Archivo | 3:47 pm

Preguntas que presentou o Grupo Municipal Socialista no Pleno Ordinario de Xaneiro

30 ene

1º Fíxose algunha xestion para solventar as caídas de tensión que ven sofrindo a titular do inmoble situado xunto o Cemiterio de Breamo, cada vez que se encenden as farolas do recinto municipal?

2º Cada canto tempo se limpa, se é que se limpa, o aseo público situado no Paseo Marítimo?

3º Que xestións se fixeron en relación cun desmonte ilegal realizado nunha finca situada en Vista Alegre?

Cal foi a causa de que se perdera a axuda de 14.000€ concedida pola Consellería de Educación para financiar as actividades complementarias para fomentar a oferta educativa fora do horario lectivo?

5º Cal é o motivo de que a día de hoxe aínda non funcione o Planet Club?

6º Cal é a causa de que non saíra a concurso a xestión das actividades deportivas municipais, unha vez vencido o contrato coa empresa Galilandia?

7º Cal e o motivo de que non se saque a concurso a licitación a recollida de enseres e o mantemento do alumeado público no noso Concello, mentres se seguen aboando facturas a dúas empresas con sucesivos informes desfavorables de Intervención?

Ademáis preguntouse sobre a subida das taxas municipais

-Fíxeronse tamén unha serie de rogos ao Goberno Municipal que publicaremos aquí-

O PSdeG – PSOE denuncia a perda do total da subvención para o programa de apertura de centros educativos fora do horario lectivo en Pontedeume.

30 ene

O Goberno Municipal logo de optar á axuda da Consellería de Educación para realizar actividades complementarias que melloren a oferta educativa de todos os nenos e nenas eumeses utilizando os centros escolares públicos, non foi quen de xustificar a subvención de 14.056 € para 2008 que a Xunta adxudicara ao noso Concello.

Dende o mes de Xuño que saíu publicada a Orde que regula este cofinanciamento de actividades lúdicas, deportivas, de reforzo escolar, desenvolvemento artístico etc., ademais de presentar o proxecto, pouco se fixo, ou nada para que este pasara do papel á realidade, polo que a 10 de decembro o Sr Crespo, Concelleiro de Educación, non tivo con que xustificar o custo das actividades pois o interese deste concello e tal que nin invirte fondos propios en Educación, nen aqueles que lle veñen dados por outras administracións é quen de invertir.

E outra vez temos que falar da ineficacia na xestión do diñeiro público do goberno do P.P. Agora os afectados directamente son os pequenos e as pequenas da vila de ata 13 anos que poderían ter participado nestas actividades, se as houbese, claro.

Por outra banda as actividades deportivas que oferta o Concello para os nenos, nenas e adolescentes, seguen dunha maneira irregular, pois a empresa que as levaba rematou o contrato, e o Concello non fixo un novo concurso. Cuestión admitida polo Goberno Municipal hai mais dun mes en Pleno, e á que aínda non puxeron amaño.

Mentres, xa pasado o outono e metade do inverno, seguemos sen o “Planet Club” que é a única oferta pública para o ocio dos mozos e mozas eumeses nas tardes dos sábados

E ben recordar que o ano pasado perdéronse ademais as axudas para facer a Semana do Libro, a da Ciencia, parouse a remodelación do peirao (2´7 millóns de €), ou renunciouse a 800.000€ para o Centro de Día. A Nova Escola Infantil segue sen facerse, pois non achegan terreos. Renunciouse ás axudas para o Clube de Piragüismo e Vela por un total de 370.000 €.

Que tipo de desgoberno é este? Están realmente enriquecendo a oferta cultural, educativa e de servizos dende o Concello? O que están é creando decepción e astío nos eumeses e eumesas, votáranlles ou non.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.