Archivo | abril, 2009

Pleno Ordinario de Abril. Rogos e Preguntas que presentamos.

30 abr

Rogos:

1.- Reiteramos a nosa petición de que se peche a Alameda impedindo o estacionamento de vehículos.

2.- Reiteramos a nosa petición de retirada da ducha rota da praia de Sopazos, que leva tres meses tirada nas inmediacións, e a compra dunha nova cara á tempada de verano.

3.- Pregamos que o goberno municipal se dirixa a AQUAGEST para que poña fin ós continuos cortes no suministro de auga en amplas zonas da nosa Vila sempre que se produce calqueira avería, pequena ou grande, e sen previo aviso ós afectados.

4.- Nos comunican varios pais de alumnos do CEIP de Andrade da falla de mantenemento das instalacións por parte do personal municipal, medrando a maleza sen control, tendo os pais que pintar algunhas aulas, e con columnas e outros elementos con importantes desperfectos. Pregamos que, ademáis de boas palabras por parte dos responsables do Concello, asuman a súa obligación e pasen ós feitos, tomando as medidas necesarias para a boa conservación das instalacións deste centro educativo.

5.- Facéndonos eco das reiteradas peticións efectuadas por parte de pais e directivos do clube de baloncesto PONTUMIO, pregamos, en aras da seguridade das rapazas e rapaces que practican o baloncesto na nosa Vila, que polo Concello se proceda á colocación nas canastras do Pavillón Municipal “A Casqueira” das correspondentes proteccións acolchadas, evitando así ter que lamentar accidentes ou lesións entre os nosos xogadores.

6.- Dende antes de Semana Santa pódese observar nun lateral do Torreón un montón de herba e lixo de todo tipo, pese a que empregados municipais tiñan avisado da necesidade da súa retirada, máxime ante dita semana festiva. Pois ben, os numerosos visitantes que se acercaron e continúan acercando ó Torreón, poden seguir apreciando esta mostra de deixadez e falta de limpeza por parte do noso Concello. Pregamos que dunha vez por todas, por quen corresponda, se proceda a eliminar este vertedoiro no centro da nosa Vila, e ó carón dun dos seus monumentos mais senlleiros.

7.- Chama a atención o estado de abandono do Paseo Marítimo, coa herba alta e sen cortar, igual que na escola infantil, e co servicio público fora de servicio e cheo de suciedade e inmundicia, feito reiterado e xa denunciado en anterior ocasión neste foro. Pregamos que polo Concello se tomen medidas para acabar con esta situación, aumentando a frecuencia das cortas e de limpeza do sanitario.

8.- Dentro de oito días celébrase a Romaría de San Miguel de Breamo, polo que pregamos que polo Concello se tomen as medidas necesarias para o bo desenrolo desta popular festa: limpeza dos accesos, preparación do campo, reforzo de contenedores, presenza de Protección Civil, etc.

Preguntas:

1ª.- É a páxina web municipal unha páxina cofinanciada? Qué empresas ou institucións colaboran económicamente?

2ª.- Solicitáronse axudas para o desenvolvemento das liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres? Cal é a programación?

3ª.- En que estado están as relacións deste Goberno Municipal co Defensor do Pobo e coa Inspección de Traballo?

4ª.- Dada a opción externalizadora escollida por este Concello para a implantación da Lei de Dependencia e a vocación de progresivo desenvolvemento da mesma, que alternativa laboral teñen pensada para as auxiliares de axuda no fogar municipais?

5ª.- Pese o recente e unánime acordo plenario, por que non se celebrou ningún acto para conmemorar o 3 de Abril o 30º aniversario das primeiras eleccións municipais?

6ª.- Ante a denuncia presentada no Concello por un veciño de Nogueirosa, en relación coa ocupación con estacas e arame por un particular nesta parroquia do Camiño da Fonte de Filgueiras, entre o Castro e Cruz do Cabildo, atrancando incluso un cauce de baixada de auga, fíxose polo Goberno Municipal algunha xestión?

7ª.- Hai xa uns meses informabamos ó Sr. Alcalde dos resultados da reunión mantida polo noso grupo e membros da directiva da U.V. “Olmo” con representantes do Ministerio de Fomento, co fin de conseguir un novo acceso dende a N-VI a dita urbanización. Gustaríamos saber si dende o goberno municipal fíxose algunha xestión a este respecto, orientada sobre todo á adquisición dos terreos necesarios para levar a cabo esta actuación?

