Archivo | mayo, 2009

O PSOE iniciará contactos coa oposición para liderar unha nova etapa en Pontedeume

30 may

DSCF1260

- A agrupación socialista eumesa considera que o escrito de renuncia da Concelleira do PP Ruth García confirma o que o PSOE ven denunciando dende hai tempo, a nula  capacidade do Alcalde e do Partido Popular para gobernar esta vila.

- As decisións que se adopten contan co apoio da agrupación comarcal e da Executiva Nacional, tal e como manifestaron Iván Puentes e Mar Barcón.

Logo de que se dera a coñecer a dimisión dunha das Concelleiras do grupo municipal do Partido Popular de Pontedeume, os socialistas eumeses quixeron facer pública non só a preoupación pola situación de desgoberno na que se atopa inmerso o Concello, senón tamén as futuras decisións que dende a agrupación socialista se esperan levar a cabo para poder seguir defendendo os intereses dos veciños e veciñas.

Neste senso, o voceiro do gupo municipal, Agustín Vilariño, recordaba “a responsabilidade coa que o noso grupo asumiu o seu papel como oposición, apoiando as xestións que consideramos positivas para a nosa vila; os populares, sen embargo, non foron quen, nestes dous anos de lexislatura, de gobernar para o seu pobo.”

“Así queda de manifesto, recordaba Vilariño, coa marcha dunha concelleira, causada por uns motivos que non veñen máis que a abalar o que levamos dous anos manifestando dende o grupo socialista: o desgoberno, a deixadez do Alcalde, as irregularidades na súa xestión e, en definitiva, unhas actitudes que levaron ao Concello de Pontedeume á deriva.”

“Será esa mesma responsabilidade que nos caracterizou ata agora a que nos guiará tamén nesta nova etapa, na que iniciaremos conversas co resto dos grupos municipais para impedir que Pontedeume siga perdendo calidade de vida e para liderar, como primeira forza da oposición, unha alternativa plural que aporte estabilidade, gobernabilidade e futuro aos veciños e veciñas deste pobo.”

As declaracións de Vilariño estiveron apoiadas polo Secretario Comarcal do PsdeG-PSOE de Ferrolterra, Iván Puentes (Alcalde de Fene) quen mostrou o respaldo absoluto á labor e ás decisións dos socialistas de Pontedeume.

“O caso de Pontedeume, aseguraba Puentes, é outro claro exemplo da situación que o Partido Popular está a vivir nestes últimos tempos. Así se viu, por exemplo, na pérdida da Alcaldía de Ferrol nas Locais, e nos resultados negativos acadados na comarca nas pasadas autonómicas. O Partido Popular non sabe asumir as súas responsabilidades e non sabe gobernar pensando nos veciños e veciñas, só pensando nos seus intereses.”

“A actitude responsable dos socialistas co pobo eumés terá, polo tanto, o apoio incondicional da agrupación comarcal do PSOE, para que dean un paso máis, inicien conversas cos demáis grupos, e lideren unha alternativa que lle permita ter a Pontedeume o goberno que merece.”

Apoio da Executiva Nacional.

A Voceira da Executiva Nacional e Secretaria de Política Municipal declaraba á súa vez a preocupación pola situación que se está a vivir en Pontedeume, que “non é máis que outro exemplo da actitude errática que o Partido Popular está levando a cabo na política municipal. Xa se demostrou que a súa única interese e a de estar no poder, por enriba de todo e sen escrúpulos, apoiándose na ingobernabilidade ás veces e nos tránsfugas noutros casos”.

