Rogos que levamos ao Pleno Ordinario de Xuño

Junio 25, 2009

1.- Pregamos respeten e cumpran os acordos plenarios, máxime cando a maioría está basada en mocións aprobadas por unanimidade –conmemoración primeiras Eleccións Municipais, acordo previo coa comunidade escolar do IES Fraga do Eume, control do gasto da área de Servicios especialmente a través de empresas privadas, etc.

2.- Pregamos a limpeza e dotación das praias do término municipal (duchas, baños, vixiancia, etc.).

3.- Pregamos o arranxo da unión da Praza do Pan coa Rúa Ferreiros.

4.- Pedimos que polo goberno municipal se defendan os servicios educativos da nosa Vila ante a problable reducción dos mesmos, para que o curso que ven Pontedeume medre no eido educativo e dotacional, con máis prazas para o 1º ciclo de infantil, evitando a reducción das escolas das parroquias e con novas pistas deportivas equipadas e seguras.

5.- Pregamos o arranxo do pavimento na parte baixa da Rúa Real, podéndose observar dous baches, un dos cuales foi arranxado recentemente con pouca fortuna.

6.- Pregamos o rozado e limpeza do camiño da Xudea, entre o Souto da Vila e a Traída.

7.- Pregamos a reposición da tapa da arqueta de alcantarillado existente en Centroña, xunto os contenedores situados fronte a baixada á praia.

8.- Pregamos a arranxo dos baches existentes á altura de Caixanova, e no cruce da Rúa Río Eume e Mestre Álvaro Vázquez.

9.- Pregamos que, como é preceptivo, coloquen o cartel do “PLAN E” nas obras que se executen ó abeiro deste plan estatal, como a que xa se iniciou na Escola de Música, e tal e como están a facer en todos os Concellos.

10.- Diante da colocación de varios postos de bebidas e xeados na praia de Ber, pregamos se nos informe do procedemento seguido para a súa concesión.

11.- Denunciabamos públicamente hai unhas datas, o mal estado que presentan as zonas verdes da nosa Vila, con falta de limpeza, mobiliario escaso e danado, etc., e destacabamos o abandono a que está sometido o Parque Sarmiento, especialmente a súa parte alta na que a maleza o invade todo, e o mobiliario está roto ou desaparecido, e que acaba de ser vallada cun curioso cartel que prohíbe ó paso a toda persona allea “á obra”.

Destacabamos ademáis o crecemento invasivo das hortensias que medran diante do edificio situado na parte alta do parque, invadindo a beirarrúa e obrigando ós peatóns a baixar á estrada nacional, co conseguinte risco para a súa integridade física.

Pregamos ó goberno municipal que adopte as medidas necesarias para rematar con esta situación de abandono, e realice as actuación precisas para dignificar e recuperar para os veciños e peatóns estes espacios públicos.

12.- En plena catarse derivada da traumática renuncia dunha concelleira do grupo de goberno, e fuxindo cara adiante, o Sr. Alcalde anunciou unha serie de novidades para o noso Concello, entre elas a chegada a semana seguinte do PXOM. O certo e que pasada a semana seguinte da semana seguinte o PXOM nin chegou, nin se lle espera.

Pregamos que, ante a endémica falla de puntería nas previsións de que ven facendo gala este goberno dende hai máis de seis meses nesta materia, se actúe con maior prudencia, se presione ó equipo redactor para que remita canto antes o documento, e se informe ós grupos políticos e a todos os eumeses sobre o estado da súa tramitación con veracidade e sen cábalas, evitando así que se creen falsas expectativas.

Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume. .

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Contacto:

Entra na sección "Contacto:" e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Junio 2009
L M X J V S D
« May   Jul »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds