Archive for 19/12/08
Rogos no último Pleno do ano. Pleno Ordinario de Decembro
1º.- Pregamos a limpeza de maleza que invade a parte traseira do Centro de maiores.
2º.- Pregamos a limpeza das rúas e escaleiras da Urbanización Boa Vista.
3º.- A rúa de Porto de Arriba presenta perigo para os usuarios polo seu estado esvaradizo. Pregamos se proceda ao seu chorreo de forma periódica ao tratarse dun problema que se repite ao longo do ano.
4º.- Permanece aberto e en malas condicións o solar da Rúa Real esquina Rúa Cantón. Pregamos se tomen medidas para o seu saneamento e peche.
5º.- A tarde-noite do pasado sábado celebrouse un concerto na Igrexa de Centroña. Á saída poidemos comprobar o estado de escuridade case total do adro da Igrexa, así coo do tunel do ferrocarril onde estacionaron varios asistentes. Pregamos se proceda a instalar un punto de luz na fachada da Igrexa ou da casa parroquial e no deandito túnel (Este rogo xa foi pedido en Xaneiro)
6º.- Na praza da calzada continúa estacionada dende hai tempo unha furgoneta en estado de práctico abandono, o mesmo que un turismo diante do supermercado DIA. Pregamos se proceda a requerir aos seus donos para que os retiren.
7º.- A Comisión de Festas de Centroña, aínda non percibíu a axuda municipal prevista para as súas festas patronais, mentres as de Nogueirosa, que se celebraron posteriormente, xa a cobraron. Prgamos que polo Concello se axilice o pagamento da devandita axuda aos veciños de Centroña.
8.- Vense de conmemorar o 30º aniversario da Constitución Española, e o 60º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, e mentres en Concellos veciños se organizaban actos públicos celebrando ambos textos. En Pontedeume pasaron desapercibidos. Pregamos ao Goberno Local maior sensibilidade e interese no futuro diante de conmemoracións tan senlleiras.
9º.- Veciños do Picho fannos chegar as súas queixas polo mal estado da rúa, derivado, dunha parte, dos danos causados polos camións destinados ás obras situadas nuns inmobeis da súa parte alta e Rúa Fontenova, e, doutra parte, pola situación provocada polo arraatre de auga e terras da zona da Golpilleira os pasados días de choiva, que se veu agravada polo mal estado dos sumidoiros, inapacaes de evacuar ditas augas. Pregamos que polo Goberno Local se adopten medidas necesarias para que as empresas responsables do deterioro da rúa procedan ao seu amaño para minimizar a presencia de lodos da zona da Golpilleira, e que se limpen e saneen os sumidoiros atascados.
10º.- Como xa reiteramos en algún Pleno anterior, entendemos que debe regularizarse a situación do mantemento do alueado público municipal, pois xa hai tempo que rematou a concesión á empresa encargada deste servizo, e debe ser obxecto de nova adxudicación. Non queremos pensar que, como xa foi obxecto de debate neste foro en relación con outro servizo, se está producindo unha adxudicación encuberta por parte do goberno local, pois non parece de recibo que nas resolucións de Alcaldía das que se dan conta neste Pleno, aparezan aprobadas 38 facturas consecutivas en 20 días, da mesma empresa -Manuel Perez Feal- por traballos relacionados co alumeado público, polo qe pregamos que se normalice a situación e se proceda á maior brevidade a realizar os trámites legais necesarios para a adxudicación deste servizo.
11º.- Finalmente queremos aproveitar este último Pleno do ano, para felicitar a todas e todos as festas, e dun modo especial ao Goberno Local, e desexarlle que o vindeiro ano sexan quen de solucionar definitivamente o problema do persoal municipal, o da limpeza e recollida de lixo, o do PXOM, o das instalacións o Firrete, o dos aparcamentos, o do mercado municipal, o das contratacións, o do Xulgado, o do Clube Deportivo Eume, o porto, as rúas, os camiños, a falta de aceras en parroquias, os saneamentos,……. e que saiban xestionar e repartir entre os eumeses e eumesas o agasallo adiantado de Reis do millón e medio de euros en inversións, non vaia ocorrer o do pasado ano cos xoguetes.
De novo, boas festas a todas e todos, e un feliz, xa que non se anuncia próspero, ano 2009.
Add comment Diciembre 19, 2008