Barcón recordou que “o punto final desta etapa en Pontedeume o puxeron eles mesmos, os populares, cunha situación de desgoberno que levou a unha das súas concelleiras a apoiar as críticas que o grupo municipal socialista viña realizando nos últimos dous anos”.
“Pola contra, os socialistas seguen demostrando coa súa actitude que é o partido que defende os intereses dos veciños/as; dende a Executiva Nacional non permitiremos que nin en Pontedeume nin no resto dos Concellos se dea un paso atrás na capacidade dos municipios, nin coa súa actitude nin coas decisións tomadas dende a Xunta.“

Algúns apuntes sobre o Pleno de Maio

30 may

O tema principal deste Pleno foi a proposta de axudas para libros e material escolar por parte da Concellería de Educación, reducindo a xa insuficiente do ano pasado.

Axudas curso 2008-2009: 8000€, 201 solicitudes, o presuposto chegou a 121 persoas quedando o 40% sen axuda.

Axudas curso 2009-2010: 4500€, so se poderían atender 50 solicitudes, no suposto máis optimista. Se non se sobrepasara o número de solicitudes do ano pasado estariamos falando de que só poderiamos atender un 25% deixando fora un 75% das familias con escasos recursos económicos que queren facer fronte aos gastos de escolarización dos seus fillos.

O grupo municipal socialista, non pode, nin quere, apoiar co seu voto esta drástica reducción de axudas aos máis necesitados. Nunca deixa de sorprendernos a “solidaria” maneira que ten este goberno municipal de afrontar a crise. Nada solidaria cos necesitados e incoherente co despilfarro que vemos mes a mes en outras areas que leva o mesmo concelleiro que pretende reducir as axudas nas libretas e lapis dos nenos, mentres desoe as mocións que o instan a controlar e xustificar outros gastos non tan vitais  (e con reparos do interventor) para o futuro dos nenos e nenas eumeses.

No referente aos outros cambios na ordenanza con respecto ao curso pasado, teñen o noso apoio (60€ antes material primaria e agora todo 90€ e  a inclusión de ter que estar censada a familia así como a contemplación de ter membros a familia no paro)

Solicitamos que deixen o tema para o próximo pleno (O ano pasado foi no de xuño) e fagan unha oferta que a lo menos chegue ao 100% das solicitudes do ano anterior e poderán contar co noso apoio.

LOGO DE MOITA DISCUSIÓN E TER QUE ESCOITAR LINDEZAS IDEOLÓXICAS DA BOCA DO SR. CREPO, COMPROMETÉRONSE A PRESENTAR OUTRA ORDENANZA QUE CUBRA ALO MENOS UN Nº SE SOLICITUDES SEMELLANTE A O ANO PASADO, PRETENDÍAN QUE A OPOSICIÓN LLES DIXERA COMO FACELO…

En relación ás PREGUNTAS:

1ª.- Avaliáronse as V Xornadas de Xogos Populares Eumeses programadas pola Concellería de Deportes dentro das actividades das Letras Galegas?

Non as avaliaron, non sei si acostuman a reflexionar sobre os resultados acadados nas súas actividades, nos fixemos unha reflexión:
Dende os cambios que iniciaron o ano pasado, abandonando a ubicación dos Xardíns de Lombardero o 17 de Maio con monitores e tódalas familias que se achegaban axudando a facer a xornada máis festiva a unha mera cesión do material as escolas e A.VV. por quendas ao longo do mes de maio, sen achega de monitores, senón só coa boa vontade dos centros, as xornadas quedaron diluída na actividade cotiá e o Día das Letras Galegas quedou sen ningunha actividade para os nenos e nenas, Ademais de verse unha certa infravaloración dos nosos xogos por parte da Concellería de Deportes fronte á máis coidada organización dos Xogos Deportivos que organizou Servicios Sociais con gran despregue de medios…


2ª.- Pénsase reeditar o Campamento Urbano? Que tipo de xestión vai ter?

Non, outra reducción máis nos servizos que prestaba o Concello, e xa sabemos o gran nº de nenos e nenas que participaba concretamente en esta actividade.

3ª.- Hai algunha novidade no funcionamento da Escola Infantil “Chalé Rosa” cara o vindeiro curso?

