Algún internauta solicitounos as respostas ás demáis preguntas que fixemos no Pleno de Marzo.
Estas son as respostas:
- Dende hai máis dun mes a Alameda ven sendo utilizada diariamente como zona de estacionamento de vehículos, estando tapada cun plástico o sinal de prohibición situada na entrada. Cal a a razón da cesión dun dos poucos espazos verdes públicos abertos da nosa vila aos coches, en detrimento dos veciños e veciñas, e especialmente nenos e maiores?
A esta pregunta respostóusenos por parte do Goberno que esta medida fora tomada para compensar a perda de prazas de estacionamento a causa das obras da rúa Ferreiros. Engadiu o Sr. Crespo que de todos modos o estacionamento de vehículos non impedía que os veciños utilizasen a Alameda xa que “só se estaba a aparcar nunha parte” quedando outra libre.
Parece ser que o Concelleiro de obras non se pasa moi a menudo por esta zona, xa que hai días nos que o os coches invaden prácticamente todo o recinto; ademáis de que as obras da rúa Ferreiros, unha rúa peatonal, só afectarían a algunhas prazas de aparcamento da Av de Rajoi, que a día de hoxe están sendo ocupadas por escombro.
- Ten previsto o Goberno Municipal realizar na Casa do Concello outras obras non contempladas inicialmente, que prolongarían no tempo a situación actual? Se é así, de que obras se tratan, e cal sería o seu prazo de execución?
Respostounos o Concelleiro de Facenda e Urbanismo, o Sr Otero, que estaban pendentes de conseguir financiación para reformar totalmente a Casa do Concello, xa que actualmente a última planta, donde está o arquivo, queda fora das obras contempladas.
Por parte do noso Grupo apuntouse que a razón desta pregunta viña dada polo caso que nos fixo chegar unha veciña que solicitou casarse na Casa do Concello. Informóuselle dende o Grupo de Goberno que era imposible realizar a cerimonia nas datas que ela solicitaba, xa que a obra non estaría rematada para Xullo, data que escede en varios meses á contemplada para o remate das actuacións que se están a levar a cabo actualmente, e que por outra banda, xa levan certo retraso.
- Fíxose algunha xestión diante da dirección do IES “Fragas do Eume” e da Consellería de Educación, para a utilización do campo de futbol dese centro como estacionamento público fora do horario escolar?
Respostóusenos por parte do Concelleiro de Educación que se remitira a moción aprobada no Pleno á Consellería, sen que de momento non fora recibida contestación algunha.
A nos cónstanos que o Grupo de Goberno enviou tarde esta moción, sen levar a cabo ningunha outra xestión. Dende a Consellería non se puso nigún impedimento, sempre que a actuación contase con a aprobación da dirección do centro. Parece ser, segun dixo o Alcalde, que estaban esperando a que tomase posesión o novo Goberno da Xunta para retomar as conversas. Esta postura parécenos inaudita, xa que o Concello debe de levar a cabo as xestións necesarias para dar solución ós problemas dos cidadáns, ao marxe da cor política doutras administracións.
- Cal é a situación actual do proxecto de construcción polo Ministerio de Fomento de duas rotondas, e máis en particular da que afecta ao “Parque Sarmiento”?
O Sr. Otero resposta que o Ministerio de Fomento vai a retomar as obras en breve, modificando o proxecto inicial. Preguntámoslle se eso inclue ás duas rotondas e respostanos que si. Non se nos da máis información.
O lúns informámonos de que a “Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia” remitira o proxecto ao Ministerio de Fomento para solicitar o seu modificado, xa que a Dirección Xeral de Patrimonio non autoriza a construcción dos pasos soterrados incluidos no proxecto inicial. A intención da “Demarcación”, dado o impedimento para levar a cabo a actuación inicialmente contemplada, e de construir as duas rotondas, instalando semáforos para regular o tráfico de vehículos e viandantes.
————————————————————————–
Para máis información deste Pleno ou calquera consulta ou suxerencia que nos queirades facer chegar, accedede á sección CONTACTA, onde a través dun formulario podedes facernolas chegar.



Patrimonio non só prohibiu os pasos subterráneos. A rotonda a carón da ponte tamén.
Tamén estaría ben que pensarades que unha rotonda alivia a necesidade de pór semáforo. Mais se se van a manter os semáforos, a rotonda non ten sentido ningún.
poderiades preguntar -se vos cadra- se é certo que a reforma no edificio consistorial conta cos necesarios permisos de Patrimonio. Aposto a cabeza a que a ningún dos nosos concelleiros se lle pasou pola cabeza
Patrimonio non prohibiu a rotonda da ponte, infórmate. Prohibiu “escabar” nesa zona, de ahi que non permita os pasos soterrados.
Punto 1. Infórmate ti. Cito prensa:
“A Dirección Xeral de Patrimonio non concede permiso a Fomento para construír a rotonda á entrada da vila histórica.”
“Sobre a primeira das rotondas, a que incluía os pasos subterráneos, Patrimonio non a considera procedente por situarse preto da ponte dos Andrade, lugar polo que discorre o Camiño Inglés. Ademais o casco histórico de Pontedeume está declarado Conxunto Histórico Artístico, non sendo coherente co entorno a construción planeada.”
Xa que logo, permítome tamén falar sobre os constantes cambios de opinión dos partidos no consistorio eumés. Ou mellor dito, as constantes tendencias políticas que convén levar para ir coa opinión pública do momento. Cito:
“O pleno de Pontedeume aprobou onte por unanimidade unha moción do PSOE na que se esixe ao Ministerio de Fomento que retire o proxecto dunha rotonda prevista na estrada que une A Coruña e Ferrol, a N-651, ao seu paso pola localidade e deseñada fronte á ponte medieval.”
(….)
“Os socialistas fan fincapé, na súa proposta, no “forte impacto visual, ambiental e social” que suporía esta glorieta, proxectada na entrada natural da vila e baixo a cal, tal e como recolle o proxecto do Goberno central, está previsto un paso subterráneo para peóns.”
E pregunto, a que se debe este cambio de opinión? ¿Máxime tendo en conta que argumentáchedes bastante ben a opción de por qué non queriades a rotonda?
Espero que non se censure o comentario.
Este cambio de opinión de quén???, perdoa, pero aquí hai unha persoa, Paco F., que da a súa opinión coma ti. Que eu saiba non hai ningún comentario firmado polo PSOE, polo que non sei de donde sacas que hai un cambio de opinión.
Amigo “anónimo”, tendo en conta que a parte da Casa do Concello donde se está a obrar é o interior, e que este foi remodelado no ano 1970, o seu valor patrimonial é nulo. O que si ten valor, e polo tanto necesitaría dun informe da Dirección Xeral de Patrimonio, é a fachada, pero neste caso non, xa que as obras que se están a realizar só afectan ó interior do edificio.
Un saúdo.
Aclaro que non son o mesmo “Un” que fai o comentario das rotondas.
Querido “Un” (rotondas), lo que tú transcribes es una noticia sacada de un periódico, por lo que no debías de darle “carácter oficial”.
Patrimonio no autoriza la primera rotonda, pero no por la rotonda es si, sino por los pasos subterraneos, ya que no permitía escavar dada la proximidad del puente.
Y por cierto, aclaro que yo hablo en mi nombre, lo digo por lo del “cambio de opinión”. Suscribo lo dicho por Luís en un comentario, yo soy socialista, pero no soy el “partido socialista”, de ahi que con mis comentarios sólo me represente a mi misma.