Preguntas no Pleno de Marzo

25 mar

Ademáis da moción que presentamos, estas son as preguntas que presenta o Grupo Municipal Socialista no Pleno Ordinario de Marzo:

1º.- Por que o Concello non está a impartir actividades fora do horario escolar nos Centros Públicos?

2º.- Cal é o motivo de que non saia a concurso a xestión de actividades deportivas municipais, unha vez que Galilandia rematou o contrato?

3º.- Por que se nega información ao Pleno que logo se lle da á prensa ou á páxina das NNGG do PP, sen informar antes aos lexítimos representantes do pobo?

4º.- Que medidas efectivas  tomaron dende o Goberno Municipal para que a igualdade de oportunidades das mulleres e homes sexa un dereito non soamente legal senón tamén real?

5º.- Dende hai máis dun mes, a Alameda ven sendo utilizada diariamente como zona de estacionamento de vehículos, estando tapada cun plástico o sinal de prohibición situada na entrada. Cal é a razón da cesión dun dos poucos espazos verdes públicos abertos da nosa Vila aos coches, en detrimento dos veciños e veciñas, especialmente nenos e maiores?

6º.- Ten previsto o Goberno Municipal realizar na Casa do Concello outras obras non contempladas inicialmente, que prolongarían no tempo a situación actual? Se é así, de que obras se tratan, e cal sería o seu prazo de execución?

7º.- Fíxose algunha nova xestión diante da dirección do IES “Fraga do Eume” e da Consellería de Educación, para a utilización do campo de fútbol dese centro como estaciomento público fora do horario escolar?

8º.- Cal é a situación actual do proxecto de construcción polo Ministerio de Fomento de dúas rotondas, e máis en particular da que afecta ao “Parque Sarmiento”?

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.