Archive for Febrero 2009
Hoxe falamos de…

Ademáis do PROGRAMA ELECTORAL, e as 100 MEDIDAS para o novo Goberno, podedes descargar, un pouco máis resumido, as seguintes accións sobre estes temas:
Falamos da Mocidade
Falamos de Equilibrio Territorial
Falamos dos Maiores
Falamos do Mar
Falamos de Igualdade
Falamos de Territorio e Medio Ambiente
Falamos de Economía
Falamos de Educación
Falamos de Sanidade
Falamos de Modernización e Innovación
Calidade Democrática

Add comment Febrero 20, 2009
Mitin en Pontedeume. Mar Barcón, Beatriz Sestayo e Silvia Fraga
“Un Goberno é confianza, estar seguros de a donde se vai. Emilio P. Touriño devolveulle a confianza a Galicia”
Pontedeume, 16 de febreiro de 2009.- A Secretaria de Organización e cabeza de lista da candidatura pola provincia da Coruña, Mar Barcón, participou hoxe nun mitin en Pontedeume onde confesou “ter un soño: que moi pronto entre A Coruña e Ferrol haxa un corredor de concellos soocialistas”.
Barcón recordou que “do goberno de Felipe González o que se recorda son as becas e as pensións: deulle tempo a empezar un camiño que xa non tiña volta atrás. Cando din que a aplicación da Lei de Dependencia non vai rápida eu digo que agora hai o dereito, e que ao goberno de Felipe González desenvolver o sistema de educación pública levoulle dez anos”. Por iso considera que “o cambio necesita máis tempo, necesitamos continuar traballando para desenvolver Galicia e estar á altura de calquera”.
“O noso único pecado foi xestionar demasiado”, dixo citando a Joxé Blanco e engadiu que “O que lle deu o Goberno de Emilio Pérez Touriño a Galcia é confianza: dicirlles aos galegos que podemos ser tan bos como os demais apostando por unha Galicia potente. Porque ata ese momento Galicia choraba todo o tempo e daba gracias por ter os fondos europeos”.
Lembrou a candidata socialista que hai catro anos os galegos decidiron non seguir aguantando un Goberno que os tiñan á cola de tódalas ratios e pedían axudas por todo; e os galegos apostaron polo progreso”.
“Un Goberno é confianza, estar seguros de a donde se vai. E desde o Goberno de Fernando González Laxe e durante 16 anos ninguén confiou en Galicia ata que chegou Emilio Pérez Touriño”, dixo. “¿Como van a confiar en Feijoo, se cada vez que hai un problema colle un avión? Pídolles o voto para un Presidente que non escapa, que non se oculta, que se queda, un Presidente que creu en Galicia”, engadiu.
Barcón reiterou o chamamento á participación e “pediu o voto a todos os ciadáns, aos que nos votaron hai catro anos e aos que votaron a Zapatero hai un ano e aos que nunca nos votaron. Porque o día dous non hai solución”.
Por todo esto, para que o PP non volva, pediu que todo o mundo vaia votar, “ese día tómanse as riendas do país, as decisións do que vai ser a súa vida e a dos seus fillos”.
A candidata ferrolá Beatriz Sestayo indicou que o Partido Socialista cre na política con maiúsculas, como arma para transformar o mundo, polo que pediu que se castigue co voto aos que queren encher de lodo a vida política”. “Só existe unha opción se o que queremos é apostar pola sanidade pública, e non o modelo de privilexios de Esperanza Aguirre, se cremos na educación pública, se queremos un emprego de calidade e un modelo económico que redistribúe a riqueza e non a leve á sillas Caimán: entón a única opción é a do Partido Socialista e Emilio Pérez Touriño, un Presidente que deu sempre a cara”, asegurou.
Neste sentido Sestayo lebrou que durante a crise dos incendios en Galicia o Presidente Touriño púxose ao fronte dunha cédula de crise e deu a cara todos os Galegos día a día, mentres Feijoo só fixo a foto apagando un lume inxeistente nun xardín cunha mangueiriña”.
A tamen candidata Silvia Fraga falou de políticas de xuventude e igualdade levadas a cabo polo Goberno de Emilio Pérez Touriño, todas elas levadas a cabo dende o diálogo social, e lembrou a aposta do Partido Socialista polas familias a través de medidas dirixidas á conciliación familiar. Pediu o voto “para non deixar que nos volvan poñer no vagón de cola”, e porque “Touriño é un magnífico Presidente especialmente na situación de dificultade que a atravesamos”. Por última recordou que “o día un elíxese entre a política dos dereitos ou a política das dereitas”.






Add comment Febrero 17, 2009
Zapatero en A Coruña
Se queres acompañarnos, manda un correo a pontedeume@psdeg-psoe.org
Add comment Febrero 10, 2009

