Archivo | enero, 2009

Preguntas que presentou o Grupo Municipal Socialista no Pleno Ordinario de Xaneiro

30 ene

1º Fíxose algunha xestion para solventar as caídas de tensión que ven sofrindo a titular do inmoble situado xunto o Cemiterio de Breamo, cada vez que se encenden as farolas do recinto municipal?

2º Cada canto tempo se limpa, se é que se limpa, o aseo público situado no Paseo Marítimo?

3º Que xestións se fixeron en relación cun desmonte ilegal realizado nunha finca situada en Vista Alegre?

Cal foi a causa de que se perdera a axuda de 14.000€ concedida pola Consellería de Educación para financiar as actividades complementarias para fomentar a oferta educativa fora do horario lectivo?

5º Cal é o motivo de que a día de hoxe aínda non funcione o Planet Club?

6º Cal é a causa de que non saíra a concurso a xestión das actividades deportivas municipais, unha vez vencido o contrato coa empresa Galilandia?

7º Cal e o motivo de que non se saque a concurso a licitación a recollida de enseres e o mantemento do alumeado público no noso Concello, mentres se seguen aboando facturas a dúas empresas con sucesivos informes desfavorables de Intervención?

Ademáis preguntouse sobre a subida das taxas municipais

-Fíxeronse tamén unha serie de rogos ao Goberno Municipal que publicaremos aquí-

O PSdeG – PSOE denuncia a perda do total da subvención para o programa de apertura de centros educativos fora do horario lectivo en Pontedeume.

30 ene

O Goberno Municipal logo de optar á axuda da Consellería de Educación para realizar actividades complementarias que melloren a oferta educativa de todos os nenos e nenas eumeses utilizando os centros escolares públicos, non foi quen de xustificar a subvención de 14.056 € para 2008 que a Xunta adxudicara ao noso Concello.

Dende o mes de Xuño que saíu publicada a Orde que regula este cofinanciamento de actividades lúdicas, deportivas, de reforzo escolar, desenvolvemento artístico etc., ademais de presentar o proxecto, pouco se fixo, ou nada para que este pasara do papel á realidade, polo que a 10 de decembro o Sr Crespo, Concelleiro de Educación, non tivo con que xustificar o custo das actividades pois o interese deste concello e tal que nin invirte fondos propios en Educación, nen aqueles que lle veñen dados por outras administracións é quen de invertir.

E outra vez temos que falar da ineficacia na xestión do diñeiro público do goberno do P.P. Agora os afectados directamente son os pequenos e as pequenas da vila de ata 13 anos que poderían ter participado nestas actividades, se as houbese, claro.

Por outra banda as actividades deportivas que oferta o Concello para os nenos, nenas e adolescentes, seguen dunha maneira irregular, pois a empresa que as levaba rematou o contrato, e o Concello non fixo un novo concurso. Cuestión admitida polo Goberno Municipal hai mais dun mes en Pleno, e á que aínda non puxeron amaño.

Mentres, xa pasado o outono e metade do inverno, seguemos sen o “Planet Club” que é a única oferta pública para o ocio dos mozos e mozas eumeses nas tardes dos sábados

E ben recordar que o ano pasado perdéronse ademais as axudas para facer a Semana do Libro, a da Ciencia, parouse a remodelación do peirao (2´7 millóns de €), ou renunciouse a 800.000€ para o Centro de Día. A Nova Escola Infantil segue sen facerse, pois non achegan terreos. Renunciouse ás axudas para o Clube de Piragüismo e Vela por un total de 370.000 €.

Que tipo de desgoberno é este? Están realmente enriquecendo a oferta cultural, educativa e de servizos dende o Concello? O que están é creando decepción e astío nos eumeses e eumesas, votáranlles ou non.

O CONSELLO DA XUNTA APROBA AS MEDIDAS URXENTES PARA A REPARACIÓN DOS DANOS CAUSADOS POLO TEMPORAL

29 ene

xunta1Establécense axudas para cubrir danos persoais, en vivendas, en explotacións agrícolas, en establecementos comerciais e en infraestruturas municipais

As subvencións desenvolveranse ao abeiro de ordes específicas de diferentes departamentos autonómicos, que serán publicadas nos próximos días no DOG

O Centro de Información e Atención ao Cidadán 012 facilitará aos afectados polo temporal información sobre o contido deste decreto

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro. A súa concesión terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, de que poidan ser beneficiarios os afectados. Non obstante, cando estes sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as indemnizacións previstas no texto concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, ingresos ou recursos ata o límite do valor do dano producido.

Estas axudas desenvolveranse ao abeiro de ordes específicas de diferentes departamentos autonómicos, que serán publicadas nos próximos días no Diario Oficial de Galicia.

