 € outorgada pola Xunta de Galicia para realizar actividades para os nenos da Vila nos centros educativos fora do horario escolar, porque o goberno non foi capaz de xestionala e programar as actividades ás que ía destiñada.

Agardamos que desta nova mostra de ineptitude non culpen, unha vez máis, ós grupos da oposición.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.