Ningunha, non acordaron máis prazas co novo goberno autonómico, non saben nada dunha 2º gardería e o ano pasado renovaron no Pleno de  marzo o contrato, e este ano rematando na mesma data que o curso pasado aínda non se trouxo a Pleno
4ª.- Que accións e xestións se están a facer para garantir a seguridade do CEIP “Couceiro Freijomil”?

Transmitíronse á Xunta mais tampouco chegaron a compromisos firmes, que terían que estar tomados pois é inminente a entrega do edificio, e as eivas xa detectadas en seguridade solucionalas antes da entrega da obra. Debido ao gran desnivel con muros baixos e o peche lateral sen realizar pode ser un continuo risco para os nosos xoves fora do horario escolar e para o alumnado do centro.

5ª.- Cantas persoas á data de hoxe están recoñecidas como dependentes? Cando van ser atendidas? Algunha delas estaba atendida polo Servicio de Axuda a Domicilio municipal? Que vai suceder coas traballadoras municipais que atendían a estas persoas cando pasen ao SAD de dependentes?

Non puideron respostar ,pois nos estaba a Concelleira responsable (hoxe xa sabemos por que), e o forte deste goberno non é o traballo en equipo, polo que xa veredes…
6ª.- Estase levando a cabo polo goberno municipal algunha xestión coa actual dirección de Portos de Galicia, para modificar o proxecto que xa se está a executar no Porto de Pontedeume?

Non
7ª.- Que problemas presenta o edificio que se está rematando de construír no tramo inicial da Rúa Fontenova?

Non saben ou non queren informar e logo de negarnos hai dous veranos que houbera problemas agora parece que entón as nosas dúbidas sobre o volume do edificio eran fundadas, pero eles…Non saben, non contestan…

Ella

29 may

Junta de Galicia

29 may

4175_1155191126520_1429974994_428345_8370475_n

Rogos e preguntas que leva o Grupo Socialista no Pleno ordinario de Maio

28 may

PREGUNTAS

1ª.- Avaliáronse as V Xornadas de Xogos Populares Eumeses programadas pola Concellería de Deportes dentro das actividades das Letras Galegas?

2ª.- Pénsase reeditar o Campamento Urbano? Que tipo de xestión vai ter?

3ª.- Hai algunha novidade no funcionamento da Escola Infantil “Chalé Rosa” cara o vindeiro curso?

4ª.- Que accións e xestións se están a facer para garantir a seguridade do CEIP “Cruceiro Freijomil”?

5ª.- Cantas persoas á data de hoxe están recoñecidas como dependentes? Cando van ser atendidas? Algunha delas estaba atendida polo Servicio de Axuda a Domicilio municipal? Que vai suceder coas traballadoras municipais que atendían a estas persoas cando pasen ao SAD de dependentes?

6ª.- Estase levando a cabo polo goberno municipal algunha xestión coa actual dirección de Portos de Galicia, para modificar o proxecto que xa se está a executar no Porto de Pontedeume?

7ª.- Que problemas presenta o edificio que se está rematando de construir no tramo inicial da Rúa Fontenova?

ROGOS

1.- Rematadas as obras da Rúa Ferreiros, e retirados os materiais e maquinaria colocados na Avenida de Raxoi que parecían xustificar a medida por perda de aparcamentos, non entendemos que se continúe permitindo o estacionamento de vehículos dentro da Alameda, e que se interrumpa nas inmediacións o  acceso peonil coa presenza da terraza dun bar. Pregamos de novo que se impida o acceso de vehículos a esta zona verde do noso Concello, e a eliminación de obstáculos nos seus accesos.

2.- Ante a inminencia do inicio da tempada estival, reiteramos a nosa petición de colocación dunha nova ducha na Praia de Sopazos, e a retirada da vella da zona, se aínda non se fixo.

3.- Pregamos a limpeza e rozado do mirador de Centroña.

4.- Estando próximo o fin de curso escolar, pregamos se convoque o máis axiña posible o Consello Escolar Municipal.