8ª.- Hai xa tempo que a Urbanización Boavista está a sofrer o desbordamento do alcantarillado público nun dos seus accesos. Tomouse algunha medida cara a solucionar este grave problema?

9ª.- En datas recentes coñecemos pola prensa que quedou deserto o concurso para a execución de obras de saneamento na Avenida Ricardo Sánchez. Cal foi o motivo e que medidas se pensan adoptar ó respecto polo goberno municipal?

10ª.- Cal é a razón para que dende semanas non se estén a baleirar as papeleras do Paseo Marítimo e da Alameda de Raxoi? Cada canto tempo se está a levar a cabo este labor?

11.- Para cando se pensa sacar a licitación a recollida de enseres, o mantenemento do alumeado público e a xestión de actividades deportivas?

12.- Cando tén previsto o goberno municipal cumprir o mandato contido no documento orzamentario de 2009, traendo a Pleno as bases e criterios que deben rexer o reparto do complemento de productividade?

Manifesto PES (Partido Socialista Europeo)

28 abr

manifestocubo

- Descarga aquí o manifesto (programa electoral) do PSOE para as eleccións europeas.

- Descarga aquí a lista de compañeiros e compañeiras que forman parte da lista do PSOE

- Descarga o manifesto narrado (mp3)

Ahora si puedes votar.

25 abr

El Gobierno contra la crisis

22 abr

Elecciones Europeas.

21 abr

Únete a la red social del PSOE

20 abr

redsocialpsoe

La Secretaria de Organización, Leire Pajín, ha presentado esta mañana la Red Social del PSOE, la primera de un partido político en España, destinada a convertirse, de cara a los comicios europeos, en un instrumento básico de movilización electoral en Internet.

El objetivo de esta nueva herramienta, “que inaugura una nueva forma de hacer campaña”, es lograr la “máxima comunicación con los ciudadanos” y que la red sea un espacio para “encontrarse con la gente” y explicarles nuestras propuestas, pero también para “escuchar nosotros las opiniones y propuestas de los ciudadanos”.

“Queremos –explicó Pajín en rueda de prensa- que todos los ciudadanos se sientan protagonistas de estas elecciones porque lo que van a elegir es determinante para su futuro” y para ello “necesitamos encontrarnos con la ciudadanía en todos los ámbitos donde esté”, también en la web y las nuevas redes sociales “donde ya hay muchos, especialmente los más jóvenes”.

La creación de la Red de Activismo del Partido Socialista Europeo (http://www.activistaspse.net) supone incorporar a esta nueva forma de relacionarse a toda la organización socialista, convirtiendo a los miles de militantes y simpatizantes en “activistas” y tener –como explicó Leire Pajín- “el mejor y el mayor equipo de campaña que ha tenido nunca un partido en España, capaz de movilizar al mayor número de ciudadanos progresistas en estas elecciones”

Así, los militantes y simpatizantes socialistas que ya participan en diversas redes sociales, van a tener ahora, además, un “espacio de encuentro” para “coordinar sus acciones en esta campaña, para movilizarse de forma coordinada y para convertir la red en un espacio activo de campaña”.

Y los ciudadanos “podrán participar activamente en la campaña” a través de la web, de la página de Activistas del PES, donde encontrarán las propuestas y los actos de campaña del PSOE, y a través de otras redes sociales con las que ya se venía trabajando (Facebook, Twitter o Tuenti).

Únete: http://www.activistaspse.net/

Total abandono da urbanización “Boavista” por parte do Grupo de Goberno

17 abr

Levamos xa moito tempo denunciando o mal funcionamento dos servizos de limpeza do noso Concello. Esta situación, lonxe de mellorar, empeora día tras día, froito da estratexia do PP, consistente en permitir e incluso favorecer o mal funcionamento do servizo, para así lograr un clima máis favorable de cara á privatización.

Sobre este tema, gustaríanos aclarar que tanto o PSdG-PSOE como o resto de grupos con representación no noso Concello ofrecémonos en varias ocasións para, entre todos, tentar buscar unha solución definitiva a este problema, sen que ata a data tivésemos noticias do Grupo de Goberno; máis alá da reunión na que se nos presentou o “famoso” informe no que se apoian para defender a “externalización”do servizo.

