Algún internauta solicitounos as respostas ás demáis preguntas que fixemos no Pleno de Marzo.
Estas son as respostas:
- Dende hai máis dun mes a Alameda ven sendo utilizada diariamente como zona de estacionamento de vehículos, estando tapada cun plástico o sinal de prohibición situada na entrada. Cal a a razón da cesión dun dos poucos espazos verdes públicos abertos da nosa vila aos coches, en detrimento dos veciños e veciñas, e especialmente nenos e maiores?
A esta pregunta respostóusenos por parte do Goberno que esta medida fora tomada para compensar a perda de prazas de estacionamento a causa das obras da rúa Ferreiros. Engadiu o Sr. Crespo que de todos modos o estacionamento de vehículos non impedía que os veciños utilizasen a Alameda xa que “só se estaba a aparcar nunha parte” quedando outra libre.
Parece ser que o Concelleiro de obras non se pasa moi a menudo por esta zona, xa que hai días nos que o os coches invaden prácticamente todo o recinto; ademáis de que as obras da rúa Ferreiros, unha rúa peatonal, só afectarían a algunhas prazas de aparcamento da Av de Rajoi, que a día de hoxe están sendo ocupadas por escombro.
- Ten previsto o Goberno Municipal realizar na Casa do Concello outras obras non contempladas inicialmente, que prolongarían no tempo a situación actual? Se é así, de que obras se tratan, e cal sería o seu prazo de execución?
Respostounos o Concelleiro de Facenda e Urbanismo, o Sr Otero, que estaban pendentes de conseguir financiación para reformar totalmente a Casa do Concello, xa que actualmente a última planta, donde está o arquivo, queda fora das obras contempladas.
Por parte do noso Grupo apuntouse que a razón desta pregunta viña dada polo caso que nos fixo chegar unha veciña que solicitou casarse na Casa do Concello. Informóuselle dende o Grupo de Goberno que era imposible realizar a cerimonia nas datas que ela solicitaba, xa que a obra non estaría rematada para Xullo, data que escede en varios meses á contemplada para o remate das actuacións que se están a levar a cabo actualmente, e que por outra banda, xa levan certo retraso.
- Fíxose algunha xestión diante da dirección do IES “Fragas do Eume” e da Consellería de Educación, para a utilización do campo de futbol dese centro como estacionamento público fora do horario escolar?
Respostóusenos por parte do Concelleiro de Educación que se remitira a moción aprobada no Pleno á Consellería, sen que de momento non fora recibida contestación algunha.
A nos cónstanos que o Grupo de Goberno enviou tarde esta moción, sen levar a cabo ningunha outra xestión. Dende a Consellería non se puso nigún impedimento, sempre que a actuación contase con a aprobación da dirección do centro. Parece ser, segun dixo o Alcalde, que estaban esperando a que tomase posesión o novo Goberno da Xunta para retomar as conversas. Esta postura parécenos inaudita, xa que o Concello debe de levar a cabo as xestións necesarias para dar solución ós problemas dos cidadáns, ao marxe da cor política doutras administracións.
- Cal é a situación actual do proxecto de construcción polo Ministerio de Fomento de duas rotondas, e máis en particular da que afecta ao “Parque Sarmiento”?
O Sr. Otero resposta que o Ministerio de Fomento vai a retomar as obras en breve, modificando o proxecto inicial. Preguntámoslle se eso inclue ás duas rotondas e respostanos que si. Non se nos da máis información.
O lúns informámonos de que a “Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia” remitira o proxecto ao Ministerio de Fomento para solicitar o seu modificado, xa que a Dirección Xeral de Patrimonio non autoriza a construcción dos pasos soterrados incluidos no proxecto inicial. A intención da “Demarcación”, dado o impedimento para levar a cabo a actuación inicialmente contemplada, e de construir as duas rotondas, instalando semáforos para regular o tráfico de vehículos e viandantes.
————————————————————————–
Para máis información deste Pleno ou calquera consulta ou suxerencia que nos queirades facer chegar, accedede á sección CONTACTA, onde a través dun formulario podedes facernolas chegar.




