Respostas ás nosas cuestións no pasado Pleno de Marzo

29 mar

O Pleno deste xoves, 26 de marzo tivo como tema central a privatización do Servicio de Limpeza, podedes acceder á esta  información neste mesmo blogue, en Pontedeumeonline, en “La Opinión”,… “La Voz”.

Imos informar doutros temas, de carácter educativo e social, que tamén se trataron e que dende o noso partido parécennos vitais.

E outra vez máis puidemos constatar o desinterese do Sr. Crespo sobre a area educativa da que é responsable, e a improvisación e escasa planificación da Sra. García dentro dos temas sociais que na actualidade deberían ocupar todo o seu tempo, logo de que o Sr. Alcalde cesáraa nas súas responsabilidades na area educativa “para conquerir unha maior celeridade e eficacia na xestión municipal”.

Presentamos, dous días antes, as seguintes preguntas, e as respostas, a pesares da anticipación das preguntas foron como acostuman, baleiras de contido á par que sorprendentes.

- Por que o Concello non está a impartir actividades fora do horario escolar nos Centros Públicos?

A esta pregunta o Concelleiro de Educación non contestou. Limitouse a explicar que está facendo os trámites para inicialas proximamente, non dixo cando, como, nin que tipo de actividades.

Recordámoslle que o ano comeza en xaneiro, que xa levamos un trimestre sen actividades municipais para os nenos e nenas nos centros públicos fora do horario escolar, que o ano pasado se lles concederan máis de  14.000€ que perderan pois, como nada fixeran, non tiñan facturas con que xustificar a axuda da Xunta, que cede os espazos e cofinanza as actividades. Se é que pensaban que non nos ían dar a subvención este ano debido ao seu desprezo pola do ano 2008, pero nada explicou porque non fai estas actividades que lle saírían gratis e axudarían a moitas familias eumesas. (Poderíanse incrementar as actividades extraescolares e os servizos educativos complementarios para o alumnado de Infantil, Primaria e secundaria obrigatoria dun xeito totalmente gratuíto para as familias)

- Cal é o motivo de que non saia a concurso a xestión de actividades deportivas municipais, unha vez que Galilandia rematou o contrato?

A esta pregunta respostounos o Concelleiro de Facenda, á maneira do PP “Estamos trabajando en ello”, tamén en outras privatizacións seudolegais como a dos enseres , a do mantenimento eléctrico,…  Quitarannas a concurso, como din sempre, proximamente. A Sra.García confirmou que o Concello está dando actividades deportivas a través dunha empresa que non ten contrato dende novembro.

- Por que se nega información ao Pleno que logo se lle da á prensa ou á páxina das NNGG do PP, sen informar antes aos lexítimos representantes do pobo?

Aquí non sabían a que tema en concreto nos estabamos a referir, hai tantos!, aclarámoslles que no último pleno se nos negara a información sobre o tipo de actividades que tiñan planificadas para o “Planet Club”, que aos poucos días tíñanas colgadas na páxina de NN.GG. e publicitadas en prensa e que non tiveran a educación democrática de informar aos representantes do pobo que nos interesaramos polo tema.

Respostóusenos que 10 días antes de iniciarse o Planet con actividades para mozos e mozas de 12 a 18 anos, a concelleira non sabía que se ía facer!. Deixando clara a súa gran capacidade de improvisación. Replicámoslle dicindo que nos parecía cando menos perigoso, sobre todo pensando que se empeza cunha actividade como o “graffiti”, onde se non está ben planificada podemos acadar resultados non desexados, e que desde logo estamos en total desacordo con que se incite a pintar en edificios públicos, como está a pasar, pois están pintando no Palco da Música da Alameda co beneplácito do Concello (Ata os seus compañeiros a interrogaban para confirmar se era certo aquilo que eu estaba a expoñer). E a Sra. Concelleira confirmou que era certo, e que a súa idade moi diferente á da nosa Concelleira, Sra. Cascallar, lle daba unha óptica diferente e compartía totalmente o que estaba a suceder. Pois moi ben. (Xa sabemos a gran capacidade deste Goberno para a limpeza de todo tipo, en particular a de edificios públicos.)

- Que medidas efectivas  tomaron dende o Goberno Municipal para que a igualdade de oportunidades das mulleres e homes sexa un dereito non soamente legal senón tamén real?