Hoxe tócalle o turno á urbanización “Boavista”

As súas rúas interiores botan meses sen barrer, por non falar do estado de total abandono no que se atopa a súa fonte, unha das máis emblemáticas da nosa vila.

Pero a situación empeorou dende hai semanas, xa que os veciños desta zona están a sufrir continuamente o desbordamento das augas fecais procedentes do alcantarillado a altura da citada fonte, provocando un situación de insalubridade e malos cheiros.

Esiximos ao Grupo de Goberno que tome cartas no asunto e rematen dunha vez coa discriminación á que teñen sometida a esta zona da nosa vila.

Moción que presentamos para o seu debate no Pleno de Abril

13 abr

AGUSTÍN L. VILARIÑO GÓMEZ, Portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE na Corporación Municipal dese Concello, presenta, para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno Ordinario dese órgano, a seguinte

MOCIÓN:

Dende hai algún tempo, véñense executando obras de mellora no firme e nas marxes da estrada N-VI, entre Ferrol e Betanzos, afectando ó tramo desa vía que discorre dentro do termo municipal de Pontedeume, quedando pendente nestes momentos, e entre outros traballos, a dotación dunha nova capa de rodadura asfáltica e o pintado definitivo do vial.

Ante a inminencia destas obras, queremos chamar a atención sobre a súa incidencia en dúas parroquias da nosa Vila –Vilar e Andrade- e a oportunidade que se nos presenta de poder ver solucionados ó tempo dous problemas que veñen sofrendo os veciños desas zonas. O primeiro, a necesidade de humanizar a travesía de Campolongo –altamente poboada- e de garantizar a seguridade dos residentes, para o que se fai necesario habilitar na devandita travesía franxas de uso exclusivamente peonil, perfectamente diferenciadas das zonas de estacionamento e de circulación, ampliando a tal fin, se fose necesario, os marxes existentes a costa do propio vial, xa que a anchura do mesmo así o permite, e establecendo zonas de cruce debidamente sinalizadas e con ampla visibilidade.

O segundo problema, xa prantexado, é a falla de iluminación na estrada nacional ó seu paso pola parroquia de Andrade, entendendo que se podería aproveitar a realización desta obras para solicitar de novo ó organismo titular da vía  a colocación de puntos de luz entre os lugares de Campolongo e Viadeiro (Miño), dando así cumprimento ó acordado de forma unánime no seu día polo Pleno desta Corporación.

Polas razóns expostas, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE propón ó Pleno da Corporación Municipal de Pontedeume, a adopción do seguinte

ACORDO:

O Pleno da Corporación insta á Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia –Ministerio de Fomento- para que, con motivo das obras de mellora que se están a ezxecutar na estrada N-VI, no tramo que discorre polo término municipal de Pontedeume, proceda á execución das seguintes obras complementarias:

1.-  Establecemento dunha franxa de uso exclusivamente peonil nas marxes da estrada na travesía de Campolongo, perfectamente diferenciada das zonas de estacionamento e circulación, ampliando as devanditas marxes, e establecendo zonas de cruce debidamente sinalizadas e con ampla visibilidade.

2.- Colocación de puntos de luz nas marxes da estrada N-VI ó seu paso pola parroquia de Andrade, entre os lugares de Campolongo e Viadeiro (Miño).

“Un nuevo impulso y más fortaleza”

7 abr

zpEl presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, ha justificado hoy la remodelación de su Ejecutivo por la necesidad de un “cambio de ritmo” ante el actual contexto político y la situación económica.

Zapatero se ha expresado así en la conferencia de prensa que ha ofrecido en el Palacio de la Moncloa para anunciar la remodelación de su Gabinete.

El jefe del Ejecutivo se ha mostrado convencido de que con los cambios anunciados se podrán afrontar los retos del futuro “con un nuevo impulso y más fortaleza”, y ha reiterado la prioridad del Gobierno de luchar contra la crisis económica.

Zapatero ha ido elogiando la capacidad de todos y cada uno de los nuevos integrantes del Gobierno (Manuel Chaves, José Blanco, Ángeles González-Sinde, Ángel Gabilondo y Trinidad Jiménez), así como de quien cambia de cartera en su Gabinete (Elena Salgado, que pasa de Administraciones Púbicas a vicepresidenta segunda y titular de Economía)

De la misma forma, ha agradecido su tarea a los ministros salientes y, en especial, a Pedro Solbes.

