Algúns apuntes sobre o Pleno de Maio

30 may

O tema principal deste Pleno foi a proposta de axudas para libros e material escolar por parte da Concellería de Educación, reducindo a xa insuficiente do ano pasado.

Axudas curso 2008-2009: 8000€, 201 solicitudes, o presuposto chegou a 121 persoas quedando o 40% sen axuda.

Axudas curso 2009-2010: 4500€, so se poderían atender 50 solicitudes, no suposto máis optimista. Se non se sobrepasara o número de solicitudes do ano pasado estariamos falando de que só poderiamos atender un 25% deixando fora un 75% das familias con escasos recursos económicos que queren facer fronte aos gastos de escolarización dos seus fillos.

O grupo municipal socialista, non pode, nin quere, apoiar co seu voto esta drástica reducción de axudas aos máis necesitados. Nunca deixa de sorprendernos a “solidaria” maneira que ten este goberno municipal de afrontar a crise. Nada solidaria cos necesitados e incoherente co despilfarro que vemos mes a mes en outras areas que leva o mesmo concelleiro que pretende reducir as axudas nas libretas e lapis dos nenos, mentres desoe as mocións que o instan a controlar e xustificar outros gastos non tan vitais  (e con reparos do interventor) para o futuro dos nenos e nenas eumeses.

No referente aos outros cambios na ordenanza con respecto ao curso pasado, teñen o noso apoio (60€ antes material primaria e agora todo 90€ e  a inclusión de ter que estar censada a familia así como a contemplación de ter membros a familia no paro)

Solicitamos que deixen o tema para o próximo pleno (O ano pasado foi no de xuño) e fagan unha oferta que a lo menos chegue ao 100% das solicitudes do ano anterior e poderán contar co noso apoio.

LOGO DE MOITA DISCUSIÓN E TER QUE ESCOITAR LINDEZAS IDEOLÓXICAS DA BOCA DO SR. CREPO, COMPROMETÉRONSE A PRESENTAR OUTRA ORDENANZA QUE CUBRA ALO MENOS UN Nº SE SOLICITUDES SEMELLANTE A O ANO PASADO, PRETENDÍAN QUE A OPOSICIÓN LLES DIXERA COMO FACELO…

En relación ás PREGUNTAS:

1ª.- Avaliáronse as V Xornadas de Xogos Populares Eumeses programadas pola Concellería de Deportes dentro das actividades das Letras Galegas?

Non as avaliaron, non sei si acostuman a reflexionar sobre os resultados acadados nas súas actividades, nos fixemos unha reflexión:
Dende os cambios que iniciaron o ano pasado, abandonando a ubicación dos Xardíns de Lombardero o 17 de Maio con monitores e tódalas familias que se achegaban axudando a facer a xornada máis festiva a unha mera cesión do material as escolas e A.VV. por quendas ao longo do mes de maio, sen achega de monitores, senón só coa boa vontade dos centros, as xornadas quedaron diluída na actividade cotiá e o Día das Letras Galegas quedou sen ningunha actividade para os nenos e nenas, Ademais de verse unha certa infravaloración dos nosos xogos por parte da Concellería de Deportes fronte á máis coidada organización dos Xogos Deportivos que organizou Servicios Sociais con gran despregue de medios…


2ª.- Pénsase reeditar o Campamento Urbano? Que tipo de xestión vai ter?

Non, outra reducción máis nos servizos que prestaba o Concello, e xa sabemos o gran nº de nenos e nenas que participaba concretamente en esta actividade.

3ª.- Hai algunha novidade no funcionamento da Escola Infantil “Chalé Rosa” cara o vindeiro curso?

Ningunha, non acordaron máis prazas co novo goberno autonómico, non saben nada dunha 2º gardería e o ano pasado renovaron no Pleno de  marzo o contrato, e este ano rematando na mesma data que o curso pasado aínda non se trouxo a Pleno
4ª.- Que accións e xestións se están a facer para garantir a seguridade do CEIP “Couceiro Freijomil”?

Transmitíronse á Xunta mais tampouco chegaron a compromisos firmes, que terían que estar tomados pois é inminente a entrega do edificio, e as eivas xa detectadas en seguridade solucionalas antes da entrega da obra. Debido ao gran desnivel con muros baixos e o peche lateral sen realizar pode ser un continuo risco para os nosos xoves fora do horario escolar e para o alumnado do centro.

5ª.- Cantas persoas á data de hoxe están recoñecidas como dependentes? Cando van ser atendidas? Algunha delas estaba atendida polo Servicio de Axuda a Domicilio municipal? Que vai suceder coas traballadoras municipais que atendían a estas persoas cando pasen ao SAD de dependentes?

Non puideron respostar ,pois nos estaba a Concelleira responsable (hoxe xa sabemos por que), e o forte deste goberno non é o traballo en equipo, polo que xa veredes…
6ª.- Estase levando a cabo polo goberno municipal algunha xestión coa actual dirección de Portos de Galicia, para modificar o proxecto que xa se está a executar no Porto de Pontedeume?

Non
7ª.- Que problemas presenta o edificio que se está rematando de construír no tramo inicial da Rúa Fontenova?

Non saben ou non queren informar e logo de negarnos hai dous veranos que houbera problemas agora parece que entón as nosas dúbidas sobre o volume do edificio eran fundadas, pero eles…Non saben, non contestan…

2 comentarios hacia “Algúns apuntes sobre o Pleno de Maio”

  1. Carlos mayo 30, 2009 a 9:32 pm #

    Falt, como sempre, a referencia á interpelación seguinte:
    pregamos que dende o goberno municipal se informe de forma regular ós grupos municipais e ós eumeses en xeral, sobre o estado da tramitación do PXOM, dadas as expectativas creadas e o longo tempo transcorrido.

    Non houbo resposta?
    Esquecíchedes de interpelar?

  2. M, Cascallar junio 1, 2009 a 1:41 pm #

    Iso levámolo en rogos, e tamén o levou outro grupo como pregunta.E dixeron o que sempre din, que pensa que está nos últimos trámites, que próximamente, que antes do verán…

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.