Preguntas que presentamos ao Pleno Ordinario de Xuño

24 jun

1ª.- Logo da visita á nosa Vila do Delegado Provincial da Xunta de Galicia, que compromisos acadaron para conseguir melloras moitas veces reclamadas neste Pleno?

2ª.- Hai algunha actividade programada para este verán dende a Concellería de Educación para nenas e nenos de máis de 12 anos? Dentro das actividades fora do horario escolar cara o curso que ven, programaron algunha a primeira hora da mañá? E ó mediodía?

3ª.- Ante a excavación que se está a realizar nun edificio en construcción na esquina entre a Avenida Ricardo Sánchez e o Camiño Estreito, está previsto darlle continuidade á acera da Rúa Firrete ou vai ocupar a nova construcción a totalidade do solar preexistente?

4ª.- Cal é a razón de que non se abonara á Comisión de Festas de Campolongo no ano 2008 a axuda prevista presupostariamente para festas parroquiais?

5ª.- Se está a dar por parte do Concello material de construcción gratis a particulares para que leven a cabo obras en zonas públicas ou privadas?

6ª.- Á vista do informe de Intervención en relación con determinados gastos no área de servicios, pensa o goberno axilizar o concurso para a recollida de enseres, e asumir directamente a execución de traballos que se poden realizar con medios propios?

7ª.- Ten previsto o Concello a próxima colocación dunha ducha na Praia de Sopazos?

8ª.- Diante da Moción do noso grupo sobre reducción de taxas municipais aprobada por unanimidade no Pleno do pasado mes de Febreiro, fíxose algunha xestión para que dita revisión fose efectiva?

9ª.- Resolveuse o expediente en relación co reparto da doazón económica anónima realizada ó Concello por un particular?

10ª.- Cal é a razón de que por parte da Deputación de A Coruña non se teña concedido a Pontedeume aportación algunha para a campaña de Limpeza de Praias  na presente anualidade 2009?

- Os rogos e os demáis puntos da orde do día do Pleno, os publicaremos pasado o Pleno.

Una respuesta hacia “Preguntas que presentamos ao Pleno Ordinario de Xuño”

  1. Fiasco junio 25, 2009 a 1:45 pm #

    Podiades preguntar tamen cando vai presentarse o put.. PXOM, ou é que non vos interesa o que poida sair das correccións, sobre a mais de un que pode perdes a sua traballada recalificacion.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.