Algunhas respostas do Pleno de Abril

4 may

Rogos:

1.- Reiteramos a nosa petición de que se peche a Alameda impedindo o estacionamento de vehículos.

-Ademais da finalidade da Alameda como lugar de esparcimento e o menoscabo dos dereitos da xente sobre todo dos maiores que acostuma ou acostumaban a sentar alí a charlar e que ademais é unha nova fonte de ingresos máis para CONSTRUMAGA pois os coches estraban os bancos, este mes 5000€ por amañar dous…

2.- Reiteramos a nosa petición de retirada da ducha rota da praia de Sopazos, que leva tres meses tirada nas inmediacións, e a compra dunha nova cara á tempada de verano.

-Outra mostra máis da rapidez de acción do goberno municipal

3.- Nos comunican varios pais de alumnos do CEIP de Andrade da falla de mantenemento das instalacións por parte do personal municipal, medrando a maleza sen control, tendo os pais que pintar algunhas aulas, e con columnas e outros elementos con importantes desperfectos. Pregamos que, ademáis de boas palabras por parte dos responsables do Concello, asuman a súa obligación e pasen ós feitos, tomando as medidas necesarias para a boa conservación das instalacións deste centro educativo.

-E tamén a Escola Municipal coa herba sen cortar o que impide que os nenos e nenas podan xogar fora pois mollaríanse ou caerían pois xe chega aos xeonllos e iso que estamos a piques de abrir a matrícula, claro que como non foron quen de crear nin unha sola praza, pois encherase seguro, e os que quedan fora?…

4.- Dende antes de Semana Santa pódese observar nun lateral do Torreón un montón de herba e lixo de todo tipo, pese a que empregados municipais tiñan avisado da necesidade da súa retirada, máxime ante dita semana festiva. Pois ben, os numerosos visitantes que se acercaron e continúan acercando ó Torreón, poden seguir apreciando esta mostra de deixadez e falta de limpeza por parte do noso Concello. Pregamos que dunha vez por todas, por quen corresponda, se proceda a eliminar este vertedoiro no centro da nosa Vila, e ó carón dun dos seus monumentos mais senlleiros.

-O Sr. Crespo respostou co seu verbo fácil e seudoirónico pouco menos que é normal, que alí bóta o lixo o xardineiro, que se recolle periodicamente. Outro ingreso para CONSTRUMAGA, que é herba. Ben se ve que non o viu ou non o quere ver…

5.- Chama a atención o estado de abandono do Paseo Marítimo, coa herba alta e sen cortar, igual que na escola infantil, e co servicio público fora de servicio e cheo de suciedade e inmundicia, feito reiterado e xa denunciado en anterior ocasión neste foro. Pregamos que polo Concello se tomen medidas para acabar con esta situación, aumentando a frecuencia das cortas e de limpeza do sanitario.

-Non hai máis que abrir a porta do wc para darse conta da eficacia do traballo do Sr. Crespo, e iso que xa é un rogo reiterado e con documentación gráfica, as fotos estiveron colgadas na nosa páxina e levadas a Pleno

Preguntas:

1ª.- É a páxina web municipal unha páxina cofinanciada? Qué empresas ou institucións colaboran económicamente?

-Respostounos amablemente o Sr. Otero o que xa sabíamos os que visitamos a Web que é a Consellería de innovación e industria mais o que nos queríamos denunciar, é de feito denunciamos, é que na páxina municipal, na súa axenda do mes de abril,  non se anuncian, actos importantes como a inauguración de Artxove, ou as actividades  desenvolvidas polo propio concello na Semana Santa para os pequenos é si sae a “folla parroquial” da S.Santa completa,horarios de rosario, misa, confesión diarios…Mais actos tamén relixiosos pero que teñen un interese comarcal como pode ser o Paso pois non se publicitan debidamente, e iso si podería interesar aos que o coñecemos e a xentes que se podían achegar a Pontedeume a noite de Xoves Santo coas consecuencias económicas evidentes, que llo digan aos ferroláns. Recordámoslle que somos un estado laico e que miren por ir adaptando o idioma da máxima á normativa vixente…

2ª.- Solicitáronse axudas para o desenvolvemento das liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres? Cal é a programación?

-Non se solicitaron…Seguimos sen formación, sorprendente?

3ª.- En que estado están as relacións deste Goberno Municipal co Defensor do Pobo e coa Inspección de Traballo?