Entenderanse competentes para a concesión das axudas:

- Para axudas por danos persoais, a Consellería de Economía e Facenda
- Para axudas para reposición de infraestruturas e equipamentos privados, a Consellería do Medio Rural.
- Para axudas por danos e perdas nas explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, a Consellería de Medio Rural.
- Para axudas para compensar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís incluídos no seu ámbito competencial, a Consellería de Innovación e Industria.
- Para axudas para compensar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos, mercantís e deportivos situados en instalacións portuarias de titularidade autonómica, o ente público Portos de Galicia.
- Para axudas ás entidades locais ou actuacións directas sobre os seus bens, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes; a Consellería de Innovación e Industria; a Consellería de Cultura e Deporte; e a Consellería do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no ámbito das súas respectivas competencias e funcións.

Axudas por danos persoais e en vivendas
Segundo o decreto, as axudas por danos persoais concederanse por falecemento, por incapacidade absoluta permanente e por lesións provocadas polo temporal que causasen a hospitalización da persoa ferida. O seu importe será de 18.000 euros para o caso de falecemento e incapacidade permanente absoluta; e de entre 60 e 103 euros por día de hospitalización.

Así mesmo, serán obxecto de axuda os danos causados nas vivendas que sexan residencia permanente e habitual e nas súas instalacións complementarias, na parte non comprendida nas axudas que aproben outras administracións públicas. Cubrirase ata o 100% do valor de reparación do inmoble danado, sen que o importe da axuda poida superar o límite do 100% do prezo de venda dunha vivenda de promoción autonómica de prezo xeral na mesma localidade.

No que se refire aos danos causados no resto das vivendas e nas súas instalacións complementarias, recibiran subvencións ata acadar o 40% do valor da súa reparación e sen que o importe da axuda supere o 40% do prezo de venda dunha vivenda de protección autonómica na mesma localidade. As vivendas deberán dedicarse polo menos a vivenda ocasional, polo que quedan excluídas destas axudas as edificacións ruinosas e as que se atopen en manifesto abandono.

O texto do decreto especifica que se entenden por vivenda as construcións anexas e instalacións complementarias e elementos comúns no caso de comunidades de propietarios; mentres que as instalacións complementarias son as construcións e equipamentos de apoio á economía e vida familiar, como pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsumo, instalacións eléctricas e de iluminación, instalacións de telecomunicacións, etc. que estean situadas no mesmo predio da vivenda. O importe máximo por danos en instalacións complementarias non poderá ser superior a 3.000 euros.

Os beneficiarios destas axudas serán os propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios dos bens referidos que sufragasen os gastos necesarios de reparación ou reposición.

Explotacións agrícolas e establecementos comerciais
Doutra banda, recibirán indemnizacións polos danos causados polo temporal as explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, tanto nas instalacións e edificacións propias da actividade como nas producións afectadas, que non fosen cubertas polas medidas que puidesen adoptar outras administracións ou por calquera fórmula de aseguramento, público ou privado.

Tamén serán obxecto de axuda os danos provocados nos establecementos comerciais, industriais, turísticos ou mercantís nas súas edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías neles depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades. Só quedarán excluídas da percepción destas axudas as empresas de xeración, distribución e transporte de enerxía eléctrica.

Instalacións portuarias e entidades locais
O decreto aprobado hoxe tamén fai referencia ás axudas para compensar os danos sufridos en establecementos comerciais, mercantís, industriais, turísticos e deportivos situados en instalacións portuarias de titularidade autonómica a consecuencia dos estragos ocasionados polo temporal nas súas edificacións, instalacións, equipamentos, maquinaria e nas mercadorías depositadas neles, así como nos seus vehículos comerciais ou industriais.

Así mesmo, o texto establece que serán obxecto de axuda ou de actuación directa sobre os bens afectados -segundo os casos- os danos provocados en infraestruturas locais non previstos nas axudas que para o efecto puidesen aprobar outras administracións, así como os gastos extraordinarios en que incorresen como consecuencia directa do fenómeno meteorolóxico.

Quedarán excluídas as infraestruturas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica. O Centro de Información e Atención ao Cidadán 012 facilitará aos afectados polo temporal información sobre o contido deste decreto.

O PSdeG-PSOE denuncia que os eumeses están a pagar un sobrecusto dos servizos públicos.

28 ene

O Grupo Municipal Socialista de Pontedeume, pedirá, entre outras cousas, ao Goberno Municipal no Pleno Ordinario que se celebrará mañá, xoves, a través dunha pregunta, que se proceda á revisión á baixa da modificación efectuada no Pleno do pasado mes de Outubro, das taxas por saneamento, subministro de auga, piscina municipal e recollida de lixo.

