30 anos de Concellos democráticos

19 mar

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE PONTEDEUME PARA A SÚA INCLUSIÓN NA ORDE DO DÍA DO PRÓXIMO PLENO DO CONCELLO, PARA O SEU DEBATE E APROBACIÓN, COA FINALIDADE DE CELEBRAR O 30 ANIVERSARIO DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 3 DE ABRIL DE 1979

O 3 de abril de 1.979, tras o referendo maioritario da cidadanía á Constitución de 1.978, celebráronse as primeiras eleccións municipais que abriron o camiño da normalización democrática en España e á vertebración política da sociedade española.

Nos últimos anos da década dos 70, o noso país recuperaba a democracia, celebrando unhas eleccións fundamentais nas que foron elixidos libremente os/as concelleiros/as e os/as alcaldes/as de todos os concellos españois.

A masiva participación electoral na xornada, supuxo a mellor lombeirada ao cambio político e ao desexo de inaugurar unha nova etapa democrática na historia de España. A constitución dos primeiros concellos foi unha festa da liberdade e da democracia que demostrou a madureza da sociedade española.

Durante estes 30 anos, os Gobernos Locais das cidades e vilas, xunto ás Deputacións Provinciais, Consellos e Cabidos Insulares melloraron significativamente o benestar social dos cidadáns, prestándolles un número importante de servizos de calidade.

O cambio e o progreso experimentado nestes anos de democracia débense en boa medida ao traballo e ao esforzo dos máis de 300.000 alcaldes e concelleiros que desempeñaron as súas responsabilidades ao longo destes 30 anos. Tamén polo apoio e a confianza dunha cidadanía comprometida co presente e o futuro das súas cidades e vilas.

A resposta dada polos Concellos ás demandas dos cidadáns foi fundamental para forxar a cohesión social, baseada na solidariedade e na igualdade.

As entidades locais foron líderes, na mellora da calidade dos servizos á cidadanía e á hora de proporcionar benestar e progreso.

A proximidade aos problemas diarios, vitais, inmediatos da xente, os que máis afectan ás súas aspiracións e necesidades, unido ao coñecemento máis axustado do medio no que desenvolven as persoas os seus proxectos de vida, fixeron do ámbito local un espazo privilexiado para mellorar as condicións de vida dos veciños.

A consolidación dos concellos foi unha das claves do acelerado avance da democracia no noso país, converténdose nunha escola de liderado e nun importante viveiro do que se souberon nutrir despois, outras administracións públicas.

Celebrar o 30 aniversario das primeiras eleccións municipais supón festexar o triunfo dos mellores valores democráticos cos que todos nos identificamos: o diálogo, a participación, a tolerancia, o compromiso, a responsabilidade, o benestar e o progreso que se resumen nunha soa palabra:

DEMOCRACIA.

Invocando aos escritos de Tocqueville, é certo que o municipio é por antonomasia unha escola de cidadanía, resultando ser o mellor escenario para a aprendizaxe cívica e a pedagoxía política.

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Pontedeume presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte

MOCIÓN relacionada coa celebración do 30 aniversario das Eleccións Municipais Democráticas do 3 de abril de 1979, que formula os seguintes ACORDOS:

1- Conmemorar o 3 de abril, e organizar actos institucionais, para celebrar as primeiras eleccións municipais democráticas, en 1979.

2- Distinguir o día 3 de abril como “Día de portas abertas dos concellos”.

3- Consensuar con todos os grupos municipais da casa do concello, un manifesto municipalista conmemorativo do día 3 de abril.

4- Celebrar ao longo dos próximos meses, diferentes actividades municipais en colaboración coa armazón asociativa do municipio para conmemorar a devandita data: ciclos de mesas redondas e conferencias, xornadas de debate, exposicións de fotografía, etc. relacionadas coa vida e a historia do concello democrático.

5- Promover ao longo deste ano o coñecemento dos valores municipais relacionados coa tolerancia, a proximidade e a cidadanía entre nenos e novos, planificando actos nos centros educativos, cívicos e culturais onde interveñan ademais representantes de todos os grupos municipais.

6- Propoñer o nome “3 de abril” a unha praza, parque, avenida ou rúa da cidade en homenaxe á data de celebración das eleccións municipais de 1979.

Asdo. Agustín L. Vilariño gómez
Voceiro do Grupo Municipal Socialista

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.