O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e Presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño fixo un chamamento á mobilización no decurso da súa intervención no Pavillón ourensá dos Remedios.
O máximo mandatario galego asegurou que “Galicia deixa atrás as dúas velocidades, a resignación e o pasado. O 1 de marzo imos a votar o futuro de Galicia. As eleccións non son sobre Touriño, Feijoo ou Quintana nin PSdeG-PSOE, PP ou BNG, nin para o camiño para chegar á Moncloa. Difícil o teñen porque non o van a lograr”.
Touriño engadiu que “Galicia non cabe nunha estratexia partidaria, Galicia non é unha moeda de cambio. Estas eleccións son sobre o futuro de Galicia, e eu quero ser o Presidente de todas e todos, e non contra ninguén”.
Segundo o Secretario Xeral do Socialistas Galegos “o de 1 de marzo vaise votar pola educación, pola sanidade, polas pensións, polo traballo. Imos depresa, avanzado, pero quédanos moito por percorrer.”
“Gobernar cada dia é sumar, compartir, e facer unha Galicia mais forte cada dia”, engadiu Touriño.
O impulso do cambio
Pérez Touriño propuxo continuar o cambio, darlle un novo impulso ao cambio: “non podemos desandar o andado. No ano 2005 votamos cambio e hoxe seria unha frustración que o 1 de marzo deramos un paso atrás, porque non podemos parar. O último que necesita Galicia seria que volvese a gobernar o PP. O camiño de Baltar e de Louzán é un camiño que non conduce a nada, é o camiño do pasado, e nos queremos entrar con pe firme neste século. Pero non estamos aquí para corrixir o pasado senón para construír o futuro, queremos participar nese proxecto que se chama España e construír unha Galicia aberta a Europa e o mundo”.
O líder socialista considerou tamén que “ alguén lle gustaría volver a Galicia da resignación do pasado, calquera deses camiños excluiría a maioría social de Galicia. Necesitamos unha sociedade preparada para os cambios, para unha Galicia moderna”.
Unha Galicia de todos
Touriño asegurou que quere “ traballar desde o que nos une, porque o que nos separa nos debilita; do que nos faga sentirnos e recoñecermos como galegos, e o motor que nos une, e o impulso cara o futuro”.
Segundo o líder socialista “todos formamos parte de Galicia, tamén Feijoo e Baltar e ninguén ten dereito a decidir que uns son mais galegos que outros. Eu creo nunha Galicia na que ninguén quede abandonado a súa sorte, e todos sexan merecedores dunha vida digna”.
Touriño fixo un chamamento ao dialogo e a concordia “ propoño sumar tódolos esforzos para que Galicia poida vencer e superar a crise económica, propoño loitar contra o paro coma nunca se fixo na Historia de Galicia. Sairemos da crise anticipando o futuro, defendendo as familias, o traballo e os traballadores”.
Lembrou os acordos sociais cos empresarios e sindicatos e dixo “así se constrúe pais, unha Galicia da concertación e do dialogo social”.


