Sobre o uso do campo de fútbol de FP, como aparcamento.

Junio 22, 2009

fp

O grupo municipal socialista denuncia que se están a tomar decisións polo Goberno Eumés que contradín a moción (1 e 2) aprobada por unanimidade no mes de Outubro e onde claramente se especificaba o respecto á vontade do “Fraga do Eume”:

“Partindo sempre dun acordo a tres bandas, en canto as condicións de uso da parcela, entre o Concello, os órganos de dirección do Instituto, e a Consellería de Educación”

Coidamos que está a ser pisoteada dende a Xunta de Galicia a autonomía deste centro  ao tomar decisións sen escoitar ao Consello Escolar, órgano que rexe  o Centro e no que está representada a Comunidade Educativa.

Instamos ao Sr. Alcalde a que retome o diálogo para chegar a acordos imprescindibles para o uso por parte do Concello do terreo deportivo do IES “Fraga do Eume”como aparcadoiro, segundo constan na moción aprobada tamén  cos votos do seu grupo:

“Solicitar formalmente e por escrito á dirección do IES “Fragas do Eume” e a Consellería de Educación, que autoricen o uso como aparcamento público do actual campo de fútbol de terra anexo ó centro, fora do horario escolar, e nas condicións que acorden ambas administracións educativas e o Concello de Pontedeume

Entry Filed under: PSdeG-PSOE. .

2 Comments Add your own

  • 1. Fiasco  |  Junio 22, 2009 at 12:25 pm

    Agora xa vos queredes desmarcar do que decidichedes no pleno, seique a gora xa non é boa idea o parking fora do horario publico porque hai algo de critica, despois de ser tan xenial no 2001 ou en outubro do ano pasado Lamentable ter tan pouca consistencia de ideas e estar ao vento que mais sopla, fixeches o mesmo co tema do porto incluso despois de poñelo no programa electoral.
    O peor de todo é que basicamente son boas ideas para logo traballar sobre elas pero vos pesa mais que sexa a oposicion a que leve acabo estos logros.
    Non vos vale de nada estar na oposicion, non aprededes nada.

    Responder
  • 2. un  |  Junio 22, 2009 at 2:26 pm

    o psoe eumés ten moito que decir con respecto ás recalificacións de solo no municipio. Durante moitos anos de goberno socialista funcionou á perfección o “todo é urbanizable”, contando, iso sí, coa boa disposición e o amplo peto de técnicos municipais. Nas épocas gloriosas de Belarmino a construcción crecía de forma espontánea, case sen darse conta, salvo por parte dalgún técnico municipal a quen non se lle escapaba unha licencia. Así xurdiron edificacións por doquier, unifamiliares ou multifamiliares, sendo o exemplo más chamativo o mamotreto de caldagueiro.
    A cousa chegou a un extremo tal que a Corporación en pleno foi acusada pola fiscalía dun presunto delito de prevaricación. Os responsables quedaron abraiados: despóis de tanto delito, a qué viña tanto escándalo por unhas vivendas en terreno rústico.
    Os gobernos socialistas, e os seus cómplices independentes e nacionalistas, intentaron tamén converter a pista deportiva do Fraga do Eume nun aparcadoiro. Non sei por qué se escandalizan tanto polas medidas que está a tomar o PP. Porque, formas aparte, o que pretenden é o mesmo.
    Está claro que as diferencias que en principio existen entre estes grupos, na realidade non son tal. Son tal para cual.

    Responder

Leave a Comment

Required

Required, hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Para o Pleno:

Entra na sección "Para o Pleno..." e envíanos as preguntas, rogos ou suxestións que consideras que temos que levar aos diferentes Plenos do Concello

Tweets do PSOE

Almanaque

Junio 2009
L M X J V S D
« May   Jul »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Entradas anteriores

Enlaces

Lecturas recomendadas

Xornais e Sitios Recomendables

RSS Suscríbete a PSOE Pontedeume

Feeds