Pleno Ordinario de Abril. Rogos e Preguntas que presentamos.

30 abr

Rogos:

1.- Reiteramos a nosa petición de que se peche a Alameda impedindo o estacionamento de vehículos.

2.- Reiteramos a nosa petición de retirada da ducha rota da praia de Sopazos, que leva tres meses tirada nas inmediacións, e a compra dunha nova cara á tempada de verano.

3.- Pregamos que o goberno municipal se dirixa a AQUAGEST para que poña fin ós continuos cortes no suministro de auga en amplas zonas da nosa Vila sempre que se produce calqueira avería, pequena ou grande, e sen previo aviso ós afectados.

4.- Nos comunican varios pais de alumnos do CEIP de Andrade da falla de mantenemento das instalacións por parte do personal municipal, medrando a maleza sen control, tendo os pais que pintar algunhas aulas, e con columnas e outros elementos con importantes desperfectos. Pregamos que, ademáis de boas palabras por parte dos responsables do Concello, asuman a súa obligación e pasen ós feitos, tomando as medidas necesarias para a boa conservación das instalacións deste centro educativo.

5.- Facéndonos eco das reiteradas peticións efectuadas por parte de pais e directivos do clube de baloncesto PONTUMIO, pregamos, en aras da seguridade das rapazas e rapaces que practican o baloncesto na nosa Vila, que polo Concello se proceda á colocación nas canastras do Pavillón Municipal “A Casqueira” das correspondentes proteccións acolchadas, evitando así ter que lamentar accidentes ou lesións entre os nosos xogadores.

6.- Dende antes de Semana Santa pódese observar nun lateral do Torreón un montón de herba e lixo de todo tipo, pese a que empregados municipais tiñan avisado da necesidade da súa retirada, máxime ante dita semana festiva. Pois ben, os numerosos visitantes que se acercaron e continúan acercando ó Torreón, poden seguir apreciando esta mostra de deixadez e falta de limpeza por parte do noso Concello. Pregamos que dunha vez por todas, por quen corresponda, se proceda a eliminar este vertedoiro no centro da nosa Vila, e ó carón dun dos seus monumentos mais senlleiros.

7.- Chama a atención o estado de abandono do Paseo Marítimo, coa herba alta e sen cortar, igual que na escola infantil, e co servicio público fora de servicio e cheo de suciedade e inmundicia, feito reiterado e xa denunciado en anterior ocasión neste foro. Pregamos que polo Concello se tomen medidas para acabar con esta situación, aumentando a frecuencia das cortas e de limpeza do sanitario.

8.- Dentro de oito días celébrase a Romaría de San Miguel de Breamo, polo que pregamos que polo Concello se tomen as medidas necesarias para o bo desenrolo desta popular festa: limpeza dos accesos, preparación do campo, reforzo de contenedores, presenza de Protección Civil, etc.

Preguntas:

1ª.- É a páxina web municipal unha páxina cofinanciada? Qué empresas ou institucións colaboran económicamente?

2ª.- Solicitáronse axudas para o desenvolvemento das liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres? Cal é a programación?

3ª.- En que estado están as relacións deste Goberno Municipal co Defensor do Pobo e coa Inspección de Traballo?

4ª.- Dada a opción externalizadora escollida por este Concello para a implantación da Lei de Dependencia e a vocación de progresivo desenvolvemento da mesma, que alternativa laboral teñen pensada para as auxiliares de axuda no fogar municipais?

5ª.- Pese o recente e unánime acordo plenario, por que non se celebrou ningún acto para conmemorar o 3 de Abril o 30º aniversario das primeiras eleccións municipais?

6ª.- Ante a denuncia presentada no Concello por un veciño de Nogueirosa, en relación coa ocupación con estacas e arame por un particular nesta parroquia do Camiño da Fonte de Filgueiras, entre o Castro e Cruz do Cabildo, atrancando incluso un cauce de baixada de auga, fíxose polo Goberno Municipal algunha xestión?

7ª.- Hai xa uns meses informabamos ó Sr. Alcalde dos resultados da reunión mantida polo noso grupo e membros da directiva da U.V. “Olmo” con representantes do Ministerio de Fomento, co fin de conseguir un novo acceso dende a N-VI a dita urbanización. Gustaríamos saber si dende o goberno municipal fíxose algunha xestión a este respecto, orientada sobre todo á adquisición dos terreos necesarios para levar a cabo esta actuación?

8ª.- Hai xa tempo que a Urbanización Boavista está a sofrer o desbordamento do alcantarillado público nun dos seus accesos. Tomouse algunha medida cara a solucionar este grave problema?

9ª.- En datas recentes coñecemos pola prensa que quedou deserto o concurso para a execución de obras de saneamento na Avenida Ricardo Sánchez. Cal foi o motivo e que medidas se pensan adoptar ó respecto polo goberno municipal?

10ª.- Cal é a razón para que dende semanas non se estén a baleirar as papeleras do Paseo Marítimo e da Alameda de Raxoi? Cada canto tempo se está a levar a cabo este labor?

11.- Para cando se pensa sacar a licitación a recollida de enseres, o mantenemento do alumeado público e a xestión de actividades deportivas?

12.- Cando tén previsto o goberno municipal cumprir o mandato contido no documento orzamentario de 2009, traendo a Pleno as bases e criterios que deben rexer o reparto do complemento de productividade?

3 comentarios hacia “Pleno Ordinario de Abril. Rogos e Preguntas que presentamos.”

  1. macain abril 30, 2009 a 6:46 pm #

    canastras, duchas na praia?, isto é facer oposición?, non isto é política municipal de pin e pon

  2. Alex mayo 1, 2009 a 8:59 pm #

    ¿Dónde está el PXOM? ¿O es un tema secundario sin importancia?

  3. pepe mayo 5, 2009 a 2:06 pm #

    Macain, hai máis preguntas aparte desa, ou non les todo ou non queres leer.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.