5.- Nun dos primeiros Plenos desta lexislatura, destacabamos a importancia da boa conservación dos libros do Rexistro Civil de Pontedeume, polo seu valor intrínseco e porque reflicten a evolución histórica da nosa Vila, interesando que o Concello  procedese ó arranxo e encadernación dos libros que se atopan en mal estado, téndose xa investido ó redor de 6.000 € no ano 2000. Nunha recente visita por motivos profesionais deste portavoz ó Xulgado de Paz de Ares, poido comprobar a renovación das súas instalacións e a perfecta encadernación da totalidade dos seus libros, así como a fermosa remodelación da Sala de Vistas pensada, dun modo especial, en dotar ás bodas civís dun marco digno e axeitado. Pregamos ó goberno municipal que siga esa mesma liña  e axilice as xestións para restaurar os libros do noso Rexistro Civil que se atopan en mal estado, que son os mais antigos, e inicie as actuacións necesarias para mellorar e renovar as instalacións do noso Xulgado.

6.- A mellor forma de evitar que circulen comentarios e rumores sobre temas de especial relevancia para os veciños do noso Concello, é actuar con transparencia e facilitar información. É por iso polo que pregamos que dende o goberno municipal se informe de forma regular ós grupos municipais e ós eumeses en xeral, sobre o estado da tramitación do PXOM, dadas as expectativas creadas e o longo tempo transcorrido.

Los que nos metieron en la crisis,…….., no nos van a quitar “ahora” ella….

26 may

Sigue a López Aguilar

25 may

En Asturias:

En Aranda de Duero

Visita tamén o “Diario da Campaña”

El problema no es lo que piensan. Es lo que van a votar!!!

20 may

El PSdeG-PSOE eumés considera insuficientes las modificaciones del servicio de basuras

19 may

El Partido Socialista de Pontedeume considera una “vergüenza” que el Gobierno local anuncie “a bombo y platillo” la reubicación de los contenedores de basura de las calles Pescadería e Iglesia como la “solución” a los problemas del servicio de limpieza y recogida de residuos del Ayuntamiento.

El concejal del PSOE Bernardo Fernández explica que la primera medida que tiene que tomar el Ejecutivo municipal para intentar mejorar el “deficiente” servicio con el que cuenta el Concello es sacar la plaza de capataz de vías y obra.

“En dos años no ha conseguido contratar a alguien para este puesto” el cual, asegura, “ayudará a mejorar la calidad del servicio”, puesto que una de sus grandes deficiencias es la “escasez de personal”, además de que sería la persona encargada de la coordinación.

Otra de las medidas que anunció el Gobierno local que rige el alcalde del Partido Popular, Gabriel Torrente, fue el incremento del número de contenedores en las parroquias de Nogueirosa, Vilar-Campolongo y Boebre.

Bernardo Fernández explica que este aumento de material es “insuficiente” ya que, dice, sólo se colocarán uno o dos nuevos recipientes por parroquia. “Los problemas del servicio de limpieza son más importantes y requieren de otras medidas” apunta el edil socialista, que recalca que ésta no es la solución “ni se le acerca”.

La Opinión de A Coruña

Juan F. López Aguilar na UDC!!!!

15 may


A Asociación IESGA ten o pracer de organizar na Facultade de Dereito o vindeiro Luns día 18 de maio unha charla-coloquio con

Juan F. López Aguilar

11.00 h. Comenzo da CHARLA-COLOQUIO: ‘Europa Importa’

Presenta: María Torres Pose. Reperesentante de IESGA e Secretaria Xeral das XSG

Intervención: JUAN F. LÓPEZ AGUILAR.
Candidato ás Eleccións ó Parlamento Europeo

11:30 h. Apertura turno intervencións dos estudantes.

Universidade da Coruña
Facultade de Dereito (Salón de Grados)
Luns 18 de Mayo

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.