Archivo | enero, 2009

Plan E

12 ene

logotipo-plane

“O 1 de marzo imos a votar o futuro de Galicia”

11 ene

zpemilioourenseO Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e Presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño fixo un chamamento á mobilización no decurso da súa intervención no Pavillón ourensá dos Remedios.

O máximo mandatario galego asegurou que “Galicia deixa atrás as dúas velocidades, a resignación e o pasado. O 1 de marzo imos a votar o futuro de Galicia. As eleccións non son sobre Touriño, Feijoo ou Quintana nin PSdeG-PSOE, PP ou BNG, nin para o camiño para chegar á Moncloa. Difícil o teñen porque non o van a lograr”.

Touriño engadiu que  “Galicia non cabe nunha estratexia partidaria, Galicia non é unha moeda de cambio. Estas eleccións son sobre o futuro de Galicia, e eu quero ser o Presidente de todas e todos, e non contra ninguén”.

Segundo o Secretario Xeral do Socialistas Galegos “o de 1 de marzo vaise votar pola educación, pola sanidade, polas pensións, polo traballo. Imos depresa, avanzado, pero quédanos moito por percorrer.”

“Gobernar cada dia é sumar, compartir, e facer unha Galicia mais forte cada dia”, engadiu Touriño.

O impulso do cambio

Pérez Touriño propuxo continuar o cambio, darlle un novo impulso ao cambio: “non podemos desandar o andado. No ano 2005 votamos cambio e hoxe seria unha frustración que o 1 de marzo deramos un paso atrás, porque non podemos parar. O último que necesita Galicia seria que volvese a gobernar o PP. O camiño de Baltar e de Louzán é un camiño que non conduce a nada, é o camiño do pasado, e nos queremos entrar con pe firme neste século. Pero non estamos aquí para corrixir o pasado senón para construír o futuro, queremos participar nese proxecto que se chama España e construír unha Galicia aberta a Europa e o mundo”.

O líder socialista considerou tamén que “ alguén lle gustaría volver a Galicia da resignación do pasado, calquera deses camiños excluiría a maioría social de Galicia. Necesitamos unha sociedade preparada para os cambios, para unha Galicia moderna”.

Unha Galicia de todos

Touriño asegurou que quere “ traballar desde o que nos une, porque o que nos separa nos debilita; do que nos faga sentirnos e recoñecermos como galegos, e o motor que nos une, e o impulso cara o futuro”.

Segundo o líder socialista “todos formamos parte de Galicia, tamén Feijoo e Baltar e ninguén ten dereito a decidir que uns son mais galegos que outros. Eu creo nunha Galicia na que ninguén quede abandonado a súa sorte, e todos sexan merecedores dunha vida digna”.

Touriño fixo un chamamento ao dialogo e a concordia “ propoño sumar tódolos esforzos para que Galicia poida vencer e superar a crise económica, propoño loitar contra o paro coma nunca se fixo na Historia de Galicia. Sairemos da crise anticipando o futuro, defendendo as familias, o traballo e os traballadores”.

Lembrou os acordos sociais cos empresarios e sindicatos e dixo “así se constrúe pais, unha Galicia da concertación e do dialogo social”.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

10 ene

banner_eleccions09A Consellería de Presidencia puxo xa en funcionamento unha web con toda a información para as eleccións do vindeiro 1 de marzo.

Censo electoral, voto por correo, voto dos embarcados, candidaturas, dudas,… todas estas información están recollidas nesta web.

Preme na imaxe para acceder a ela.

Entrevista a Antón Louro, coordinador dos deputados galegos do PSOE no Congreso, na TVG

9 ene
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Pulsa na imaxe para vela.

A Consellería de Pesca e a Confraría de Pontedeume asinarán un convenio de colaboración para a mellora dos seus bancos marisqueiros

9 ene

marisqueoafloteEsta actuación forma parte das medidas impulsadas pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para evitar as consecuencias da inactividade nas áreas de produción catalogadas como zona “C”, o que impide a venda en fresco dos moluscos

O Consello da Xunta autorizou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e a Confraría de Pescadores de Pontedeume para a realización dun plan de actuación para a mellora das condicións para a cría de moluscos nos bancos marisqueiros que son explotados polos profesionais desta entidade. Para a execución desta iniciativa, a Administración pesqueira galega achegará un importe total de 190.430,24 euros, susceptible de ser cofinanciado polo Fondo Europeo da Pesca (FEP).

Esta actuación forma parte das medidas impulsadas pola Consellería de Pesca para evitar ou paliar as consecuencias da inactividade dos bancos marisqueiros, que afectan aos profesionais do mar en varias rías galegas, debido á catalogación das súas áreas de produción como zona “C”. De feito, esta clasificación impídelles comercializar en fresco os moluscos extraídos e a venda para a transformación apenas lles resulta rendible.

No caso de Pontedeume, porase en marcha este proxecto que persegue paliar os efectos negativos da falta de actividade nos bancos de Zopazos e O Fabal (explotados polos mariscadores a pé), A Tasca e A Barra (explotados polos mariscadores dende embarcación) e Os Moteis (onde traballan ambos os dous colectivos), catalogados como zona “C”, que pode comprometer a súa produtividade futura por compactación do substrato, acumulación de lodos, etc. Así mesmo, busca mellorar as condicións para a produción de moluscos de interese comercial nestas áreas de produción a través de limpezas de mexillón de fondo, de algas de arribazón e doutros materiais de orixe antrópica e forestal que poden influír na supervivencia e viabilidade destas especies.

