Archive for 11/12/08
O PSdeG-PSOE eumés presenta a lista de inversións para financiar mediante o Plan Estatal de Inversión Municipal
Á vista do 1,5 millóns de euros que o Fondo de Inversión Municipal do Goberno do Estado vai adicar a Pontedeume e tendo en conta o carácter excepcional desta medida, que suporá para a nosa vila unha oportunidade de crecemento e desenvolvemento, o Grupo Municipal Socialista, nun exercicio de responsabilidade política, como non podería ser doutra forma, e como xa anunciou, proporá as seguintes actuacións:
-Actuación integral da Casa da Cultura. (Substitución da cuberta, arranxo do claustro, calefacción, megafonía,…)
-Arranxo da parte alta rúa Ferreiros.
-Ampliación das beirarrúas e substitución da varanda na Ponte de Pedra.
-Remodelación da Praza do Pan.
-Actuación integral na Alameda de Raxoi.
-Substitución do Oso e do Xabarín situadas na ponte de pedra por unas réplicas. Traslado dos orixinais ó Torreón.
-Arranxo e dotación de mobiliario de todos os parques infantís do témino municipal, así como a construcción de “parques para a terceira idade”, con xogos específicos.
-Instalación de zonas Wifi públicas.
-Mobiliario urbano no casco, Papeleiras, bancos, farolas,…
-Colocación de “bocas de riego” nas parroquias.
-Limpeza e arranxo de tódolos lavadoiros e fontes públicas.
-Substitución da condución de auga e arranxo das rúas da urbanización Olmo.
-Reparación da rúa Castelao. (Firme e beirarrúas)
-Construción dunha mini-depuradora en Ver.
-Conexión e asfaltado do camiño de Paredes –Camoucedo (Boebre)
-Asfaltado do camiño de baixada de Boebre á praia de Ver.
-Alcantarillado na zona do Barral-O Castelo. (Nogueirosa)
-Saneamentos da Regueira-O Monte. (Ombre)
-Arranxo do camiño de Xanardos. (Ombre)
-Recollida de augas no camiño de Cabría.
-Arranxo do camiño da Agra.
-Asfaltado do camiño que conecta a pista polideportiva de Ombre con o de Porto Carral.
-Asfaltado do camiño que vai dende a pista polideportiva de Centroña ata Castrelo.
-Construción e conexión das beirarrúas de Miño ata o cruce de Campolongo.
Ademais o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE como grupo maioritario, solicitará, co resto de partidos da oposición, un Pleno extraordinario urxente para poñer en común estas inversión e axilizar ao máximo estas decisións.
Estas inversións necesitan de acordo do Pleno para levarse a cabo. O PSdeG-PSOE segue esixindo axilidade e responsabilidade ao Goberno municipal do PP para investir o 100% dos fondos contribuíndo así ao desenvolvemento de obras tan necesarias para a nosa Vila.
Add comment Diciembre 11, 2008