O motivo desta petición radica en que as devanditas taxas foron modificadas ao alza en base a unha previsión de inflación para o ano 2008 do 4,5%, índice utilizado para o cálculo do importe das mesmas que deberían aboar os veciños e veciñas do Concello durante o ano 2009.

A realidade é que o índice de inflación correspondente ao ano 2008, foi finalmente do 1,4% (máis de 3 puntos de desfase coa previsión), que é o que resulta aplicable especialmente naqueles servizos que foron obxecto de concesión a mans privadas -auga, saneamento e piscina municipal- polo que os eumeses e eumesas estamos pagando un sobrecusto que debe ser corrixido, máxime nos tempos de crise que estamos a vivir.

En base a estes datos, os socialistas preguntarán ao Goberno eumés se pensan modificar á baixa as taxas sinaladas, para acomodalas ao dato real de inflación do ano 2008, agardando que a súa resposta sexa positiva e se faga efectiva no menor tempo posible, chegando así aos veciños e veciñas canto antes.

Actualidad

27 ene

Fondo estatal de inversión local

26 ene

Camiño de Xanardos (ombre)

12.542,69 €

Pavimentación en Riolongo

2.736,78 €

Camiño de Estrada Nogueirosa-Costa da Cal-Cruce Silva

47.897,20 €

Camiño Brea a Pía (Andrade)

16.042,82 €

Ampliación abastecemento auga a Cruz do Cabildo

8.709,45 €

Ampliación saneamento e abastecemento en Andrade

16.782,47 €

Ampliación de abastecemento de O Grove O Cruceiro

15.435,99 €

Saneamento de A Graña a Cabría Vella

79.162,16 €

Ampliación saneamento en A Silva

24.626,36 €

Reforma da Escola de Música

310.863,64 €

Saneamento de Ombre

299.000,00 €

Reforma Casa da Cultura

360.000,00 €

Acondicionamento local social en vivendas sociais

60.000,00 €

Mellora de redes eléctrcas e saneamento do Polígono de Vidrieiro

250.000,00 €

Pavimentación R/Picho e urbanización

24.000,00 €

TOTAL

1.531.800,02 €

Como se pode comprobar no cadro que hai sobre estas lineas, tanto a parroquia de Centroña, como a de Boebre, como a de Vilar-Campolongo non reciben nin un só céntimo do 1.5 millóns de euros (250 millóns de pesetas) que lle corresponden ó noso Concello do Fondo Estatal de Investimento Local.

Esta decisión, ao contrario do dito polo Grupo de Goberno nun comunicado de prensa, foi tomada polo Sr. Torrente e os seus tres concelleiros, é dicir polo PP, en exclusiva. Nin o PSdeG-PSOE, nin o resto dos grupos da oposición, pactou ou negociou con o goberno local estas actuacións. Esta forma de actuar do PP non é nova, pero neste caso aprovéitanse da actitude responsable do resto dos grupos, xa que saben que de non seren aprobadas estas actuacións no pleno, perderíanse a totalidade dos cartos, quedando a nosa vila sen ningún investimento.

Fomos convocados a unha reunión a principios do mes de decembro para que aportásemos as nosas propostas, non volvendo a ter noticias do tema ata o lúns 19 de xaneiro, no que nunha nova reunión se nos informa das obras que o goberno municipal decidiu incluír para a súa execución con cargo a este Fondo Estatal, e se nos amosan os proxectos xa redactados.

Dito isto, queremos amosar o noso malestar ante ó que a todas luces é unha inxustiza e unha discriminación. Entendemos que uns fondos destas características, tanto pola súa excepcionalidade como pola súa cuantía, deberían chegar a todas as zonas da nosa vila, nos así o fixemos, aportando máis de 20 propostas que incluían actuacións en todas as parroquias, así coma no casco urbano. Desgraciadamente, e por decisión do goberno do Sr. Torrente, a metade delas non van a recibir nin un euro.

Cada quén que saque as súas conclusións…

Programa Electoral. Autonómicas´09.

25 ene

programaPodedes descargalo pinchando na imaxe. Estará permanente na sección DESCARGAS.

Segue a actualidade en www.touriño.tv

Boletín PSdeG-PSOE Xaneiro

24 ene

boletinxaneiroClika na imaxe para descargalo

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Clika na imaxe para ver o acto de presentación do programa

touritvSegue a actualidade do PSdeG-PSOE en videos

Entrevista ao Presidente, Emilio Pérez Touriño.

22 ene

Corte 1:

Corte 2:

Corte 3:

Corte 4:

Corte 5:

Podedes seguir a actualidade do PSdeG-PSOE en videos en www.touriño.tv

Touriño´TV e Touriño.net

22 ene

tourinotvClika na imaxe para acceder á TOURIÑO’TV, ou escibe a dirección www.touriño.tv

tourinonetClika nesta imaxe para acceder tamén a TOURIÑO.NET

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.