En concreto, as accións a desenvolver polos profesionais do mar eumeses no marco deste convenio consisten basicamente en traballos de limpeza das zonas de produción de materiais perxudiciais para os bancos, na remoción de substratos en zonas non explotadas e no acondicionamento do substrato da zona recentemente rexenerada denominada Croa Grande. Estas tarefas realizaranse coa participación activa dos titulares de permiso de explotación para marisqueo a pé e tripulantes de embarcacións con permiso de explotación para marisqueo, asociados á Confraría de Pescadores de Pontedeume, de xeito voluntario. Pola súa parte, o pósito deberá coordinar e controlar a distribución e realización dos traballos baixo a supervisión dos técnicos designados pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Este convenio, que estará vixente ata o 30 de xuño de 2009 e que poderá ser prorrogado se as partes asinantes o consideraran oportuno, establece a creación dunha comisión de seguimento con representantes designados polo órgano reitor da Confraría eumesa e da Consellería de Pesca. Esta comisión será a encargada de resolver as dúbidas que xurdan na interpretación do protocolo e de solucionar posibles discrepancias.

Zapatero e Touriño en Ourense

8 ene

zatouri

o vindeiro domingo 11 de xaneiro ás 12.00 horas terá lugar en Ourense, no Pavillón dos Remedios, un mitin de precampaña no que interverán Zapatero e Touriño.

Quedades convidados/as!!!!!

Liberdade para o pobo palestino

7 ene

escuela-de-gaza-matanza-1Aínda que Hamas sexa un grupo terrorista, aínda que o Goberno Israelí teña dereito á lexítima defensa dos seus habitantes e demáis blas, blas, blas,… o Goberno Israelí ten que parar este vil xenocidio ao pobo palestino na franxa de Gaza.

A UE, os Gobernos democráticos da UE, teñen a obriga de esixir o ALTO a esta operación sin sentido.

Unha operación que ademáis está a dar de comer ideolóxicamente a Hamas por medio do medo que se inxecta en cada neno palestino con cada misil que vomitan os Israelis dende a outra beira da franxa.

Un día 40 nenos e nenas palestinos nunha escola da ONU, outro día 22 homes e mulleres civís, e outro día, e outro día, …

O que aconte na franxa de Gaza viola os dereitos humanos, é un auténtico atentado contra as leis e convenios internacionais. Unha acción brutal contra un pobo desarmado, que ademais leva xa demasiado tempo sufrindo os efectos dun duro bloqueo económico, que xa o situara ao límite das súas posibilidades. É unha vergonza.

Sinto a crueldade da foto. Pero esta é a realidade do que acontece.

Nacho Filgueiras Martinez

Domingo 1 de Marzo, eleccións ao Parlamento de galicia.

6 ene

emiliofirmaO presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, fixo onte un chamamento a todos os galegos para que o vindeiro 1 de marzo acudan ás urnas a votar porque, indicou, “votando proporcionamos forza a Galicia. Votando facemos país. E votando decidimos sobre moitas das cousas que máis nos importan”. “Somos un pobo que decide o seu futuro, que elixe os seus representantes e os seus gobernantes e que o fai coas regras democráticas que nós mesmos nos demos. Iso é autogoberno”, afirmou Touriño, lembrando que a democracia e o autogoberno “só se cimentan cos nosos votos, co voto de cada unha e cada un dos cidadáns”.

“Por iso, quero que a miña primeira mensaxe, logo de convocar as eleccións, sexa para pedirlles que acudan a votar o día 1 de marzo. Porque hai cousas importantes en xogo. Porque o Parlamento, o Goberno e o presidente que saian desas eleccións tomarán decisións que van afectar á vida das persoas, ao benestar das familias, á actividade das empresas. E tamén ao futuro dos nosos fillos. E porque Galicia, que foi débil cando lle faltaron a liberdade e a autonomía, atopou na democracia e no autogoberno a base da súa fortaleza e o motor do seu progreso”, engadiu.

O Goberno galego aprobou, ao longo de 2008, un total de 18 proxectos lexislativos

4 ene

A lexislatura que remata constitúese como a de maior produción lexislativa da historia autonómica coa aprobación de 53 leis

181208rolda2
O Goberno galego aprobou, ao longo do ano 2008 un total de 18 proxectos lexislativos, 54 en toda lexislatura que agora remata. Pola súa banda, o Parlamento de Galicia aprobou nesta lexislatura 53 leis, 22 delas por unanimidade, converténdose así na lexislatura de maior producción lexislativa da historia autonómica.

No exercicio 2008, o Consello da Xunta aprobou, en concreto, o proxecto de Lei de saúde de Galicia; o de medidas urxentes en materia de vivenda e solo; o proxecto de Lei polo que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais; o proxecto de Lei de protección da paisaxe de Galicia; o da Lei galega de medidas tributarias en relación ao imposto sobre sucesións e doazóns; o proxecto de Lei de residuos de Galicia; o proxecto de Lei de servizos sociais; o da Lei de pesca de Galicia; o de turismo; o proxecto de Lei de vivenda; o que modifica a Lei de desenvolvemento comarcal e de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo e se racionalizan os instrumentos de xestión comarcal e de desenvolvemento rural; o proxecto de Lei de arquivos e do patrimonio documental de Galicia; o da Lei de participación institucional das organizacións sindicais e empresariais máis representativas de Galicia; o proxecto de Lei de publicidade institucional; o de Lei do imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga embalsada; o proxecto de lei de aeródromos de Galicia; o da Lei galega de acción voluntaria; e o proxecto de Lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2009.

Entrevista a Emilio Perez Touriño en iPSOE´TV

3 ene

entrevistaemilio

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.