O PSdeG – PSOE denuncia a perda do total da subvención para o programa de apertura de centros educativos fora do horario lectivo en Pontedeume.

30 ene

O Goberno Municipal logo de optar á axuda da Consellería de Educación para realizar actividades complementarias que melloren a oferta educativa de todos os nenos e nenas eumeses utilizando os centros escolares públicos, non foi quen de xustificar a subvención de 14.056 € para 2008 que a Xunta adxudicara ao noso Concello.

Dende o mes de Xuño que saíu publicada a Orde que regula este cofinanciamento de actividades lúdicas, deportivas, de reforzo escolar, desenvolvemento artístico etc., ademais de presentar o proxecto, pouco se fixo, ou nada para que este pasara do papel á realidade, polo que a 10 de decembro o Sr Crespo, Concelleiro de Educación, non tivo con que xustificar o custo das actividades pois o interese deste concello e tal que nin invirte fondos propios en Educación, nen aqueles que lle veñen dados por outras administracións é quen de invertir.

E outra vez temos que falar da ineficacia na xestión do diñeiro público do goberno do P.P. Agora os afectados directamente son os pequenos e as pequenas da vila de ata 13 anos que poderían ter participado nestas actividades, se as houbese, claro.

Por outra banda as actividades deportivas que oferta o Concello para os nenos, nenas e adolescentes, seguen dunha maneira irregular, pois a empresa que as levaba rematou o contrato, e o Concello non fixo un novo concurso. Cuestión admitida polo Goberno Municipal hai mais dun mes en Pleno, e á que aínda non puxeron amaño.

Mentres, xa pasado o outono e metade do inverno, seguemos sen o “Planet Club” que é a única oferta pública para o ocio dos mozos e mozas eumeses nas tardes dos sábados

E ben recordar que o ano pasado perdéronse ademais as axudas para facer a Semana do Libro, a da Ciencia, parouse a remodelación do peirao (2´7 millóns de €), ou renunciouse a 800.000€ para o Centro de Día. A Nova Escola Infantil segue sen facerse, pois non achegan terreos. Renunciouse ás axudas para o Clube de Piragüismo e Vela por un total de 370.000 €.

Que tipo de desgoberno é este? Están realmente enriquecendo a oferta cultural, educativa e de servizos dende o Concello? O que están é creando decepción e astío nos eumeses e eumesas, votáranlles ou non.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.