-Pregámoslle que tiveran tanto co Valedor do Pobo como con Inspección unhas relacións realmente correctas,non como eles din que son agora, pois sabemos que ante a falta de resposta por parte do Sr. Alcalde a denuncias dos eumeses remitidas pola oficina do Valedor esta ameazou con denominalo como CONCELLO HOSTIL, e somos sabedores tamén dos problemas directos do Concello con Inspección de Traballo con multa de 3.126€ polo comportamento empresarial do Concello coa traballadora do departamento de N. Lingüística

4ª.- Dada a opción externalizadora escollida por este Concello para a implantación da Lei de Dependencia e a vocación de progresivo desenvolvemento da mesma, que alternativa laboral teñen pensada para as auxiliares de axuda no fogar municipais?

-Non teñen nada previsto pois contan con que tarden moitos anos en implantar a Lei, pero si saben que esta xente coa súa opción privatizadora non pode atender aos necesitados dentro da citada Lei de Dependencia é polo tanto có tempo…?

5ª.- Pese o recente e unánime acordo plenario, por que non se celebrou ningún acto para conmemorar o 3 de Abril o 30º aniversario das primeiras eleccións municipais?

-Ata que presentamos a Moción non debían saber que viña o 3 de Abril, ou non sabían o que este 3 de abril significaba, polo que non tiñan nada previsto é non lles dou tempo pero… o farán “próximamente”

6ª.- Ante a denuncia presentada no Concello por un veciño de Nogueirosa, en relación coa ocupación con estacas e arame por un particular nesta parroquia do Camiño da Fonte de Filgueiras, entre o Castro e Cruz do Cabildo, atrancando incluso un cauce de baixada de auga, fíxose polo Goberno Municipal algunha xestión?

-Aquí o Sr Crespo necesita un informe técnico para ver o evidente, e ante a suxestión do noso voceiro de que so fai falla un metro dixo que para iso é preciso o traballo de dúas persoas, a resposta era fácil, son tres cobrando soldo, aínda sobra un…Tamén liouse con a palabra presunto, en relación a o particular, que non ao xamón, outra vez ese verbo tan peculiar do noso responsable de Servicios Municipais e Educación

7ª.- Hai xa uns meses informabamos ó Sr. Alcalde dos resultados da reunión mantida polo noso grupo e membros da directiva da U.V. “Olmo” con representantes do Ministerio de Fomento, co fin de conseguir un novo acceso dende a N-VI a dita urbanización. Gustaríamos saber si dende o goberno municipal fíxose algunha xestión a este respecto, orientada sobre todo á adquisición dos terreos necesarios para levar a cabo esta actuación?

-Aquí pretendían pasar a responsabilidade a fomento, e menosprezar a xestión realizada por representantes da AA.VV. e por o noso edil. Bernardo interesouse e acompañou á reunión onde Fomento explicou a súa posición, que permite a mellora no acceso a Olmo pero que a compra dos terreos ten que realizala o Concello é un acceso o unha urbanización claramente eumesa. Pois antes de aceptar ante o Pleno que nada se fixo, enredaron, liaron e eludiron as súas responsabilidades…

8ª.- Hai xa tempo que a Urbanización Boavista está a sofrer o desbordamento do alcantarillado público nun dos seus accesos. Tomouse algunha medida cara a solucionar este grave problema?

-Non se creen responsables do alcantarillado de Boavista

9ª.- En datas recentes coñecemos pola prensa que quedou deserto o concurso para a execución de obras de saneamento na Avenida Ricardo Sánchez. Cal foi o motivo e que medidas se pensan adoptar ó respecto polo goberno municipal?

-Foi problema das empresas que se presentaron, non cumprían os requisitos

10ª.- Cal é a razón para que dende semanas non se están a baleirar as papeleiras do Paseo Marítimo e da Alameda de Raxoi? Cada canto tempo se está a levar a cabo este labor?

-Dixern que sí que as baleiran, o Alcalde veunas baleiras cando pasea nos vémolas cheas, debe ser o problema da botella medio chea ou medio baleira, ou que Bel vai pouco polo Paseo, e cando vai, claro baleiran…

11.- Para cando se pensa sacar a licitación a recollida de enseres, o mantenemento do alumeado público e a xestión de actividades deportivas?

-“Proximamente”,di o Sr. Crespo e o Sr Alcalde que en 2 anos non da licitado, di que non da feito, que dentro de 4 anos él no estará de Alcalde… e ameaza, pois di que antes se licitaba a dedo, metendo no mesmo saco a técnicos, interventor, secretaria…que están e estaban nas mesas para velar pola regularidade das licitacións, claro que el opta por levantar, durante 2 anos xa, os reparos de intervención e seguir desviando diñeiro público a empresas privadas pese aos reparos do interventor

12.- Cando tén previsto o goberno municipal cumprir o mandato contido no documento orzamentario de 2009, traendo a Pleno as bases e criterios que deben rexer o reparto do complemento de productividade?

-E o do 2008, tamén proximamente…Sen comentarios

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.