El jefe del Ejecutivo ha subrayado que su nuevo Gabinete está pensado para vencer a la crisis económica y preparar la recuperación.

Los nuevos integrantes del mismo ha destacado que son “sobradamente conocidos” por los ciudadanos y cada uno de ellos “son una garantía de buen hacer, como han demostrado -ha asegurado- en sus cometidos anteriores”.

Todos ellos, a su juicio, conforman “un Gobierno fuerte, activo y con gran experiencia política”.

EL NUEVO GOBIERNO

El nuevo Gobierno anunciado hoy por el presidente Jose Luis Rodríguez Zapatero es el siguiente (en mayúsculas aparecen las nuevas incorporaciones):

- Presidente del Gobierno: Jose Luis Rodríguez Zapatero

- Vicepresidenta primera y ministra de la Presidencia: María Teresa Fernández de la Vega

- VICEPRESIDENTA SEGUNDA Y MINISTRA DE ECONOMÍA Y HACIENDA: ELENA SALGADO

- VICEPRESIDENTE TERCERO Y MINISTRO DE COOPERACIÓN TERRITORIAL: MANUEL CHAVES

- Ministro de Asuntos Exteriores: Miguel Ángel Moratinos

- Ministro de Justicia: Francisco Caamaño

- Ministra de Defensa: Carme Chacón

- Ministro del Interior: Alfredo Pérez Rubalcaba

- MINISTRO DE EDUCACIÓN: ÁNGEL GABILONDO

- MINISTRO DE FOMENTO: JOSÉ BLANCO

- Ministro de Trabajo e Inmigración: Celestino Corbacho

- Ministro de Industria, Comercio y Turismo: Miguel Sebastián

- Ministra de Medio Ambiente Medio Rural y Marino: Elena Espinosa

- MINISTRA DE CULTURA: ÁNGELES GONZÁLEZ-SINDE

- MINISTRA DE SANIDAD Y POLÍTICAS SOCIALES: TRINIDAD JIMÉNEZ

- Ministra de Vivienda: Beatriz Corredor

- Ministra de Igualdad: Bibiana Aído

- Ministra de Ciencia e Innovación: Cristina Garmendia

novogoberno

Denunciamos, outra vez, o deficiente servizo de recollida do lixo.

6 abr

p1390932Unha vez máis, como ven sendo habitual dende hai xa moitos meses , o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE vese na obriga de denunciar o mal funcionamento do servizo de limpeza e recollida do lixo.

Nalgunhas parroquias da nosa vila, como por exemplo Centroña, levan dende o martes día 31 de marzo sen recoller o lixo. Situación que se agrava nunha época vacacional como é a Semana Santa, cos contedores ateigados e con bolsas de desperdicios amoreadas ó seu arredor.

Desgraciadamente esta situación non é puntual nin específica das zonas rurais do nos concello, que sofren continuamente os resultados da mala ou inexistente xestión do Goberno do Sr. Torrente neste area, se non que afecta a todo o termo municipal.

Este sábado inaugurábase a XIV Mostra Artxove, un evento que atrae á nosa vila a numerosos artistas e visitantes. Estes atopáronse á súa chegada á Casa da Cultura cos contedores soterrados e os seus arredores cheos de lixo, dando unha pésima imaxe do noso pobo. Nos últimos tempos nin sequera se están a baleirar as papeleiras de zonas tan frecuentadas polos veciños como o Paseo Marítimo ou a Alameda.

No pasado pleno do mes de marzo recoñecían os membros do Grupo de Goberno que dende a súa chegada á Alcaldía, hai case dous anos, as únicas medidas que adoptaron para a mellora deste servizo foron o cambio de horarios, de turnos e máis de lineas; actuacións que a todas luces son insuficientes. Creemos, e así o manifestamos en varias ocasións, que o PP, ante a falta dun programa e proxecto de goberno, tiña dende un primeiro momento a intención de privatizar o servizo, respondendo esta “mala xestión” a unha estratexia que persegue o empeoramento do mesmo, para así lograr un “clima” máis favorable de cara á externalización.

Estamos ante un goberno que gasta os cartos en encargar estudos para respaldar os seus plans de privatización, pero non os utiliza para, partindo do alí descrito, mellorar o servizo; equiparando sempre “privatización” con “mellora”, como si estes fosen sinónimos.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.