Deixación de funcións, tamén en Centroña
Junio 9, 2009

Dende o Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume queremos denunciar o estado de total abandono e discriminación ao que o “desGoberno” do Sr. Torrente está a someter á parroquia de Centroña.
O PSdeG-PSOE veu denunciando pleno tras pleno está situación, a total “deixación de funcións” dos membros do Grupo de Goberno, que no caso desta parroquia chegou ao extremo de ter que ser os propios veciños os que asuman as obrigas do Concello, rellenando eles mesmos con cemento os buratos dos camiños (como é o caso do que comunica a estrada da costa con Castrelo, á altura da pista polideportiva) ou rozando as cunetas.
Outro exemplo é o mal estado no que se atopa o “mirador”, invadido parcialmente pola maleza, situación denunciada polo noso Grupo en varias ocasións, sen que dende o Equipo de Goberno, e máis concretamente a Concellaría de Servizos dirixida polo Sr. Crespo, se tomase ningunha medida.
Desgraciadamente para os veciños desta parroquia estas circunstancias non son novas, xa que tiveron que ver hai uns meses como quedaban “excluídos” das actuacións que se realizarán con cargo ao Fondo Estatal de Investimento, situación denunciada polo noso Grupo no seu momento.
Ante as declaracións realizadas polo Sr. Alcalde nos últimos días, anunciando “compromisos de palabra” adquiridos con a nova administración da Xunta de Galicia, dos que non hai constancia por escrito, esta é a realidade da nosa vila: un Goberno en minoría, instalado continuamente na crise e que non cumpre con as obrigas adquiridas cos veciños e veciñas de Pontedeume, situación que veu a confirmarse con a dimisión, e postariores declaracións, da exconcelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Ruth García Campos.
Entry Filed under: PSdeG-PSOE, política, pontedeume. .
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed