Pleno extraordinario. Cese de Ruth García.

5 jun

O motivo da incomparecencia dos grupos da oposición no Concello de Pontedeume, ó Pleno Extraordinario convocado para hoxe, día 5 de xuño, ás 13 horas, no que se iba a tratar a renuncia da concelleira do PP, Ruth García Campos, e o inicio dos trámites para o  nomeamento da súa sustituta, e que motivou que non poidese celebrarse por falta de quórum, está no incumprimento por parte da Alcaldía da obligación legal de aportar a documentación íntegra do asunto a tratar, ó ocultar intencionadamente e non poñer a disposición dos membros da Corporación o escrito de renuncia de dita concelleira, ó que estaba obligado dende o pasado martes, 2 de xuño, data da convocatoria do Pleno, deixando o expediente incompleto e reducido a un simple folio cunha Proposta da Alcaldía.

Esta ocultación de información á oposición por parte do goberno municipal, que non é nova, ven a desmentir tácitamente que a renuncia da concelleira se producise por causas estrictamente persoais –rematar os estudos- como de xeito contumaz e autista ven sostendo o Sr. Torrente, en contra do manifestado públicamente pola propia Sra. García Campos, e fainos pensar que no escrito de renuncia se denuncian irregularidades na actuación do goberno que reiteradamente vimos sinalando dende a oposición.

Consideramos que en todo este proceso, o goberno municipal e o Alcalde, están a actuar en clave estrictamente política e partidista, do que é unha mostra evidente a convocatoria dun Pleno Extraordinario polo cese dunha concelleira do seu grupo sen esperar ó Pleno Ordinario de fin de mes como se fixo con anterioridade en idéntica situación, polo que os instamos a que poñan fin a este despropósito e actúen dentro da legalidade, poñendo o expediente completo a disposición dos membros da Corporación, incluído o escrito de renuncia da Sra. García Campos, cuio contido deberá ser reproducido íntegramente na acta do Pleno no que se trate este punto, xa que é diante deste órgano onde legalmente debe presentarse e facerse efectiva dita renuncia.

PSdeG-PSOE, BNG, COE, IEP e non adscrito

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.