A esta foi como a primeira, a calada por resposta. Dixemos que ademais de actos puntuais en días “marcados”, as frases como a da pregunta (É do 1ª Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres do Concello de Pontedeume) deben ir acompañados dun traballo diario con Programas de Intervención, Prevención, Coeducación e Formación, Programas que estivo a ofertar a Xunta de Galicia e que en 2 anos non quixeron, non souberon ou simplemente non tiveron interese en levar a cabo no noso Concello. A Sra. García  dixo que dende o Goberno se estaban tomando as medidas necesarias e se garantía a Igualdade.

————————————————————————–

Para máis información deste Pleno ou calquera consulta ou suxerencia que nos queirades facer chegar, accedede á sección CONTACTA, onde a través dun formulario podedes facernolas chegar.

5 comentarios hacia “Respostas ás nosas cuestións no pasado Pleno de Marzo”

  1. Carlos marzo 29, 2009 a 3:31 pm #

    E que hai das outras preguntas que se ían plantexar?

    5º.- Dende hai máis dun mes, a Alameda ven sendo utilizada diariamente como zona de estacionamento de vehículos, estando tapada cun plástico o sinal de prohibición situada na entrada. Cal é a razón da cesión dun dos poucos espazos verdes públicos abertos da nosa Vila aos coches, en detrimento dos veciños e veciñas, especialmente nenos e maiores?

    6º.- Ten previsto o Goberno Municipal realizar na Casa do Concello outras obras non contempladas inicialmente, que prolongarían no tempo a situación actual? Se é así, de que obras se tratan, e cal sería o seu prazo de execución?

    7º.- Fíxose algunha nova xestión diante da dirección do IES “Fraga do Eume” e da Consellería de Educación, para a utilización do campo de fútbol dese centro como estaciomento público fora do horario escolar?

    8º.- Cal é a situación actual do proxecto de construcción polo Ministerio de Fomento de dúas rotondas, e máis en particular da que afecta ao “Parque Sarmiento”?

  2. Anónimo habitante marzo 29, 2009 a 9:19 pm #

    Ola, sen moito asunto co tema, rogaría estudiaran a posibilidade de solicitar ante o pleno a revisión do proxecto do CEIP Couceiro Freijomil.

    Segundo o visto nestes días, estase recorrendo a cementar todo o solar, sen ter en conta a posibilidade de axardinar e colocar zona verde en todo o recinto. A plantación de árbores creo que é necesaria nun lugar onde se imparte a educación primaria, para dar exemplo e evitar paisaxes urbanas e grises nunha vila rodeada de natureza.

  3. Mari Cascallar marzo 30, 2009 a 2:01 pm #

    Toda a superficie dianteira, a fachada principal, vai axardinada e con árbores,puxéronna con zaorra para que se poidera utilizar como patio mentres non se finalizaba a obra. No patio de infantil hai unha zona reservada para horto escolar, entre os dous muros hai unha zona tamén verde, para arbustos, plantas…E na parte de arriba arredor o que non é patio cuberto e pista no proxecto inicial ía tamén verde. Esta última zona non estou tan segura, pois sufreu cambios. Realmente ata que pase un tempo non se verá o colexio realmente finalizado, a ventaxa é que aquí enseguida medra a vexetación, logo veremos o mantenimento…Onde só vai cemento é no patio de primaria e claro que ahí sería desexable ao que tí fas referencia.

  4. Anónimo habitante marzo 31, 2009 a 9:58 am #

    Eu me refería á parte superior que nestes días están cementando. Realmente non sei se é o patio de primaria.
    Pero é unha moi grande superficie á que non lle viña mal un arrabal ou unha ducia de ocos para prantar arbolado. Aínda que xa o houbera enriba, coa antiga araucaria e as acacias.

    Tal como pinta agora é un lugar moi visualmente moi frío.

  5. Mari Cascallar marzo 31, 2009 a 1:01 pm #

    Xa o confirmei coa dirección do Centro e pensan que non houbo cambios. A pista, que é o grande que ti dis e que será do material que lle corresponde a unha polideportiva(da que se beneficiará tanto o Centro como o pobo se segue a política de máximo aproveitamento dos centros públicos, con actividades que poderán ser propostas e dirixidas tanto dende o mesmo centro como dende o Concello ) pero todo o demais, agás o chan do cuberto que é o que había, vai de zona verde. Sobre o terreo vese moito máis do que parece dende arriba.Pero insisto, xa se verá pois isto do que estamos a falar é ao final. Grazas

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.